BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

viernes, 11 de febrero de 2011

Pesimismo con humor

Fai algun tempo vin unha parodia do anuncio de coca-cola 2011 feita no programa de Buenafuente que me gustou moito sobre todo polo crítico humor co que está expresado:
Vos deixo a continuación os dous videos por se non os vistes:






Visto isto, agora farei a miña aportación personal, unha breve e humorística observación sobre as cousas positivas resaltadas no video de Coca-cola: Queren facer algo optimista, pero iso tamen se pode convertir en pesimista (ainda que se podería facer con todo o spot, ponherei so uns cantos exemplos, para non alargar en exceso un artigo que pretendo entretido):

- comeza o anuncio dicindo que por cada tanque que se fabrica no mundo... se fabrican 131 mil peluches: o que non din e que estes peluches se fabrican explotando miles de persoas (nenos e adultos)

- por cada muro que existe... ponhense 200 mil tapetes de "Benvido": O que non din é que 150 mil destes tapetes serán roubados e a totalidade manchados ata non distinguir a palabra benvido.

- Mentres un científico disenha unha nova arma.... Hai un millón de nais facendo un pastel de chocolate: o que non din é que se producirá a tristeza en moitos nenos celíacos que non poderán probar esas tartas de chocolate.

- Por cada persoa que di que todo vai estar peor.... hai 100 mil parellas buscando un fillo: Non din que desas 100 mil, non todas van conseguir ter un fillo provocando unha gran tristeza. Tampouco advirten que moitos deses nenos que han nacer verán dicir que todo vai estar moi mal.

- Para non facelo máis extenso remataremos ca última frase: Por cada arma que se vende no mundo... 20 mil persoas comparten unha coca-cola: Iso non o cren nin eles.........

PD: Unha última aportación que se debería incluir no video: Cada vez que se escoita este anuncio de coca-cola, os de oasis coa súa canción whatever se forran un pouquinho máis. XD

Dito o dito, sede felices e ledos.
Nos vemos, ata a próxima.
Saúde e Sorte

6 comentarios:

  1. Creo que os últimos artigos me estan quedando algo monologuísticos. jajajaja

    ResponderEliminar
  2. Celebro gratamente a súa volta á actividade blogueira, e dispoñomo con ahínco a comentar este artigo... xD

    Eu só vira o anuncio de Cocacola orixinal, o vídeo de Buenafuente non, por desgraza, xa que vexo este programa menos do que me gustaría (para min o mellor programa que leva habendo de xa hai un tempo para aqui e na actualidade que botan na caixa tonta)... Decir que xa cando vira o susodito anuncio me pareceran un pouco moñas e irreais esas estadísticas (non sei, desconezo totalmente a súa autenticidade), me parecen unha exaltación da felicidade un pouco excesiva (aínda que bueno, estamos a falar dos anuncios de Cocacola, jajajaja... son orixinais e algúns están moi ben, pero desbordan hipocresía polos catro costados, cando estamos a falar dunha multinacional das máis ricas do mundo)

    P.D.(1):Por certo, moi ben tamen as reflexións monologuistas... se ve que acabar os exames (polo menos por un tempo) senta ben sempre e a todos, jajajaja...

    P.D.(2): putos Oasis, jajajaja... xa explotaron abondo 'Wonderwall' e agora danlle con esta... xD

    Deica o próximo comentario!!!

    ResponderEliminar
  3. ei!! que a min encantame wonderwall!

    ResponderEliminar
  4. eu tampouco vira a parodia de BFn pásame igual que ó da xe...
    dicir que me gustou.
    E o artigo tamén...
    queremos máis...

    P.d: nin bebín, nin bebo nin beberei Coke (somos poucos os que podemos facer tal afirmación...existirá pax no facebook ó respecto??)

    ResponderEliminar
  5. O Señor da Z é tamen un caso raro ke non bebe Coca-cola, nin lle gusta... jajajaja... a verdade é ke é unha kousa moi rara, jajajaja...

    ResponderEliminar
  6. A min gustáronme máis as reflexións ou a versión de BNF que o anuncio en si. É a primeira vez q o vía e bueno, felicidade despréndese case en cada frase, xente alegre... Pero para nada me parece realista. Está claro que nestes momentos non todos son malos pero si gran parte deles, e a visión que nos dan non me parece axeitada. A realidade debería ser que non se venden armas porque xa non son necesarias, nin tanques, nin nada semellante. As comparacións con temas bélicos son moi recurrentes, sempre como algo negativo pero non se di o que gañan algúns países ao vender as armas ou o grao de endeudamento doutros moitos por mor disto.

    E as reflexións para nada me parecen pesimistas, senón realistas, aínda que no mundo publicitario non sei se coñecen esa palabra.

    ResponderEliminar