BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

domingo, 18 de marzo de 2012

A música en galego (II)

Interesándome coma sempre pola escea musical galega e en galego, debo volver a realizar unha 2º parte deste artigo (recorda a 1º parte pulsando aqui: A música en galego tamén ten que ser posible) .

- Quero comezar facendo unha merecidísima homenaxe a un gran loitador durante toda a súa vida:
Suso Vaamonde: Un dos mellores cantautores en galego. Seguro que todos conhecedes a Serrat, Sabina, Lluis LLach, etc e poucos, a pesares de ser galegos, tedes conciencia deste grandísimo galego que sempre loitou pola súa terra e cultura:



- É o turno dun grupo que mistura folk e música tradicional galega. A Quenlla.
Aqui nos deleitan cunha canción homenaxe a unha das máis grandes obras da literatura galega: "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas.
O video tamén contén unhas ilustracións doutro grande:Isaac Díaz Pardo (outro dos grandes galegos para os que toda homenaxe se fai pouco).


- Seguimos co polifacético Antón Reixa e os Resentidos: Con un tema que a pesar dos seus anos, podería estar ata de actualidade, Os Resentidos (anunciaron a súa volta polo seu 30 aniversario) sempre pioneiros, en galego e co seu tolo humor:


- Vindo máis cara a actualidade e cos novos sons quero destacar a un gran músico. Un dos de verdade: Estou a falar de Xoel López: un artista que se consagrou co grupo Deluxe e cun estilo indie acadou a conquista de todo o territorio nacional. Na súa cúspide con Deluxe decide desmontar o grupo, irse a américa do sur e comezar de novo na procura de novos sons. Gardo un grandísimo respeto cara este gran músico. Ben é certo que se manexa habitualmente en Castelán e incluso inglés. No obstante aqui nos deleita coa súa versión do poema de Álvaro Cunqueiro " O niño novo do vento"


- Se hai un grupo íntegramente en galego e que destaca polo seu empenho e a súa actividade eses son Ruxe-Ruxe e o seu rock galego. O grupo máis activo na nosa lingua que podo conhecer.
Vou destacar dúas cancións deste grupo: A 1º unha canción que me gusta como empregan o son da gaita e a integran na cación. A 2º quero destacala pola calidade do videoclip, que lles levou a unha candidatura para os premios Mestre Mateo do audiovisual galego.



- Para non alongarme máis vou finalizando cuns grupos actuais de distintos estilos pero con cancións en galego:
O metal de Nao:


Un grupo de rap e metal famoso a nivel nacional: Def Con dos


Di elas co afamado actor galego Luis Tosar á cabeza:


Kastomä e o seu rock con letras inspiradas no rural.



Cal ou cales vos gustan máis??? A opinar!!

Ata a próxima. Saúde e Sorte

martes, 13 de marzo de 2012

Debuxo dun futuro sombrío

Conhecendo as preocupantes cifras de paro actual, quero destacar o desemprego xuvenil e a situación que se pode producir nun sombrío futuro a curto prazo onde, a pesares de conseguir unha das xeracións máis preparadas da historia neste país, a xuventude non acadará o emprego para o cal se prepararon e estudaron.

A consecuencia que se presinte pode ser a seguinte:



Ata a próxima. Saúde e sorte

jueves, 1 de marzo de 2012

Retrato de Sensacións

- O día que vivín en dous mundos diferentes -


1
Unha noite de verán, nin frio nin calor, brisa agradabel e unha brillante lúa vivín en dous mundos. Esa noite non había luz con motivo dun apagón, polo que unha xenial idea resultou ser ir a praia.
A lúa me proporcionaba toda a iluminación necesaria para disfrutar da paisaxe, o silencio me deixaba escoitar o agradable son que producía o bater das olas contra a fina area, e a cualidade de flexionar as pernas me permitiu sentar e acadar unha cómoda posición.
Nese efémero intre, permanecín nun mundo onde predominaba a calma, a beleza e despreocupación. Agradabel.

2
Repentinamente, o apagón cesa e a luz artificial volve camuflar á luz natural. Un estrondoso camión recolledor de basura chega a cumprir o seu cometido.
Como se o despertar dun sonho se tratase o mundo de calma, despreocupación e beleza troca polo mundo cotián e máis real: o da preocupación, a superficialidade e o estrés.
Dous mundos iguais pero distintos.
A decisión se fai clara: A durmir para seguir sonhando...............

FIN



PD: Estou a investigar o mundo da cursilería porque hai que saber de todo neste mundo e pode ser útil nun futuro. XD
Esto é o suficientemente cursi como para resultar moi desagradable á lectura??
Opinade!!!

Ata logo, logo
Saúde e Sorte