BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

domingo, 18 de marzo de 2012

A música en galego (II)

Interesándome coma sempre pola escea musical galega e en galego, debo volver a realizar unha 2º parte deste artigo (recorda a 1º parte pulsando aqui: A música en galego tamén ten que ser posible) .

- Quero comezar facendo unha merecidísima homenaxe a un gran loitador durante toda a súa vida:
Suso Vaamonde: Un dos mellores cantautores en galego. Seguro que todos conhecedes a Serrat, Sabina, Lluis LLach, etc e poucos, a pesares de ser galegos, tedes conciencia deste grandísimo galego que sempre loitou pola súa terra e cultura:



- É o turno dun grupo que mistura folk e música tradicional galega. A Quenlla.
Aqui nos deleitan cunha canción homenaxe a unha das máis grandes obras da literatura galega: "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas.
O video tamén contén unhas ilustracións doutro grande:Isaac Díaz Pardo (outro dos grandes galegos para os que toda homenaxe se fai pouco).


- Seguimos co polifacético Antón Reixa e os Resentidos: Con un tema que a pesar dos seus anos, podería estar ata de actualidade, Os Resentidos (anunciaron a súa volta polo seu 30 aniversario) sempre pioneiros, en galego e co seu tolo humor:


- Vindo máis cara a actualidade e cos novos sons quero destacar a un gran músico. Un dos de verdade: Estou a falar de Xoel López: un artista que se consagrou co grupo Deluxe e cun estilo indie acadou a conquista de todo o territorio nacional. Na súa cúspide con Deluxe decide desmontar o grupo, irse a américa do sur e comezar de novo na procura de novos sons. Gardo un grandísimo respeto cara este gran músico. Ben é certo que se manexa habitualmente en Castelán e incluso inglés. No obstante aqui nos deleita coa súa versión do poema de Álvaro Cunqueiro " O niño novo do vento"


- Se hai un grupo íntegramente en galego e que destaca polo seu empenho e a súa actividade eses son Ruxe-Ruxe e o seu rock galego. O grupo máis activo na nosa lingua que podo conhecer.
Vou destacar dúas cancións deste grupo: A 1º unha canción que me gusta como empregan o son da gaita e a integran na cación. A 2º quero destacala pola calidade do videoclip, que lles levou a unha candidatura para os premios Mestre Mateo do audiovisual galego.



- Para non alongarme máis vou finalizando cuns grupos actuais de distintos estilos pero con cancións en galego:
O metal de Nao:


Un grupo de rap e metal famoso a nivel nacional: Def Con dos


Di elas co afamado actor galego Luis Tosar á cabeza:


Kastomä e o seu rock con letras inspiradas no rural.



Cal ou cales vos gustan máis??? A opinar!!

Ata a próxima. Saúde e Sorte

4 comentarios:

  1. Vexo que sigue explorando os recónditos grupos que aínda fan con máis ou menos éxito música no noso prezado idioma, ademáis de que tamén axude a derribar arraigadas ideas de que en Galiza as únicas bandas que hai en galego son as do folk, ao mesmo tempo que a min persoalmente me descubre cancións que non están nada mal: Suso Vaamonde ou a canción de Nao, as que máis me gustaron...

    P.D.: pola rama do folk podería seguir sacando partido ao tema: Lamatumbá, Luar na Lubre, etc etc... aínda que persoalmente non me guste este estilo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tenho pensado facer máis artigos. E ponherei folk, e ponherei tamén a lamatumbá, pero non é folk, é pachangueo.

      Eliminar
  2. vexo que non creou interese este artigo. Gran metáfora do que pasa co galego en xeral e coa música en galego en particular.
    Cree ou non interese neste blog sempre tentarei ponher música en galego. A única arma para que o galego se convirta en normativo e de uso xeral sen que a xente lle proporcione unha sensación de inferioridade é a súa promoción. E que artistas se expresen en galego creo que axuda, é moito, a ansiada dignificación que o galego se merece.

    ResponderEliminar
  3. Eu persoalmente agradezo esta recopilación de cancións galegas, recoñezo que hai estilos que non me gustan pero que menos que coñecer a variedade musical galega. Aínda que algunhas destas xa as coñecía, gustoume especialmente "Companheiro Daniel" de Suso Vaamonde:
    "Prometémosche a terra dunha Galicia ceibe
    pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar."

    "Quen puidera namorala" é mítica, eu creo que non hai galego que non a coñeza, son desas cancións que memorizas sen querer, polo menos a algúns xa nos pasou.

    O grupo de Tosar coñecino vendo o programa de Buenafuente, non sabía desa faceta do galego e gústame velo tamén no ámbito musical.

    Coa de "Infancia" sentinme reflexada á perfección, e supoño que comigo todos os que medramos no ámbito rural. Botei unhas risas xa que me fixo lembrar momentos moi prezados de cando era pequena. Antes querendo ser grande e agora o que daría por volver a ser unha nena... en fin... que me puxo morriñenta xD

    A verdade é que aquí non é demasiado o seguemento a grupos galegos, falo en xeral. No meu caso é porque non termino de atopar un grupo que vaia co que a min me gusta. Sempre ou case sempre prefiro as cancións que se fan a partires dun poema, por exemplo. O mesmo con estas recopilacións súas me atopo cun grupo que me faga tolear ;)

    ResponderEliminar