BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z
Mostrando entradas con la etiqueta reivindicación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta reivindicación. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de marzo de 2012

A música en galego (II)

Interesándome coma sempre pola escea musical galega e en galego, debo volver a realizar unha 2º parte deste artigo (recorda a 1º parte pulsando aqui: A música en galego tamén ten que ser posible) .

- Quero comezar facendo unha merecidísima homenaxe a un gran loitador durante toda a súa vida:
Suso Vaamonde: Un dos mellores cantautores en galego. Seguro que todos conhecedes a Serrat, Sabina, Lluis LLach, etc e poucos, a pesares de ser galegos, tedes conciencia deste grandísimo galego que sempre loitou pola súa terra e cultura:



- É o turno dun grupo que mistura folk e música tradicional galega. A Quenlla.
Aqui nos deleitan cunha canción homenaxe a unha das máis grandes obras da literatura galega: "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas.
O video tamén contén unhas ilustracións doutro grande:Isaac Díaz Pardo (outro dos grandes galegos para os que toda homenaxe se fai pouco).


- Seguimos co polifacético Antón Reixa e os Resentidos: Con un tema que a pesar dos seus anos, podería estar ata de actualidade, Os Resentidos (anunciaron a súa volta polo seu 30 aniversario) sempre pioneiros, en galego e co seu tolo humor:


- Vindo máis cara a actualidade e cos novos sons quero destacar a un gran músico. Un dos de verdade: Estou a falar de Xoel López: un artista que se consagrou co grupo Deluxe e cun estilo indie acadou a conquista de todo o territorio nacional. Na súa cúspide con Deluxe decide desmontar o grupo, irse a américa do sur e comezar de novo na procura de novos sons. Gardo un grandísimo respeto cara este gran músico. Ben é certo que se manexa habitualmente en Castelán e incluso inglés. No obstante aqui nos deleita coa súa versión do poema de Álvaro Cunqueiro " O niño novo do vento"


- Se hai un grupo íntegramente en galego e que destaca polo seu empenho e a súa actividade eses son Ruxe-Ruxe e o seu rock galego. O grupo máis activo na nosa lingua que podo conhecer.
Vou destacar dúas cancións deste grupo: A 1º unha canción que me gusta como empregan o son da gaita e a integran na cación. A 2º quero destacala pola calidade do videoclip, que lles levou a unha candidatura para os premios Mestre Mateo do audiovisual galego.



- Para non alongarme máis vou finalizando cuns grupos actuais de distintos estilos pero con cancións en galego:
O metal de Nao:


Un grupo de rap e metal famoso a nivel nacional: Def Con dos


Di elas co afamado actor galego Luis Tosar á cabeza:


Kastomä e o seu rock con letras inspiradas no rural.



Cal ou cales vos gustan máis??? A opinar!!

Ata a próxima. Saúde e Sorte

martes, 13 de marzo de 2012

Debuxo dun futuro sombrío

Conhecendo as preocupantes cifras de paro actual, quero destacar o desemprego xuvenil e a situación que se pode producir nun sombrío futuro a curto prazo onde, a pesares de conseguir unha das xeracións máis preparadas da historia neste país, a xuventude non acadará o emprego para o cal se prepararon e estudaron.

A consecuencia que se presinte pode ser a seguinte:



Ata a próxima. Saúde e sorte

miércoles, 17 de agosto de 2011

Crise sen cambio

A crise, un tema recurrente. O que debía valer para aprender, nos vai valer para repetir de novo erros se ninguén o soluciona. É moi doado saber as causas. Un exemplo:


Tamén existen solucións que pasan por un cambio no sistema, ainda que parece que os mercados (verdadeiros gobernantes) non están dispostos a consentilo, polo que todo voltará a ser o mesmo.
Ponheremos un exemplo dunhas posibles solucións:


Para rematar unha canción que pode valer para a situación, demostrando que a loita no pasado, en realidade, da a sensación que non valeu. Os grande e bonitos ideais xa se esqueceron e ninguén pensa en recuperalos para acadar un lugar mellor. Toque de atención a esas mentes xóvenes que perderon o espírito combativo de xeracións pasadas.
Quero destacar esta parte da letra da canción:
"Papá cuéntame otra vez esa historia tan bonita
de aquel guerrillero loco que mataron en Bolivia,
y cuyo fusil ya nadie se atrevió a tomar de nuevo,
y como desde aquel día todo parece más feo.

Papá cuéntame otra vez que tras tanta barricada
y tras tanto puño en alto y tanta sangre derramada,
al final de la partida no pudisteis hacer nada,
y bajo los adoquines no había arena de playa.

Fue muy dura la derrota: todo lo que se soñaba
se pudrió en los rincones, se cubrió de telarañas,
y ya nadie canta Al Vent, ya no hay locos ya no hay parias,
pero tiene que llover aún sigue sucia la plaza.

Queda lejos aquel mayo, queda lejos Saint Denis,
que lejos queda Jean Paul Sartre, muy lejos aquel París,
sin embargo a veces pienso que al final todo dio igual:
las ostias siguen cayendo sobre quien habla de más."



RECORDATORIO: O Día da Galiza Mártir celébrase anualmente o 17 de agosto. A data escolleuse como homenaxe para o político galeguista Alexandre Bóveda, asasinado o 17 de agosto de 1936 na Caeira (Poio) e convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais.
Coma homenaxe:

As iras rompen silencios cando os crimes non se acordan
cando no espantallo dormen paxarons da desmemoria.
Por iso voulles contar levando cousa con cousa,
poñendo unha feble luz nun lugar de tanta sombra.

Era o ano trinta e seis, anos de sangue e afrontas,
mártires da libertade quedan tirados na foxa.
E en agosto, o dezasete, disparan armas traidoras
contra de xente inocente, ...caeu Alexandre Bóveda.
Na Caeira, en Pontevedra, un mencer triste da historia,
...se rescatamo-los feitos, non deixaremos que volvan!

A guerra civil encheunos a memoria de foxas e o carazón de baleiros.
Foi unha victoria que non trouxo a paz, porque cómpre rompe-lo silencio,
recuperando esa, ...a súa voz necesaria de cantos alí a perderon.

Eran da Frente Popular, anarquistas, republicanos, comunistas,
galeguistas, sindicalistas, socialistas, nacionalistas, ou insubmisos á rebelión,
ou inocentes inculpados polo dedo revirado
de delatores vengativos ou arribistas do novo mando...

Militantes todos eles dun anceio común que exaltaba a dignidade humana e a dos pobos.
Querían dar creto á esperanza, esa que aínda hoxe semella que non chega. Eran bos e xenerosos, defenderon o soño dun mundo mellor e máis feliz.


Mais, ...espigaron inxusticias glorificando os abusos, conformando a tiranía
para deixar todo oculto, tentando que o tempo borre o que o tempo ó fin descobre.
Ninguén a culpa hoxe asume. Os herdeiros da victoria van diante,
e van dicindo: “que é botar máis leña ó lume”.

Mataron, martirizaron, escurecendo as auroras,
enchendo a terra de sangue, de medo, loito e derrota.
Os vencedores procuran impunes pechar as portas,
para negar a verdade, para anular a memoria.

Venceron e aínda seguen administrando a victoria,
aqueles que aínda hoxe queren facer a noite máis longa
perderon creto e razón pois na mentira se agochan.
Mártires son o guieiro e o pobo daralles gloria
a tantos que un día soñaron unha Galicia máis nosa.
Pioneiros da liberdade ¡serán lembrados con honra¡




Un saúdo!! Este blog atópase sumerxido nunha brutal crise, pero intelectual.
Ata a próxima ocasión (se chega a existir).
Saúde e Sorte

domingo, 25 de julio de 2010

25 de Xullo: Día da Patria Galega









Saúdos, hoxe como 25 de xullo celébrase o día da Patria Galega, asi que verei que se pode escribir sobre o tema.


Historia:
As orixes desta celebración remóntanse a 1919, data na que se xunta en Santiago de Compostela a Asemblea das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte.

Durante a ditadura franquista, as sociedades galegas da emigración continúan esta convocatoria, e na Galiza o galeguismo concéntrase ó redor da tradicional misa por Rosalía de Castro na igrexa de San Domingos de Bonaval. Amais, durante esta época o día institucionalízase como festa oficial en toda España, baixo o nome de Día do Patrón de España, cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país.

En 1968 volveuse celebrar de novo, cunha manifestación na Alameda de Compostela. Serán o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG) os que se manifesten de forma clandestina para conmemorar o Día Nacional de Galicia que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e coa entrada na democracia seguíronse a prohibir as manifestacións da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e BN-PG, xermes do actual Bloque Nacionalista Galego. Até mediados dos anos oitenta non foi permitida a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo na capital galega. Actualmente os diferentes partidos nacionalistas da Galiza seguen a convocar manifestacións para ese día, baixo a denominación de Día da Patria, nas cales fan reflexións no tocante á situación política galega.

Cabe destacar o ano 1948, cando o presidente do Consello de Galiza no exilio, Castelao, pronuncia o seu famoso e emotivo discurso Alba de Groria no Centro Galego de Buenos Aires.
Alba de Groria é un coñecido discurso de Castelao co gallo do Día da Patria Galega de 1948 en Bos Aires.

Dadas as circunstancias históricas nas que se fixo —posguerra civil, exilio do galeguismo— e a talla histórica do seu autor, a significación deste discurso vai máis alá da celebración dun 25 de xullo concreto senón que é visto polo nacionalismo galego coma probablemente o documento que mellor reflicte as aspiracións e ideais deste movemento.

A primeira frase do discurso, Se no abrente deste día úsase entre nacionalistas tanto para referirse a este texto coma para referirse en xeral ós anceios do nacionalismo galego.


Isto é todo amigos, Saúde e Sorte

sábado, 1 de mayo de 2010

1º de Maio. Día internacional dos Traballadores

Nestes tempos malos para os traballadores que corren, días como estes se fan máis necesarios para manter viva esa loita obreira que acadou importantes logros para os traballadores.

O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial.

Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axusticiados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álgido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.

É curioso que nos Estados Unidos non se celebra esta conmemoración. Alí celebran o Labor Day o primeiro luns de setembro desde 1882, nunha parada realizada en Nova York e organizada pola Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo (Knights of Labor, en inglés). O presidente Grover Cleveland, propiciou a celebración en setembro por temor a que a data de maio reforzase o movemento socialista nos Estados Unidos.
Ó longo do século XX, os progresos laborais fóronse acrecentando con leis para os traballadores, para outorgarlles dereitos de respecto, retribución e amparo social, a excepción da última década do século, na que eses progresos retrocederon baixo a influencia do neoliberalismo.

Na actualidade, case todos os países democráticos rememoran o 1º de maio como a orixe do movemento obreiro moderno. Estados Unidos, Reino Unido e o Principado de Andorra son os únicos países (do mundo occidental), que non o lembran de xeito activo.

como curiosidade cabe resaltar que en 1954, o papa católico Pío XII apoiou tacitamente esta xornada de memoria colectiva ó declarala como festividade de San Xosé Obreiro. Últimamente vénse denominando a esta día como Día Internacional do Traballo.

Breve artigo do que significa este 1º de maio. Para maior información, consultar libros ou internet.

O Senhor da Z co mundo obreiro. Ainda queda moito por mellorar e facer. Este sistema capitalista actual está demostrado que non funciona. A ver se algunha eminencia se lle ocorre un sitema que funcione. Sei que é complicado pero algún a de haber.

Espero que vos guste. Ata a proxima. Saúde e Sorte.

viernes, 26 de febrero de 2010

Algo.... que nos insulta

Nos últimos días asistimos a un acontecemento que demostra moi pouca intelixencia por parte dun ser humano e incluso un animal, e polo tanto so podemos calificar de cousa: Me estou referindo a Rosa Díez, esa que quere unha "España una" e que tanta manía ten a todos os países que forman Espanha.

Para aclarar máis este tema, encarguei a un equipo de investigación formado por un bocadillo e un espia da sgae que me fixese un informe. O resultado non podía ser máis lamentable:

Nunha entrevista realizada por Gabilondo a esta cousa, nun momento dado e trala pregunta de que opina de Zapatero e Rajoy, esta contesta o seguinte:


Despois deste lamentable insulto a todo cidadán galego as noticias sucedéronse:
- El País:
Rosa Díez: "Zapatero podría ser gallego en el sentido peyorativo"
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Rosa/Zapatero/podria/ser/gallego/sentido/peyorativo/elpepiautgal/20100225elpgal_15/Tes

Rosa Díez no se plantea pedir perdón por su uso de "gallego"
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Rosa/plantea/pedir/perdon/uso/gallego/elpepiautgal/20100226elpgal_14/Tes

- La Voz de Galicia:
Clamor contra Rosa Díez por utilizar «gallego» para descalificar a Zapatero
La diputada pidió a La Voz que la gente tenga «sentido del humor» ante una expresión que ya había usado antes

http://www.lavozdegalicia.es/espana/2010/02/25/0003_8317708.htm

Estes son so algúns exemplos pero en calquera xornal toparedes información.

Esta "senhora" se queda coma se nada despois de insultarnos e pide sentido do humor: Pois eu tamen con sentido do humor lle respondo: Non fai falla que venhas por aqui, vai a túa casa polos votos.

A súa actitude reflexa o que é. Sen comentarios, xa que se define ela soa.

Por último vou ponher unha noticia en relación co tema que ela tamén debía ler:
La Voz de Galicia: La Academia Española suprime «tonto» como acepción de «gallego»
Mantiene el resto de la redacción que tenía la entrada en la última versión del Diccionario, del año 2001.
El artículo ha sido enmendado para que no figure en la próxima edición de la obra de referencia de la RAE.

http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/07/09/0003_7836636.htm

A ver que vos parece o tema, outra vez un pouco longo. Excuse moi, pero penso que da lugar a debate.

Non vos olvidedes que sodes galegos: sentídevos orgullosos diso e defendede a nosa cultura e lingua (claro está, SEMPRE por medios pacíficos e a través da promoción, NUNCA dende medios violentos e a imposición.)

Ata a próxima. Saúde e Sorte.

sábado, 30 de enero de 2010

Unha das inutilidades que hai no mundo

No mundo hai moitas inutilidades, e unha delas é a Guerra, un invento que non serve máis que para facer dano e onde non hai vencedores, so destrucción.
A guerra pode iniciarse por motivos relixiosos, políticos, económicos...., pero ningún destes motivos me parece xustificación para facer un perxuízo.

- Hai quen loita coa non violencia e se atreve a paralos....

(Apodado Home tanque ou rebelde descoñecido).

- Para finalizar, vou ponher unha canción que ven ao caso: Kasabian: Empire, cun video feito cun ton moi antibelicista que denuncia a estupidez da guerra e o absurdo que é morrer enganado con falsas razóns pola tua "patria" mentres quenes ordenan as guerras están cómodamente sentados, ben vestidos e impecables, nun lugar seguro. O videoclip finaliza cunha frase en latín:

"Dulce et decorum est pro patria mori"

Traducida significa “Dulce e decoroso é morrer pola patria”, o cal pon ainda máis de manifesto o idiotas que son as guerras, tras manifestar no resto do video o inxustas e sen sentido que son.


Pois iso, NON Á GUERRA que non nos fai falla.

Abur. Saúde e Sorte

martes, 15 de diciembre de 2009

Os verdadeiros Heroes

Unha persoa convértese en heroe ao realizar unha fazaña extraordinaria e digna de eloxio. Dito isto, podemos deducir que os heroes non son esas persoas con poderes extraordinarios que loitan contra monstruos. Os verdadeiros heroes, son esas persoas que viven nun país do terceiro mundo axudando como poden, os que investigan vacunas e remedios contra as enfermidades mortais, os que loitaron no pasado por un mundo mellor, os que se ocupan de persoas desamparadas.......
Estes son os verdadeiros heroes e os que de verdade deberían recibir os premios (non coma outros).
Debo mostrar a minha admiración por eles e un merecido reconhecemento a súa labor.

Non deixedes de intentar acadar un mundo mellor, que a vida é corta para vivir a desgusto.
Buscade a liberdade.

Dito isto, homenaxe dun símbolo de liberdade: Non deixedes de escoitar esta maravillosas letra: L`estaca, popular e histórica canción composta en 1968 polo cantautor catalán Lluís Llach: Símbolo de loita contra o franquismo nesa época.


composta en plena dictadura do Xeneral Franco en España, é un chamamento á unidade de acción para liberase das ataduras, para conseguir a liberdade, Convertédose nun símbolo da loita pola liberdade.
Homenaxe as persoas que loitaron por tentar acadar un mundo mellor.

Espero que vos guste.
O Senhor da Z