BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

miércoles, 17 de agosto de 2011

Crise sen cambio

A crise, un tema recurrente. O que debía valer para aprender, nos vai valer para repetir de novo erros se ninguén o soluciona. É moi doado saber as causas. Un exemplo:


Tamén existen solucións que pasan por un cambio no sistema, ainda que parece que os mercados (verdadeiros gobernantes) non están dispostos a consentilo, polo que todo voltará a ser o mesmo.
Ponheremos un exemplo dunhas posibles solucións:


Para rematar unha canción que pode valer para a situación, demostrando que a loita no pasado, en realidade, da a sensación que non valeu. Os grande e bonitos ideais xa se esqueceron e ninguén pensa en recuperalos para acadar un lugar mellor. Toque de atención a esas mentes xóvenes que perderon o espírito combativo de xeracións pasadas.
Quero destacar esta parte da letra da canción:
"Papá cuéntame otra vez esa historia tan bonita
de aquel guerrillero loco que mataron en Bolivia,
y cuyo fusil ya nadie se atrevió a tomar de nuevo,
y como desde aquel día todo parece más feo.

Papá cuéntame otra vez que tras tanta barricada
y tras tanto puño en alto y tanta sangre derramada,
al final de la partida no pudisteis hacer nada,
y bajo los adoquines no había arena de playa.

Fue muy dura la derrota: todo lo que se soñaba
se pudrió en los rincones, se cubrió de telarañas,
y ya nadie canta Al Vent, ya no hay locos ya no hay parias,
pero tiene que llover aún sigue sucia la plaza.

Queda lejos aquel mayo, queda lejos Saint Denis,
que lejos queda Jean Paul Sartre, muy lejos aquel París,
sin embargo a veces pienso que al final todo dio igual:
las ostias siguen cayendo sobre quien habla de más."



RECORDATORIO: O Día da Galiza Mártir celébrase anualmente o 17 de agosto. A data escolleuse como homenaxe para o político galeguista Alexandre Bóveda, asasinado o 17 de agosto de 1936 na Caeira (Poio) e convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais.
Coma homenaxe:

As iras rompen silencios cando os crimes non se acordan
cando no espantallo dormen paxarons da desmemoria.
Por iso voulles contar levando cousa con cousa,
poñendo unha feble luz nun lugar de tanta sombra.

Era o ano trinta e seis, anos de sangue e afrontas,
mártires da libertade quedan tirados na foxa.
E en agosto, o dezasete, disparan armas traidoras
contra de xente inocente, ...caeu Alexandre Bóveda.
Na Caeira, en Pontevedra, un mencer triste da historia,
...se rescatamo-los feitos, non deixaremos que volvan!

A guerra civil encheunos a memoria de foxas e o carazón de baleiros.
Foi unha victoria que non trouxo a paz, porque cómpre rompe-lo silencio,
recuperando esa, ...a súa voz necesaria de cantos alí a perderon.

Eran da Frente Popular, anarquistas, republicanos, comunistas,
galeguistas, sindicalistas, socialistas, nacionalistas, ou insubmisos á rebelión,
ou inocentes inculpados polo dedo revirado
de delatores vengativos ou arribistas do novo mando...

Militantes todos eles dun anceio común que exaltaba a dignidade humana e a dos pobos.
Querían dar creto á esperanza, esa que aínda hoxe semella que non chega. Eran bos e xenerosos, defenderon o soño dun mundo mellor e máis feliz.


Mais, ...espigaron inxusticias glorificando os abusos, conformando a tiranía
para deixar todo oculto, tentando que o tempo borre o que o tempo ó fin descobre.
Ninguén a culpa hoxe asume. Os herdeiros da victoria van diante,
e van dicindo: “que é botar máis leña ó lume”.

Mataron, martirizaron, escurecendo as auroras,
enchendo a terra de sangue, de medo, loito e derrota.
Os vencedores procuran impunes pechar as portas,
para negar a verdade, para anular a memoria.

Venceron e aínda seguen administrando a victoria,
aqueles que aínda hoxe queren facer a noite máis longa
perderon creto e razón pois na mentira se agochan.
Mártires son o guieiro e o pobo daralles gloria
a tantos que un día soñaron unha Galicia máis nosa.
Pioneiros da liberdade ¡serán lembrados con honra¡




Un saúdo!! Este blog atópase sumerxido nunha brutal crise, pero intelectual.
Ata a próxima ocasión (se chega a existir).
Saúde e Sorte

7 comentarios:

  1. Gsutoume o artigo!! Unha magoa que ninguén lle vaia facer caso a esta xente que parece coherente e sabe do que fala. Parece que nos seguiran o gobernar os mercados. Darlle Cartos os que nos meteron na crise é a mesma solución que darlle drogas a un drogadicto para que se controle...... en fin......

    ResponderEliminar
  2. Me parecen boas as solucións propostas. (por certo, o video de españistan é boísimo).
    En relación as cancións, creo que teñen toda a razón do mundo. Houbo unha época en que si existía un certo compromiso por parte da xente nova.
    Hoxe en día parece que os mercados gañaron a partida e logran convertir a unha xuventude que so pensa en botellón e buscar a solución máis vaga posible.
    Esta claro que a cor máis importante é a do diñeiro. O mundo está podre!! :(

    ResponderEliminar
  3. As cancións son moi grandes!! Son caralludas!.
    Dan ganas de sair a rúa. jeje.
    Saudos

    ResponderEliminar
  4. O Ser humano ha seguir a tropezar nas mesmas pedras unha e outra vez. É inevitábel!!
    Non deberiamos conformarnos con isto, pero os galegos somos e seremos (se non cambia moito a cousa) así. Mexarán por nos e diremos que chove...... o mesmo de sempre.

    ResponderEliminar
  5. O mundo agora é moi conformista, se nos botan merda encima, no mellor dos casos nos acostumamos a vivir con ela e non a limpala (noutros casos a comemos e decimos ke alimenta...).

    Me remito aos anteriores comentarios, o mundo está podre... e para seguir coas metáforas, direi que agora só importa keimar as naves o máis rápido posibel antes de que todo se vaia ao carallo, en vez de achicar auga todos xuntos e intentar manterse a flote...

    P.D.: as cancións están chulas... me kedo koa frase da primeira: "Las ostias siguen cayendo sobre quien habla de más".... xa o decía Molly "Los rebeldes son, a los que nadie cree"... XD

    P.D.: haber se entre os blogueiros conseguimos superar á crise intelectual e productiva na que estamos inmerxos... XD

    ResponderEliminar
  6. o da crise intelectual ainda podería salvarse, a outra por desgraza vexoo moi negro, hai unha señora q conozco q sempre q sae o tema di que en Venezuela se empezara como aqué en España, paro, baixos suledos...desembocando e delincuencia masiva...
    pareceume un artigo moi completo e moi interesante cuns videos que valen moito a pena ver.
    Maiormente dame vergonza a clase politica deste pais,creo que deberian traballar para tele5 e adicarse a outra cousa, independentemente da cor de cada facción en xeral son tooodos penosos!e por encima chorizos!!e así vamos!!!

    ResponderEliminar
  7. Despois de ler o artigo e os comentarios, non engadiría máis que suscribo palabra por palabra o que escribistes. O que está pasando é a consecuencia de anos vivindo algo que non nos pertencía. Enganados polos de sempre e pola idea que temos neste país de ter vivenda en propiedade aínda que iso signifique cargar cunha hipoteca tantos anos.

    Non sei canto se tardará en saír de onde estamos metidos, pero si sei que aos políticos só lles interesa o noso apoio unha vez cada catro anos, o resto dos días fan o que queren, aproban o que queren aínda que a veces sexa mesmo contrario aos seus principios e cando nos intentamos facer oír non nos escoitan e miran cara outro lado. Supoño que temos o que nos merecemos.

    Gustoume especialmente o primeiro vídeo tamén, considero que ilustra o que pasou dunha maneira amena e divertida aínda que o tema diste moito de ser así.

    ResponderEliminar