BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z
Mostrando entradas con la etiqueta Cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cultura. Mostrar todas las entradas

domingo, 5 de diciembre de 2010

Outro punto de vista

Todos conhecemos (é de suponher) a historia bíblica sobre Caín e Abel. Temos preconcebida unha idea sobre esta historia. Sen embargo, pódese observar dende outro punto de vista que pode diferir do preconcebido.

Esta idea xurdiulle os componhentes de Baron Rojo ao componher a canción "Hijos de Caín": Desta maneira, narran cómo Caín foi condenado por un deus déspota e cruel, por rebelarse contra os seus dictados inxustos, contrariamente a Abel, quen, cobarde e incapaz de contrarialo, servíao. Así, Caín rompe coa súa servidume ao rebelarse contra a ley imposta polo deus que o oprimía e fuxir lonxe dos seus dominios, pero paga con iso un precio, pois se enfrenta á persecución, a maldición eterna e o sufrimento, convertíndose así en fuxitivo proscrito. A medida que a sua estirpe, os Fillos de Caín, crece, ésta se ve obrigada a enfrentarse ao estigma, o rechazo e a enemistade por parte dos fillos de Abel, fieles defensores ou coaligados da orden e o poder establecido. Establécese así, a modo de metáfora, unha dualidade entre os que se rebelan e loitan contra as inxustizas e esquemas de opresión da orde establecida, chegando a considerar a súa autoridade ilexítima, e os que se mostran cómodos, ou se identifican con él, reproducindo ou defendendo os valores da ideoloxía dominante do sistema e rexeitando ou estigmatizando aos que o cuestionan abertamente ou desafían.

Canción e letra:
Barón Rojo - "Hijos de Caín"

"La biblia cuenta una historia
que un dios terrible dictó
el drama de dos hermanos
el justo y el traidor.
Abel, mezquino y cobarde
el siervo de su señor
Caín que no entró en el juego
y que se rebeló
Te maldigo
truena la voz de su juez
Padre nuestro
que nos privó del Edén.

Caín rompió con un gesto
su yugo de esclavitud
huyó del ojo implacable
llevó su propia cruz
Perseguido
por quebrantar una ley
que no entiende
y que no cuenta con él

CORO:
Sufrirás, morirás
esta es su voluntad
pero aún hay aquí
hijos de Caín...oh

La estirpe del fugitivo
creció y se multiplicó
el signo que los margina
ya nunca se borró
Te maldigo
claman los hijos de Abel
a la diestra
de su señor el poder.

CORO...

Quizás los hombres seamos
a un tiempo Abel y Caín
Quizás algún día destruya
lo oscuro que hay en mí
El destino
no está marcado al nacer
Yo he elegido
ser lo que siempre seré...
Hijo de Caín
Hijos de Caín"



Pois iso: Toca pensar por un mesmo, sacar propias conclusión e non guiarse polo dito. A Pensar. As cousas non sempre son brancas ou negras.

Un artigo cutre máis dun blog cutre máis. XD. Sei que o tema non da para opinar, polo que non tedes porqué comentar se non vos apetece, nin ponher se está ben ou mal. É simplemente un artigo do blog desmusado.

Ata a próxima.
Saúde e Sorte

jueves, 2 de septiembre de 2010

Cuestións históricas con resposta

O artigo de hoxe trata sobre cuestións curiosas as que se lle tenta dar unha resposta. O mellor xa resultan conhecidas, pero, por se non é asi, aqui constarán.
Espero que vos guste, e se é asi, tentarei dar solución a máis cuestións históricas curiosas (é un artigo prototipo).

-- ¿Qué separa a historia da prehistoria?

A historia comeza cando aparece a escritura. Todo o ocorrido antes de que xurdira esta invención se considera prehistoria. A primeira forma de escritura creouse en Mesopotamia cara o 3200 a.C. cos chamados caracteres cuneiformes, un relativamente sofisticado código de símbolos logrado probablemente tras un longo proceso que empezou na Idade de Pedra. Ao mesmo tempo que xurdía a escritura cuneiforme, os exipcios e os maias desenrolaron a escritura xeroglífica a base de ideogramas. A linguaxe escrita fixo posible que aqueles primitivos asentamentos chegaran a converterse en auténticas civilizacións.

-- ¿A qué debe a sua mala fama o martes e trece?

O trece é un número ao que se lle outorga mala sorte dende a antigüidade. Trece eran os comensais na Última Cea de Xesucristo, na Cábala xudía se enumeran 13 espíritus malignos, no Apocalipse o anticristo chega no capítulo 13, e no Tarot este número fai referencia á morte. Pero ¿por qué martes? Porque é o día da semana adicado a Marte, o deus romano da guerra, a sangue e a violencia, que tamén deu nome ao noso vecinho planeta vermello.

Así, dende tempos medievais, en Espanha e Grecia, e también en Latinoamérica, se considera que a coincidencia do día do deus da guerra e a morte co número da morte traen "mala sorte". Unha superstición popular que tamén recolle o refraneiro espanhol: "En trece y martes, ni te cases ni te embarques".

Para os amigos expertos no tema. XD:
-- ¿Cal foi a primeira bebida alcólica?

Seguramente foi a cervexa, unha bebida que o ser humano elabora dende fai 10.000 anos. Os antropólogos toparon evidencias do seu consumo no antigo Exipto, China ou Babilonia, onde os traballadores a usaban como bebida refrescante. Según a mitoloxía exipcia, foi Osiris quen ensinou á humanidade o arte de fabricala. Sen embargo, é posible que os primeiros grandes bebedores de cervexa foran os sumerios. Fai miles de anos xa conhecían perfectamente cómo preparala. Nas súas factorías topáronse caldeiras, cubas de maceración e barrís para almacenala. No 2.000 a. C., os babilonios xa disponhían de 20 clases distintas de cervexas. A variedade negra, elaborada con cebada, era unha das máis populares. O uso do lúpulo se cre que se remonta ao século VII a.C.


Isto é todo por agora, espero que vos guste.
Ata a próxima. Saúde e Sorte

viernes, 16 de abril de 2010

Galería particular

Exposición multimillonaria de algunhas imaxes da colección. De gratis e aberto para todo o público.
Gran colección, merece a pena velas, pois son moi bos e reflexan a sociedade da época.

Obra social O Senhor da Z.

Castelao: Cousas da Vida






-¿Que me das e son teu mozo?

-¿Eu?, Eu douche unha labazada.













-Dame unha chupada, anda.

-É de chocolate.

-Anque sexa.













ORADOR POLÍTICO: Yo os juro bajo mi palabra de honor.... (risas).














O SAPO 1º: O home manda en todo.

O SAPO 2º: Pero o home é escravo do home.
















-¿E a consulta que ides tomar é de médico ou é de avogado?.

-Gracias a deus polo de agora é de médico señor.













-Ese muchacho dicen que sabe muchísimo.

-Si; pero tiene un acento tan gallego...




















-Hai que defender España

-Mellor sería que España nos defendese a nos













-Eu pensei que ían repartir as riquezas.

-Pois eu xa me daba por satisfeito se repartisen a fame.












-O caciquismo nácelle aos povos como che nace a barba. ¡Aféitate, home, aféitate!.


Artigo Relacionado: Galería particular (II)


Espero que vos guste.

Ata a próxima. Saúde e Sorte

viernes, 29 de enero de 2010

Unha de Estrelas....

Por se alguén lle interesa ver as estrelas doutra forma....... unhas curiosidades (Excuse moi porque non sei nada de este tema):

--Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes. Aínda así, algúns conxuntos tenden a reaparecer, xa sexa pola súa configuración tan peculiar como é o caso de Scorpius, o escorpión, a magnitude aparente (o brillo) das súas estrelas ou debido ao paso recorrente dalgúns corpos celestes os planetas e a Lúa polas súas inmediacións.



Algunhas constelacións son máis antigas ca outras, pois foron creadas fai moitos séculos polos pobos que habitaban as rexións do Medio Oriente e o Mediterráneo. Outras, en cambio, tiveron a súa orixe en tempos máis recentes, cando as viaxes a outros lugares ata entón descoñecidos levaron ao home europeo a explorar os mares do sur (aínda que, hai que aclarar que os pobos que habitaban as rexións austrais antes diso tamén nomearían as súas propias constelacións).

Sóese separar as constelacións en dous grupos, dependendo o hemisferio celeste en que se atopen: as constelacións boreais son aquelas situadas ao norte do ecuador celeste; as que se localizan ao sur chámase constelacións austrais.






Placa tallada no templo de Hator de Dendera (Exipto), aoredor do 50 AC, que representa as constelaciones zodiacais.


--O Zodíaco é unha banda de ceo por onde, aparentemente, transitan o Sol e os planetas. Durante o século V adC, esta rexión foi dividida en 12 partes iguais (unha por cada mes do ano), as cales deron o nome da constelación máis próxima (grupos que moi ben poderían existir antes da invención do Zodíaco propiamente).

Estas constelacións tiñan un nome latino que derivou despois nos actuais cos cales están popularizadas. A constelación onde comezaba a lista era a de Aries, o carneiro, que comeza os seus días o 21 de marzo, o primeiro día do ano de moitos dos calendarios antigos. Disque unha persoa pertence a un signo do zodíaco porque o día no que nace está comprendido nun intervalo determinado pola transición do sol por un tramo determinado do zodíaco. Cómpre lembrar que unha cousa son as constelacións (concepto astronómico) e outra o signo zodiacal (concepto astrolóxico).

Isto é todo. Non sei porque fixen este artigo porque desconhezo totalmente este tema. Sintoo, porque tampouco creo que vos interese, pero asi podedes ponher malo ao tema. jejeje.

Abur. Saúde e Sorte

sábado, 9 de enero de 2010

Historias Animadas

Toca falar de gratos recordos infantiles (e non tan infantiles): Me estou referindo as series que esperabamos con gran alegría de pequenos, e seguimos esperando agora de adultos pequenos.jajaja. Esos debuxos que a tantos nenos e adultos fixeron pasar tantos bos ratos (e seguen facendo pasar).


Numerosas series como Saint Seiya (caballeros del zodiaco),Dragon Ball, Ranma 1/2, Capitán Tsubasa (oliver e benji), Chicho Terremoto, Dr. Slump (Arale), Mazinguer Z, Heidi, Marco, Doraemon, Bleach, Evangelion, Naruto, Full Metal Alchemist, Prince of Tennis, Los Simpsons, Padre de Familia, etc, etc........ (So por citar algúns, xa que Poderíamos botar todo o día).
Series como estas, Fixeron e fan disfrutar a millóns de nenos, adultos e anciáns.

Grandes recordos gardo de elas, e espero seguir disfrutando durante moito tempo.

Non me negaredes que non esperabades ansiosos por aqueles minutinhos de divertimento. je


Entretemento, humor , e flashbacks o azar que nos fan pasar un bo rato. jajajaja

Podería botar todo o día falando do tema, jeje, pero pararei para non facerme excesivamente pesado.

Espero que disfrutarades tanto coma min destas series (Suponho que si. jajaja) e sigades disfrutando, se pode ser ca ilusión dun neno, jejeje (ainda que esto seguro que xa se perdeu, por desgraza.)

Espero que vos gustara, recordarades e vos fixera dar unha volta ata a infancia (ou ata fai tres días, posto que hai series moi recentes. jejeje).

Saúde e Sorte.

martes, 5 de enero de 2010

Un poema homenaxe (2)

Esta vez tócalle a Antonio Machado (Sevilla, 26 de xullo de 1875 - Collioure, Francia, 22 de febreiro de 1939), poeta español da xeración do 98 e activo defensor da República.




Extracto de Proverbios y cantares (XXIX)

Caminante, son tus huellas
el camino y nada más;
Caminante, no hay camino,
se hace camino al andar.
Al andar se hace el camino,
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.
Caminante no hay camino
sino estelas en la mar.

Joan Manuel Serrat lle adicou unha bonita canción que aqui vos deixo: Cantares


Espero que vos guste. Gran letra.

Artigo relacionado: Un poema homenaxe


domingo, 3 de enero de 2010

Unha Historia de Historia

O Monte Medulio é o lugar onde se celebrou a batalla dos galaicos, cántabros e astures no ano 22 adC. contra as lexións de Caio Furnio e Publio Carisio, e onde os últimos guerreiros resistentes suicidáronse durante o sitio.

HISTORIA

A súa situación xeográfica hoxe en día é aínda controvertida. Segundo algúns se sitúa nas montañas do concello de Lena, outros o sitúan no Picu Cervera, no Castro Meduales, en Belmonte de Miranda. Aduciuse que fontes clásicas sitúano preto de O Bierzo, preto das minas romanas das Médulas, o cal explicaría a toponimia do lugar.
Con todo Paulo Orosio o sitúaba cerca do Miño ("Minium flumine inminentem"), o que leva a Vicente Risco a descartar esta localización, que considera unha xustificación previa á teoría de Sarmiento relativa a que o antigo Miño era o Sil, o cal considera pouco probable en favor doutras posibles localizacións como o Monte Medelo, en Santa Cruz de Arrabaldo (sostido por Boán e que tamén conta co argumento da toponimia ao seu favor); Cabeza de Meda (na Baixa Limia, e sostido por Cortés, Cornide e Murguía), os Montes Aloia (en Tui) ou Santa Tegra, na Guarda (sostido por Schulten).
Modernos estudos establecen unha hipótese que o situaría nun dos Montes da Serra do Courel, o Monte Cido, cuxo topónimo podería provir da voz latina Occidio, (matanza, carnizaría), e no que se poden apreciar os restos dun foso como o que, segundo os datos de que se dispón, fíxose para cercar o monte, e no que se descubriron vestixios romanos como un aguia imperial de bronce procedente dun estandarte.

Segundo cita o historiador romano Floro sobre a batalla:

“ ... "os indíxenas ao ver chegada a fin da súa resistencia, a porfía danse a morte co lume e co ferro, no medio dunha comida, cun veleno que alí se extrae comunmente do teixo, librándose así a maior parte da escravitude que a unha xente ata entón indómita parecía máis intolerable que a morte ..."—Lucio Anneo Floro. ”

Segundo o Padre Sarmiento e Vicente Risco, uns inxeriron o veleno do teixo, mentres que outros se arroxaron ao lume dunha inmensa fogueira e outros se deron morte coas súas espadas. Ramón Cabanillas escribiría no seu poema "Canto a bandeira galega", pertencente ao seu poemario de 1917 "Dá terra asoballada":

“ "O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre honrada chouza!"
(Ramón Cabanillas, "Canto a Bandeira galega", 1917 ”

Para máis información, ler libros ou buscar no internet.
O Senhor da Z

domingo, 27 de diciembre de 2009

A torre de Hércules: Patrimonio da Humanidade

Neste ano 2009 que xa por fin remata, A torre de Hércules proclamouse, non sen tempo, Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO, converténdose, de este xeito, no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Santiago de Compostela.

Por este motivo adicarei un pequeno artigo a este monumento para quen lle poida interesar mínimamente:

A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na cidade de A Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. Foi construída polos romanos como faro de navegación a finais do século I ou comezos do II d.C. durante a época de Traxano. Unha inscrición aos pés da torre indica que foi erguida por Gaio Sevio Lupo, arquitecto de Aeminium (hoxe Coimbra).
A mención máis antiga da torre é de Paulo Orosio (comezos do século V), que a califica como "altísimo faro". Unha das representacións máis antigas coñecidas é a do Mapamundi do Beato de Burgo de Osma, do ano 1086.

LENDAS QUE RODEAN ESTA TORRE

Hai varias lendas relacionadas coa súa construción. Unha delas, narrada na Crónica Xeral de Afonso X, conta que Hércules chegou en barca ás costas que rodean actualmente a Torre, e que foi precisamente no lugar onde hoxe se sitúa esta que enterrou a cabeza do xigante Xerión, despois de vencelo en combate e liberar ás xentes do lugar da súa tiranía. Sobre o lugar no que enterrou a cabeza ergueu unha torre e mandou logo poboar unha cidade. Crunna foi a primeira muller en se presentar e dela tomará nome a vila. No escudo da cidade aparece a torre e, por baixo dela, a caveira de Xerión.
A outra lenda foi tomada do Libro das invasións de Irlanda durante o Rexurdimento: nel cóntase que o rei Breogán de Hispania ergueu unha torre desde a que o seu fillo Ith albiscou Irlanda; morreu no intento de conquistar a illa pero o seu irmán, Mil, si tivo éxito.

A Rosa dos Ventos de Correa Corredoira (1994) inclúe nos seus motivos por un lado os países celtas e por outro Tarsis, patria de orixe de Xerión.





Para máis información ler libros ou buscade polo internet.

Por último recomendar a súa visita. Merece a pena ser visitado

Espero que vos guste.
Saúde e sorte.

O Senhor da Z

martes, 22 de diciembre de 2009

Un Poema Homenxe

Ramón Cabanillas Enríquez, nado en Fefiñáns, Cambados, o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959
( 50 aniversario da súa morte).

Hoxe quixera ponher un poema de Ramón Cabanillas que sempre me gustou:



En pé!

Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancurada luz
que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
cantémo-lo dereito a libre nova vida!

Validos de treidores
a noite da Frouseira
á patria escravizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo,
xa afloxan as cadeas…
Irmáns asoballados
de xentes extranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
e ó pé da enseña da nazón galega
cantémo-lo dereito a libertar a Terra!

Irmáns no amor á Suevia
de lexendaria historia,
en pé! en pé dispostos
a non morrer sin loita!
O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre honrada chouza!

Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
A oliva nunha man, a fouce noutra,
berremos alto e forte:
“A nosa terra é nosa!”

Ramón Cabanillas
"Da Terra Asoballada" (1917)


Espero que vos guste como sempre me gustou a min.
Saúde e sorte

O Senhor da Z

jueves, 17 de diciembre de 2009

O Humor. Un pouco de risoterapia.

O Humor é unha forma de entretemento e de comunicación humana, que ten a intención de facer que a xente sexa feliz e ría.
A continuación sesión gratis de risoterapia (técnica psicoterapéutica que pretende producir beneficios mentais e emocionais por medio da risa), ou non, xa que non ten porque facer gracia (Hai xente ingraciada. jajaja):A ver se tedes sentido do humor para ver todo isto:

-- A mellor forma de facer un contrato:


-- O intrigoso chiste máis gracioso do mundo por Monty Python:


-- A Forma máis torpe de ligar por woody allen:



-- Tipos de locutores de futbol por martes y trece:


-- Como é a Guerra por Gila:


-- O mellor actor do mundo para o informal:


-- El cabo del miedo por cruz y raya:


Para Rematar un pouco de seriedade humorística:
Extra: Chaplin serio: Discurso de O Gran dictador:



Sesión de risoterapia finish: Esperemos que vos gustarán os videos, se é que alguén os viu todos.
Viva o humor.

O Senhor da Z

martes, 15 de diciembre de 2009

Os verdadeiros Heroes

Unha persoa convértese en heroe ao realizar unha fazaña extraordinaria e digna de eloxio. Dito isto, podemos deducir que os heroes non son esas persoas con poderes extraordinarios que loitan contra monstruos. Os verdadeiros heroes, son esas persoas que viven nun país do terceiro mundo axudando como poden, os que investigan vacunas e remedios contra as enfermidades mortais, os que loitaron no pasado por un mundo mellor, os que se ocupan de persoas desamparadas.......
Estes son os verdadeiros heroes e os que de verdade deberían recibir os premios (non coma outros).
Debo mostrar a minha admiración por eles e un merecido reconhecemento a súa labor.

Non deixedes de intentar acadar un mundo mellor, que a vida é corta para vivir a desgusto.
Buscade a liberdade.

Dito isto, homenaxe dun símbolo de liberdade: Non deixedes de escoitar esta maravillosas letra: L`estaca, popular e histórica canción composta en 1968 polo cantautor catalán Lluís Llach: Símbolo de loita contra o franquismo nesa época.


composta en plena dictadura do Xeneral Franco en España, é un chamamento á unidade de acción para liberase das ataduras, para conseguir a liberdade, Convertédose nun símbolo da loita pola liberdade.
Homenaxe as persoas que loitaron por tentar acadar un mundo mellor.

Espero que vos guste.
O Senhor da Z

viernes, 11 de diciembre de 2009

Os Nº1

O un (1) é o número enteiro que se sitúa logo do cero e antes do dous. Pois dito isto, vamos a observar algúns nº1 (ou que destacaron moito en algo). Cada un coa súa idiosincrasia propia claro:

-- Sócrates:
Célebre e controvertido filósofo grego que viviu en Atenas entre o 469 e o 399 a.C. A pesar de non escribir nada, exerceu unha enorme influencia sobre o pensamento do seu tempo. Ademais de Platón, destacan as chamadas escolas socráticas: a cínica, a megárica e a cirenaica.

-- Leonardo da Vinci:
nado o 15 de abril de 1452 e finado o 2 de maio de 1519, foi un pintor, arquitecto, enxenheiro, científico e escultor do Renacemento italiano. Está considerado por moitos como o arquetipo do Home do Renacemento. É o autor do máis famoso cuadro do mundo, intitulado Mona Lisa ou A Gioconda.
No ano 2008, foi elixido nunha enquisa elaborada co motivo da celebración do Día de Europa en 50 países europeos o personaxe máis influente da sociedade europea actual.


-- Mozart:
Wolfgang Amadeus Mozart, nado en Salzburgo o 27 de xaneiro de 1756 e finado en Viena o 5 de decembro de 1791, está considerado como un dos máis grandes compositores de música clásica europea. Foi o neno prodixio por excelencia, como compositor e como intérprete.

-- "Che" Guevara:
Ernesto Guevara, coñecido como Che Guevara ou el Che, nado en Rosario, Provincia de Santa Fe, Arxentina, o 14 de xuño de 1928 e finado en La Higuera, Bolivia, o 9 de outubro de 1967), foi un médico, político e revolucionario marxista ademais dun dos líderes da guerrilla na Revolución Cubana, e logo participou nos primeiros anos do novo réxime, en particular sendo ministro de industria.
Trala súa morte converteuse nun símbolo de alcance mundial, para os seus seguidores simboliza a loita contra as inxustizas sociais ou de rebeldía e espírito incorrutible.


-- Castelao:
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Bos Aires, o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

--Maradona:
Diego Armando Maradona (Lanús, Provincia de Bos Aires, Arxentina, 30 de outubro de 1960), futbolista arxentino, alcuñado "O Dez" e "Pelusa", entre outros. Está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elexido o mellor xogador do Século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.


-- Federer:
Roger Federer, nado o 8 de agosto de 1981 en Basilea, é un xogador de tenis profesional suízo. Está catalogado como un dos mellores e máis completos na historia deste deporte.


Aqui tedes algúns nº1, coa súa idisincrasia propia e que destacan.
Non destaquedes nunca.
O adestacado Senhor da Z

viernes, 4 de diciembre de 2009

Personalidades Por nomes.

Unhas curiosidades sobre os nomes:

Humberto: Nome de orixe Xermánico. Do xermánico oso xigante ou brillante, famoso.
--Natureza Emotiva: Natureza emotiva vehemente. Se manifesta na expresión artística, as cousas da honra e as do humor. Ama a cor, as proporciones e o ánimo alegre. Gustalle sentirse complementado.
--Natureza Expresiva: É exixente. Se expresa en forma orixinal na intimidade e na integridade. distinguese pola súa delicadeza. Ama o bo criterio e o misterio. Busca a aprobación.
--Talento Natural: É mente de pensamento eficiente. Expresase como pensador orixinal e realizador cabal, tanto ao considerar as cousas como na súa maneira de proceder. Se axiganta nas cuestións sen precedente, unhas veces para facer surxir o novo e outras para dar ao vello novos servizos, en ambos casos, con miras ao presente e ao futuro. Ama o práctico.Podería destacar nas profesións como inventor, aviador, enxenheiro, maestro, comerciante, líder, administrador, ou nos campos automotriz, aeronáutico ou eléctrico

Alejandro: Nome de orixe Grego. Do grego o que defende ao home, O Protector.
--Naturaleza Emotiva: Naturaleza emotiva e activa. Se expresa por medio da perseverancia, as asociacións, o planteamento e o asentamento. Ama as innovaciones e as realizacións. Gustalle ser asistido e apoiado.
--Natureza Expresiva: amoldase a todo. Se expresa na xovialidade, a amenidade e a prodigalidade. Ama a dignidade e o renoe, o bello, o que medra e engrandece.
--Talento Natural: É mente de pensamento firme. Exprésase como pensador áxil, con capacidade analítica e tendencia a armonizar contrarios. Recibe impulso nas empresas que requiren de tacto, diplomacia. Amplia comprensión, penetrante adaptación e fusión do ancestral e o actual. Ama complacer e recibir.Podería destacar en profesións como estadístico, contable, empleado, diplomático, bibliotecario, músico, político, pintor, escultor ou mediador de paz.

Diego: Nombre de orixen Grego. Derivación medieval de Santiago. Do grego instruido.
--Natureza Emotiva: Natureza emotiva e clarividente. Se expresa por medio da perseverancia, a concentración, a suficiencia e a clemencia. Ama o oculto, o que é e pode ser. Gustalle sentirse admirado.
--Natureza Expresiva: é consistente. Se expresa na línea recta, a atención ao detalle, a seguridade. Ama o que afirma e confirma, a propiedade e a ley que ampara.
--Talento Natural: é mente de pensamento firme. Se expresa como pensador áxil, con capacidade analítica e tendencia a armonizar contrarios. Recibe impulso nas cuestións que requieren de tacto, diplomacia. Amplia comprensión, penetrante adaptación e fusión do ancestral e o actual. Ama complacer e recibir.Podería destacar en profesións como estadístico, contable, empleado, diplomático, bibliotecario, músico, político, pintor, escultor ou mediador de paz.

Eulalia: Nome de orixe Grego. Ben falada, elocuente ao falar.
--Natureza Emotiva: Natureza emotiva e protectora. Se expresa por medio do adorno, as relacions humanas e a vida no fogar. Ama a reciprocidade e a amizade. Gustalle ser apreciada.
--Natureza Expresiva: É minuciosa. Se expresa de maneira de chamar a atención e se sinte superior. Busca a prosperidade e a realización. Ama a execución, a planificación e aportar ideas.
--Talento Natural: É mente de pensamento impaciente. Se expresa como pensador receptivo, sensitivo e observador en actividades que requiren da versatilidade, a novedade e a curiosidade. Recibe aumento nos campos de acción que tocan ao sentimiento, ao desexo de vivir e ao de inquirir en todos os campos, máis ben como mente directora que como man executora. Ama o amor, non polo que da, senon polo que é.Podería destacar en profesións como vendedor, psicólogo, investigador, escritor, detective, viaxante, corredor de bolsa ou de seguros e calquera profesión que implique manexo de dinheiro.

María: Nome de orixe Hebreo. A elexida, a amada por Deus. O nome femenino máis popular entre os cristiáns por ser a nai de Xesús.
--Natureza Emotiva: Natureza emotiva vehemente. Se manifesta na expresión artística, as cousas da honra e as do humor. Ama a cor, as proporcións e o ánimo alegre. Gustalle sentirse complementada.
--Natureza Expresiva: É empeñosa. Se expresa por medio da sua comprensión para os demáis, esperta simpatías e antipatías. gustalle resolver problemas alleos e dar amistazade. Ama o que perdura.
--Talento Natural:É mente de pensamento amoldable. Se expresa como pensador liberal E fácil de conxeniar, amosa facilidade para dar forma grata ás creacións dunha imaxinación sempre fecunda. Recibe aumento nas xuestións que requieren de gusto artístico, destreza na coordinación e execución e certo humor e idealismo no logro dos resultados. Ama as cosas do amor, do honor e da familia.Podería destacar en profesións como orador, escritor, actor, pintor, músico, humorista, hosteleiro, comediante, estilista ou comerciante.

Adrián: Nome de orixe Latín. o que ven da mar. De origen latino.
--Natureza Emotiva: Natureza emotiva vehemente. Se manifesta na expresión artística, as cousas do honor e as do humor. Ama a cor, as proporcións e o ánimo alegre. Gustalle sentirse complementado.
--Natureza Expresiva:É consecuente. Se expresa na calidade, comodidade e utilidade do atavío persoal. Gustoso se prestará a mellorar a vida urbana e a familiar. Ama o acompañar e ser acompañado.
--Talento Natural:É mente de pensamento desbordado. Se expresa como pensador inspirado que eleva as ideas e fai de cada idealización unha realización. Recibe aumento en labores que requiren da comunión do seu pensamento coa cousa pensada. Labores máis ben cerebrais que manuais. Ama as cousas do pensamento, máis o crealas que ao disfrutalas.Podería destacar en profesións como médico, enfermero, filántropo, avogado, escritor, pintor, bailarín ou en labores comunitarias, servindo ao público.

Alberto: Nome de orixe Xermánico. Brillante, famoso pola nobleza ou totalmente noble. Forma italiana de Alberto.
--Natureza Emotiva: Natureza emotiva e clarividente. Se expresa por medio da perseverancia, a concentración, a suficiencia e a clemencia. Ama o oculto, o que é e pode ser. gustalle sentirse admirado.
--Natureza Expresiva: Insistente. Se expresa na independencia de acción e na orixinalidade de conceptos. Ama aos modales distinguidos, a roupa de calidade, todo o que ten valor.
--Talento Natural: é mente de pensamento previsor. Se expresa como pensador práctico, que planea en grande e o planear se sirve simultáneamente da codificación e da demolición. Recibe aumento nas cuestións que requiren de métodos de esforzo organizado. A sua mente é tanto máis previsora canto máis extensa é a cuestión. Ama o importante, o que require tempo e obra co tempo.Podería destacar en profesións como experto en eficiencia, industrial, executivo, editor ou crítico editorial, comerciante, empleado público, banqueiro, interprete.

Iago: Nome de orixe Hebreo. Ven de Xacob. Do hebreo o segundo de duos xemelgos. Variante de Xacob, Xaime, Yago, Santiago.
--Natureza Emotiva: Natureza emotiva, amable e condescendiente. Suave, cordial, sagaz. Ama a armonía das formas e os métodos persuasivos. gustalle sentirse alabado.
--Natureza Expresiva: é minucioso. Se expresa de maneira de chamar a atención e se sinte superior. Busca a prosperidade e a realización. Ama a execución, a planificación e aportar ideas.
--Talento Natural: é mente de pensamento eficiente. Se expresa como pensador orixinal e realizador cabal, tanto ao considerar as cousas como na sua maneira de proceder. Se axiganta nas cuestións sen precedente, unhas veces para facer surxir o novo e outras para dar ao vello novos servizos, en ambos casos, con miras ao presente e ao futuro. Ama o práctico.Podería destacar en profesións como inventor, aviador, enxenheiro, maestro, comerciante, líder, administrador, ou nos campos automotriz, aeronáutico ou eléctrico.


Tontería, jajajaja
O Senhor da Z

Algo Novo por Aprender. Sabías que...........

-- A música (do grego: μουσική [τέχνη] - mousikē [téchnē], "a arte das musas") é, segundo a definición tradicional do termo, a forma de arte consistente en combinar lóxica e sensibelmente os sons e silencios coa finalidade de crear unha determinada sensación ou emoción no oínte.

-- Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país e que Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX.


-- As primeiras probas líticas de presenza humana en Galiza remóntanse a hai uns 300.000 anos, no Paleolítico Inferior, durante o Pleistoceno medio. Apareceron restos destes poboadores por todo o litoral, dende Ribadeo ata A Guarda.


- O ménage à trois (pronunciado en francés) ou trío é a relación entre tres persoas do mesmo ou distinto sexo.


- A denominación de Trasdeza aparece xa mencionada na Alta Idade Media e a parroquia de Santa María de Cortegada en Trasdeza, figura en documentos


Para rematar esta cousa, unhas Frases célebres (Sempre me gustaron e non sei porqué):
- o sexo é una trampa da natureza para non extinguirse.

- Ser vello non é un insulto, é unha consecuencia da idade.

- A intelixencia consiste non só no conhecemento, senon tamén na destreza de aplicar os conhecementos na práctica. (Aristóteles).

- Caeu coma un Charco. (Torpe)

- Todos somos aficionados. A vida é tan curta que non da para máis. (Charles Chaplin)

iii-ii-i-iiiisto é todo amigos.

O senhor da Z