BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

viernes, 11 de noviembre de 2011

Breves reflexións inútiles porque sí! (2)

Aqui me tedes outro artigo máis, de novo probando a "blogimprovisación" e coa mesma absurda idea de escribir por escribir co afán de que algunha vez poida xurdir do meu maxín algo interesante e a vez intelixente cunha (gran ou pequena) carga de humor. Dende logo tarefa difícil e inimaxinable vindo de min. Pero como o que se trata é dunha breve reflexión inútil, si que me vexo capacitado para redactar neste inútil e torpe sentido.

Coma sempre, comezo por escribir o primerio que venha, e no único que podo pensar e que fora chove e posiblemente vai frío, un leve vento impele as pingas de choiva que con certa suavidade van batendo contra a miña fiestra, o que provoca en min, o estar nun lugar quente e nunha situación de relax, unha certa sensación de benestar, unha especie de calafrío ou arreguizo agradable.
Ante esta idílica situación e para axudar a forzar a minha mente, decido adoptar a famosa posición do pensador de Rodin

Esta imaxe non da fe, por suposto, da minha intelixencia ó reflexionar. Calquera primate, dende logo, ten moita máis intelixencia e faría, sen dúbida, un artigo moito máis interesante, polo que me da que pensar que podo estar ofendendo: Pido disculpas aos primates que lean isto e se poidan sentir ofendidos por utilizar a sua imaxe para reproducir o meu irrelevante e aburrido pensar.

Representada a situación e tras un anaco na posición do pensador, observo, nunha mesa, a roupa pendente de pasarlle o ferro, e nese instante acendese a minha luz e me ven a ansiada reflexión inútil:
por qué os seres humanos temos unha capacidade innata para complicarnos¿¿??
Un exemplo: vendo a roupa, ¿se pode saber quen foi o que ordeou que a vestimenta deba ir perfectamente planchada?? Que poría de moda iso?? Se o que estivera ben visto fora levar a roupa engurrada non creedes que aforraríamos unha insidiosa actividade. Dende logo ganhariamos unha gran cantidade de tempo para invertir noutras cousas.

Xúrdeme, para finalizar, outra reflexión: Imaxinando que levar a roupa engurrada fora o correcto, seguramente os movementos contracultarais coma os hippies, o grunge ou o punk serían moi distintos: Os hippies non se lavarían, pero as túnicas e os ponchos os terían que levar perfectamente planchados.
O mesmo pasaría no movemento grunge ou no punk, en lugar con escachar a indumentaria, abondaríalles con pasarlle o ferro á roupa. Sería un curioso cambio.

Seguiría coas reflexións inútiles sen fundamento, pero a posición do pensador, ainda que poida parecer o contrario, acaba cansando (Pensamento na mente: máis ca posición, o que agota é pensar, pero lle botarei a culpa a posición.), polo que vou rematando xa o artigo.

Agora so queda que exponhades as vosas absurdas ou coherentes impresións, as cales coma sempre, a elección do querido lector.

Nos vemos algún outro día, se volvo escribir.
Abur
Saúde e Sorte

5 comentarios:

  1. pois semella que estas improvisacións se lle dan ben...o principio gustoume moito,con ese aire poético de novo...e anque non o crea requírese moita imaxión para improvisar dese xeito e facer algo digno de ler.por favor siga con esta actividade,quizáis estemos ante un novo estilo e figura poética do ámbito galego sen descubrir!!

    ResponderEliminar
  2. Isto é sarcasmo??? é a única explicación coherente, xa que o único que sei facer é manexar o teclado e ponher letras que forman palabras que se entrelazan formando frases nada interesantes. jeje
    Grazas polo comentario, me gustaría saber blogimprovisar mellor, pero a ver se as musas me acompanham algún día porque o meu talento como escritor é tremendamente escaso. XD

    ResponderEliminar
  3. Que sepa que eu como mono me sentin o suficientemente ofendido como para insultalo pero como adolecemos dunha maior educacion caos humans vou a prescindir de tal actuacion... XD

    Me remito ao meu anterior comentario do seu anterior artigo: ojala eu fose capaz de escribir asi por escribir, e facer algo digno de ler...

    P.D.: este primate e suficientemente intelixente como para saber empregar as tildes, pero estou a escribir cun teclado no que non funcionan... XD

    ResponderEliminar
  4. Vexo que coincidimos en que hai que ter moita imaxinación para facer unha improvisación deste tipo e que "sexa digno de ler". Eu non sería capaz tampouco. Así que o animo a que continúe a facelos cando se sinta inspirado. O inicio gustoume moito aínda que a min cando chove non me anima a pensar precisamente, seguramente me pasaría o que a vostede no anterior artigo improvisado xD.

    ResponderEliminar
  5. SE BUSCA:
    Ó SENHOR DA Z...permanece desaparecido desde o comentario deste blog...sospeitase que a mafia o secuestrou vendo o seu talento literario e pediu un rescate por el maila súa inspiración pero que as cantidades eran imposibles de pagar...a outra opción é que enfadou ás musas por non as invitar a turrón e carece de toda inspiración para continuar con esta bonita actividade que tanto extrañamos...
    por favor senhor da z,se le esto,e non lle tocou o gordo volva coas suas reflexions irreflexivas!!

    atentamente: os seus fans

    ResponderEliminar