BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

jueves, 1 de marzo de 2012

Retrato de Sensacións

- O día que vivín en dous mundos diferentes -


1
Unha noite de verán, nin frio nin calor, brisa agradabel e unha brillante lúa vivín en dous mundos. Esa noite non había luz con motivo dun apagón, polo que unha xenial idea resultou ser ir a praia.
A lúa me proporcionaba toda a iluminación necesaria para disfrutar da paisaxe, o silencio me deixaba escoitar o agradable son que producía o bater das olas contra a fina area, e a cualidade de flexionar as pernas me permitiu sentar e acadar unha cómoda posición.
Nese efémero intre, permanecín nun mundo onde predominaba a calma, a beleza e despreocupación. Agradabel.

2
Repentinamente, o apagón cesa e a luz artificial volve camuflar á luz natural. Un estrondoso camión recolledor de basura chega a cumprir o seu cometido.
Como se o despertar dun sonho se tratase o mundo de calma, despreocupación e beleza troca polo mundo cotián e máis real: o da preocupación, a superficialidade e o estrés.
Dous mundos iguais pero distintos.
A decisión se fai clara: A durmir para seguir sonhando...............

FIN



PD: Estou a investigar o mundo da cursilería porque hai que saber de todo neste mundo e pode ser útil nun futuro. XD
Esto é o suficientemente cursi como para resultar moi desagradable á lectura??
Opinade!!!

Ata logo, logo
Saúde e Sorte

9 comentarios:

  1. Creo que me acabo de enamorar de vostede Señor da Z!! XD

    P.D.: os signos eses raros do artigo é unha mensaxe secreta para descifrar???? jajaja

    ResponderEliminar
  2. certo, o artigo e cursi para os que somos anti-cursis. XD

    Agora me interesa a opinión das sempre interesantes voces femeninas que poden opinar (se o chegan a ler. XD)
    Para elas, Isto é tan cursi como para facer dano?? é tan empalagoso como para non dalo tragado??
    Thank you very much!!

    ResponderEliminar
  3. non é empalagoso...se realmente quixera ser vostede empalagoso esforzaríase en que o texto transmitise tal sensación...ten un toque introspectivo e ...a min evocame...hummm que se trataba dunha noite de fin de semana onde se deixou seguramente embriagar e seducir por alcoholes diversos ata acabar embriagado pola beleza das olas e da escuridade nocturna....gústame a xente que é capaz de inspirarse coas cousas cotidianas transmitir con poucas palabras...polo que non me parece cursi...sintoo...sígase vostede inspirando así xa que goza do privilexio de disfrutar de tan envexado paisaxe...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Trabúcase na súa interpretación. Era un día de semana sin diversos alcoles e nun estado de sobriedade total.
      So foi un momento bohemio, unha tolemia ilustrada. XD

      Eliminar
  4. pois a min evócame iso...jjeeeje...ou quizáis ó señor da Z,nun momento de reflexión,nunha praia escura e solitaria, pensando nos dilemas da vida...cando de súpeto...os penssamentos do seu maxín cesan ppor un momento para deixar paso ós sentidos,que lle fan ver a beleza nocturna da paisaxe que tantas veces contemplou pero esta vez,dun xeito distinto...a brisa marina acaricia o seu peito esculpido a base de cargar tochos e tochos de dereito...o señor da z inspira profundamente,síntese libre...e molla os seus beizos cheos de salitre...tras ese momento inspirador unha fermosa muller espida emerxe do mesmo mar e camiña hacia él dende a orilla... ....

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. mira que evocador!por favor que alguén continúe coa fantasia por favor...

      Eliminar
    2. Ten fácil continuación:
      Tras unha gran e incomprensible mirada de desprezo cara o senhor da z, a fermosa muller se dirixe cara o mazas musculoso de turno pero sen cerebro.
      O senhor da Z tranquilo segue a mirar a paisaxe sabendo que non foi froito da súa torpeza, senon dun mal escoller da fermosa á vez que espida muller.
      Este sería o final máis probabel. XDDD

      Eliminar
  5. O primeiro que a min tampouco me parece cursi para nada e creou en min (a primeira parte) unha sensación de total relaxación co que nos estaba a describir. A segunda parte xa é máis habitual no mundo que nos rodea, é complicado evadirse deses ruídos e máis nas cidades. Para min é importante poder disfrutar do silencio; ao igual que do mar, da choiva ou do vento, sons relaxantes cos que nos agasalla a natureza. A ausencia de luz tamén me produce tranquilidade (sempre que sexa nun sitio coñecido), a veces non basta con só pechar os ollos.

    Resaltaría unha frase do texto especialmente: a durmir para seguir soñando. Encantoume.

    PD: Que pouco me gusta o final que lle dá o Sr da Z ao relato que comezou ArreDemo, co suxerente que é non pode acabar así! :)

    ResponderEliminar