BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

martes, 13 de marzo de 2012

Debuxo dun futuro sombrío

Conhecendo as preocupantes cifras de paro actual, quero destacar o desemprego xuvenil e a situación que se pode producir nun sombrío futuro a curto prazo onde, a pesares de conseguir unha das xeracións máis preparadas da historia neste país, a xuventude non acadará o emprego para o cal se prepararon e estudaron.

A consecuencia que se presinte pode ser a seguinte:



Ata a próxima. Saúde e sorte

5 comentarios:

  1. Case, case, polos pelos e por desgraza, o título do artigo non é 'Debuxo dunha realidade sombría' ou 'Debuxo dun presente sombrío'... pero bueno, o futuro que vostede relata parece bastante inmediato...

    P.D.: máis probas de que José Mota é un fenómeno, froito do pillado que está, jajajaja...

    ResponderEliminar
  2. pois si...é unha opción e neste caso os de dereito debemos ter unha ventaxa: que se non cachan podemonos representar a nós mesmos! pa algo nos serviu estudar!pa cando nos cachen!jejeje
    nada, emigrar antes de que esto sea Argentina 2!
    miraches algo do de mediador?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O problema é que nos non podemos emigrar a Arxentina como antanho porque están peor. Non sei cal podería ser un destino onde haia traballo. China cecais, pero ali os dereitos da poboación en xeral e dos traballadores en particular non existen.
      O de mediador a verdade é que non sei onde miralo. Non sei se vai por cursillo ou por master.

      Eliminar
  3. Realmente a situación do mundo en xeral e do país en particular asusta. E xa non só pola crise, que por suposto é do máis grave, senon polas medidas que se están a tomar en moitos ámbitos (educación, sanidade...) e que o único que parece é que estamos a retroceder décadas en dereitos laborais e sexuais por pór un exemplo.

    O peor é que en lugar de seguir os pasos nos países nórdicos que se ve que están dando froitos, nós só recortamos presuposto en I+D+i, xustamente o contrario ao norte do continente. Lévannos anos de vantaxa en moitos aspectos pero vese que tampouco facemos moito por mellorar. O único que se nos pide é baixar os pantalóns e apretar o cinturón (hai unha viñeta ao respecto).

    PD: Mota moi ben si, pero Motos para unha frase que di... e eu que non mo creo nadiña, que pouco me gusta este señor!

    ResponderEliminar