BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

lunes, 28 de diciembre de 2009

Versus 2

Nesta ocasión se trata de decir que ganha e quen perde, e polo tanto, non hai empate posible. Espero as vosas opinións tras ver os videos:

1º Round: X-Japan Vs Skid Row


vs


2ºRound: Soundgarden Vs Pearl Jam


vs


3ºRound: Radiohead vs Muse:


vs


4ºRound: Koma vs Estirpe:


vs



Ata aqui isto. Espero que vos guste.
Ata a próxima.

O Senhor da Z.

domingo, 27 de diciembre de 2009

A torre de Hércules: Patrimonio da Humanidade

Neste ano 2009 que xa por fin remata, A torre de Hércules proclamouse, non sen tempo, Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO, converténdose, de este xeito, no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Santiago de Compostela.

Por este motivo adicarei un pequeno artigo a este monumento para quen lle poida interesar mínimamente:

A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na cidade de A Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. Foi construída polos romanos como faro de navegación a finais do século I ou comezos do II d.C. durante a época de Traxano. Unha inscrición aos pés da torre indica que foi erguida por Gaio Sevio Lupo, arquitecto de Aeminium (hoxe Coimbra).
A mención máis antiga da torre é de Paulo Orosio (comezos do século V), que a califica como "altísimo faro". Unha das representacións máis antigas coñecidas é a do Mapamundi do Beato de Burgo de Osma, do ano 1086.

LENDAS QUE RODEAN ESTA TORRE

Hai varias lendas relacionadas coa súa construción. Unha delas, narrada na Crónica Xeral de Afonso X, conta que Hércules chegou en barca ás costas que rodean actualmente a Torre, e que foi precisamente no lugar onde hoxe se sitúa esta que enterrou a cabeza do xigante Xerión, despois de vencelo en combate e liberar ás xentes do lugar da súa tiranía. Sobre o lugar no que enterrou a cabeza ergueu unha torre e mandou logo poboar unha cidade. Crunna foi a primeira muller en se presentar e dela tomará nome a vila. No escudo da cidade aparece a torre e, por baixo dela, a caveira de Xerión.
A outra lenda foi tomada do Libro das invasións de Irlanda durante o Rexurdimento: nel cóntase que o rei Breogán de Hispania ergueu unha torre desde a que o seu fillo Ith albiscou Irlanda; morreu no intento de conquistar a illa pero o seu irmán, Mil, si tivo éxito.

A Rosa dos Ventos de Correa Corredoira (1994) inclúe nos seus motivos por un lado os países celtas e por outro Tarsis, patria de orixe de Xerión.





Para máis información ler libros ou buscade polo internet.

Por último recomendar a súa visita. Merece a pena ser visitado

Espero que vos guste.
Saúde e sorte.

O Senhor da Z

miércoles, 23 de diciembre de 2009

Chegamos as 1000 Visitas













Chegaremos as 5000 visitas?
Nuca se sabe.
Grazas
Saúde e Sorte

Grazas a todos os que entrades e os que non entrades.

Seguiremos facendo o indio.

Bonus track: Jeff Buckley - Hallelujah (Leonard Cohen cover):


Espero que vos guste.
Estamos traballando niso.
Abur

O Senhor da Z

martes, 22 de diciembre de 2009

Un Poema Homenxe

Ramón Cabanillas Enríquez, nado en Fefiñáns, Cambados, o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959
( 50 aniversario da súa morte).

Hoxe quixera ponher un poema de Ramón Cabanillas que sempre me gustou:



En pé!

Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancurada luz
que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
cantémo-lo dereito a libre nova vida!

Validos de treidores
a noite da Frouseira
á patria escravizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo,
xa afloxan as cadeas…
Irmáns asoballados
de xentes extranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
e ó pé da enseña da nazón galega
cantémo-lo dereito a libertar a Terra!

Irmáns no amor á Suevia
de lexendaria historia,
en pé! en pé dispostos
a non morrer sin loita!
O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre honrada chouza!

Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
A oliva nunha man, a fouce noutra,
berremos alto e forte:
“A nosa terra é nosa!”

Ramón Cabanillas
"Da Terra Asoballada" (1917)


Espero que vos guste como sempre me gustou a min.
Saúde e sorte

O Senhor da Z

domingo, 20 de diciembre de 2009

Videos con historia

Aqui uns cuantos videos curiosos que mostran unha historia para ver:

-- Muse: Historia con misterio e intriga:



-- Radiohead: Unha historia moi moi surrealista. Video moi curioso:


-- Disturbed: Historia Ben debuxada:


-- Hamlet conta unha historia de crímenes:


-- Skizoo conta unha oscura historia:

Se chegastes o final noraboa!!!. Grazas por ver os videos e espero os vosos comentarios. Cal vos gusta mási?, Cal vos parece peor?, etc.
O Senhor da Z

jueves, 17 de diciembre de 2009

O Humor. Un pouco de risoterapia.

O Humor é unha forma de entretemento e de comunicación humana, que ten a intención de facer que a xente sexa feliz e ría.
A continuación sesión gratis de risoterapia (técnica psicoterapéutica que pretende producir beneficios mentais e emocionais por medio da risa), ou non, xa que non ten porque facer gracia (Hai xente ingraciada. jajaja):A ver se tedes sentido do humor para ver todo isto:

-- A mellor forma de facer un contrato:


-- O intrigoso chiste máis gracioso do mundo por Monty Python:


-- A Forma máis torpe de ligar por woody allen:



-- Tipos de locutores de futbol por martes y trece:


-- Como é a Guerra por Gila:


-- O mellor actor do mundo para o informal:


-- El cabo del miedo por cruz y raya:


Para Rematar un pouco de seriedade humorística:
Extra: Chaplin serio: Discurso de O Gran dictador:



Sesión de risoterapia finish: Esperemos que vos gustarán os videos, se é que alguén os viu todos.
Viva o humor.

O Senhor da Z

martes, 15 de diciembre de 2009

Os verdadeiros Heroes

Unha persoa convértese en heroe ao realizar unha fazaña extraordinaria e digna de eloxio. Dito isto, podemos deducir que os heroes non son esas persoas con poderes extraordinarios que loitan contra monstruos. Os verdadeiros heroes, son esas persoas que viven nun país do terceiro mundo axudando como poden, os que investigan vacunas e remedios contra as enfermidades mortais, os que loitaron no pasado por un mundo mellor, os que se ocupan de persoas desamparadas.......
Estes son os verdadeiros heroes e os que de verdade deberían recibir os premios (non coma outros).
Debo mostrar a minha admiración por eles e un merecido reconhecemento a súa labor.

Non deixedes de intentar acadar un mundo mellor, que a vida é corta para vivir a desgusto.
Buscade a liberdade.

Dito isto, homenaxe dun símbolo de liberdade: Non deixedes de escoitar esta maravillosas letra: L`estaca, popular e histórica canción composta en 1968 polo cantautor catalán Lluís Llach: Símbolo de loita contra o franquismo nesa época.


composta en plena dictadura do Xeneral Franco en España, é un chamamento á unidade de acción para liberase das ataduras, para conseguir a liberdade, Convertédose nun símbolo da loita pola liberdade.
Homenaxe as persoas que loitaron por tentar acadar un mundo mellor.

Espero que vos guste.
O Senhor da Z

sábado, 12 de diciembre de 2009

Versus

Se trata de decir quen vence en cada enfrentamento: Consiste en que eu coloco unhas cancións (quen queira opinar deberá escoitar ata o minuto 3 polo menos. je)e vos, podedes decir quen ganha, se empatan ou se perden os dous.
Sinto facer outro artigo de música que sei que non vos gusta moito, pero que se lle vai facer, jejeje.

1º round: KOMA VS Estirpe

VS


2ºRound: The Mars Volta VS Wolfmother

VS


3ºround: The Killers VS The Strokes

VS


Espero as vosas opinión, se asi o desexades
Boas noites e Boa Sorte
O Senhor da Z

Nostalxia: Lembrando un tempo xa pasado

Algo non funciona ben cando so estas vivindo de rememorar algúns bos momentos: Boto de menos os primeiros MUSE, aqueles que proporcionaban un gran espectáculo...... Agora maduraron, é normal: tamen hai que dicir que tenhen un directo espectacular actualmente, ademais de moita calidade. No obstante, boto algo de menos Aqueles Muse como os que se ven nestas imaxes:

Muse - Muscle Museum (USA Version): Resumen facendo das súas


Muse - Showbiz: Tocando e facendo das súas


Que se lle vai facer, estes videos recordanme os meus inicios na música......
Toca disfrutar do gran directo que tenhen actualmente, ainda que me gustaría ver máis os de antes.....

O Senhor da Z

viernes, 11 de diciembre de 2009

Os Nº1

O un (1) é o número enteiro que se sitúa logo do cero e antes do dous. Pois dito isto, vamos a observar algúns nº1 (ou que destacaron moito en algo). Cada un coa súa idiosincrasia propia claro:

-- Sócrates:
Célebre e controvertido filósofo grego que viviu en Atenas entre o 469 e o 399 a.C. A pesar de non escribir nada, exerceu unha enorme influencia sobre o pensamento do seu tempo. Ademais de Platón, destacan as chamadas escolas socráticas: a cínica, a megárica e a cirenaica.

-- Leonardo da Vinci:
nado o 15 de abril de 1452 e finado o 2 de maio de 1519, foi un pintor, arquitecto, enxenheiro, científico e escultor do Renacemento italiano. Está considerado por moitos como o arquetipo do Home do Renacemento. É o autor do máis famoso cuadro do mundo, intitulado Mona Lisa ou A Gioconda.
No ano 2008, foi elixido nunha enquisa elaborada co motivo da celebración do Día de Europa en 50 países europeos o personaxe máis influente da sociedade europea actual.


-- Mozart:
Wolfgang Amadeus Mozart, nado en Salzburgo o 27 de xaneiro de 1756 e finado en Viena o 5 de decembro de 1791, está considerado como un dos máis grandes compositores de música clásica europea. Foi o neno prodixio por excelencia, como compositor e como intérprete.

-- "Che" Guevara:
Ernesto Guevara, coñecido como Che Guevara ou el Che, nado en Rosario, Provincia de Santa Fe, Arxentina, o 14 de xuño de 1928 e finado en La Higuera, Bolivia, o 9 de outubro de 1967), foi un médico, político e revolucionario marxista ademais dun dos líderes da guerrilla na Revolución Cubana, e logo participou nos primeiros anos do novo réxime, en particular sendo ministro de industria.
Trala súa morte converteuse nun símbolo de alcance mundial, para os seus seguidores simboliza a loita contra as inxustizas sociais ou de rebeldía e espírito incorrutible.


-- Castelao:
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Bos Aires, o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

--Maradona:
Diego Armando Maradona (Lanús, Provincia de Bos Aires, Arxentina, 30 de outubro de 1960), futbolista arxentino, alcuñado "O Dez" e "Pelusa", entre outros. Está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elexido o mellor xogador do Século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.


-- Federer:
Roger Federer, nado o 8 de agosto de 1981 en Basilea, é un xogador de tenis profesional suízo. Está catalogado como un dos mellores e máis completos na historia deste deporte.


Aqui tedes algúns nº1, coa súa idisincrasia propia e que destacan.
Non destaquedes nunca.
O adestacado Senhor da Z

domingo, 6 de diciembre de 2009

Disfrutade Escoitando

Algo para que escoitedes enteiro de principio a fin (Merece a Pena): Son Grandes cancións ou entretidos videos: disfrutade:

--The Who: Behind Blue eyes (Grandísima canción)



--Muse: Uno (Gran video)


--Hamlet: No me arrepiento (Gran letra)


--Dream theater (Por recomendación de Diego. Bonita canción)


Maestros:

--Deep purple : Child in time (sen palabras)


--Led Zeppelin: Stairway to heaven (Sen sen palabras)



Algún día máis pero non mellor porque é imposible. Aqui no Senhor da Z

viernes, 4 de diciembre de 2009

Personalidades Por nomes.

Unhas curiosidades sobre os nomes:

Humberto: Nome de orixe Xermánico. Do xermánico oso xigante ou brillante, famoso.
--Natureza Emotiva: Natureza emotiva vehemente. Se manifesta na expresión artística, as cousas da honra e as do humor. Ama a cor, as proporciones e o ánimo alegre. Gustalle sentirse complementado.
--Natureza Expresiva: É exixente. Se expresa en forma orixinal na intimidade e na integridade. distinguese pola súa delicadeza. Ama o bo criterio e o misterio. Busca a aprobación.
--Talento Natural: É mente de pensamento eficiente. Expresase como pensador orixinal e realizador cabal, tanto ao considerar as cousas como na súa maneira de proceder. Se axiganta nas cuestións sen precedente, unhas veces para facer surxir o novo e outras para dar ao vello novos servizos, en ambos casos, con miras ao presente e ao futuro. Ama o práctico.Podería destacar nas profesións como inventor, aviador, enxenheiro, maestro, comerciante, líder, administrador, ou nos campos automotriz, aeronáutico ou eléctrico

Alejandro: Nome de orixe Grego. Do grego o que defende ao home, O Protector.
--Naturaleza Emotiva: Naturaleza emotiva e activa. Se expresa por medio da perseverancia, as asociacións, o planteamento e o asentamento. Ama as innovaciones e as realizacións. Gustalle ser asistido e apoiado.
--Natureza Expresiva: amoldase a todo. Se expresa na xovialidade, a amenidade e a prodigalidade. Ama a dignidade e o renoe, o bello, o que medra e engrandece.
--Talento Natural: É mente de pensamento firme. Exprésase como pensador áxil, con capacidade analítica e tendencia a armonizar contrarios. Recibe impulso nas empresas que requiren de tacto, diplomacia. Amplia comprensión, penetrante adaptación e fusión do ancestral e o actual. Ama complacer e recibir.Podería destacar en profesións como estadístico, contable, empleado, diplomático, bibliotecario, músico, político, pintor, escultor ou mediador de paz.

Diego: Nombre de orixen Grego. Derivación medieval de Santiago. Do grego instruido.
--Natureza Emotiva: Natureza emotiva e clarividente. Se expresa por medio da perseverancia, a concentración, a suficiencia e a clemencia. Ama o oculto, o que é e pode ser. Gustalle sentirse admirado.
--Natureza Expresiva: é consistente. Se expresa na línea recta, a atención ao detalle, a seguridade. Ama o que afirma e confirma, a propiedade e a ley que ampara.
--Talento Natural: é mente de pensamento firme. Se expresa como pensador áxil, con capacidade analítica e tendencia a armonizar contrarios. Recibe impulso nas cuestións que requieren de tacto, diplomacia. Amplia comprensión, penetrante adaptación e fusión do ancestral e o actual. Ama complacer e recibir.Podería destacar en profesións como estadístico, contable, empleado, diplomático, bibliotecario, músico, político, pintor, escultor ou mediador de paz.

Eulalia: Nome de orixe Grego. Ben falada, elocuente ao falar.
--Natureza Emotiva: Natureza emotiva e protectora. Se expresa por medio do adorno, as relacions humanas e a vida no fogar. Ama a reciprocidade e a amizade. Gustalle ser apreciada.
--Natureza Expresiva: É minuciosa. Se expresa de maneira de chamar a atención e se sinte superior. Busca a prosperidade e a realización. Ama a execución, a planificación e aportar ideas.
--Talento Natural: É mente de pensamento impaciente. Se expresa como pensador receptivo, sensitivo e observador en actividades que requiren da versatilidade, a novedade e a curiosidade. Recibe aumento nos campos de acción que tocan ao sentimiento, ao desexo de vivir e ao de inquirir en todos os campos, máis ben como mente directora que como man executora. Ama o amor, non polo que da, senon polo que é.Podería destacar en profesións como vendedor, psicólogo, investigador, escritor, detective, viaxante, corredor de bolsa ou de seguros e calquera profesión que implique manexo de dinheiro.

María: Nome de orixe Hebreo. A elexida, a amada por Deus. O nome femenino máis popular entre os cristiáns por ser a nai de Xesús.
--Natureza Emotiva: Natureza emotiva vehemente. Se manifesta na expresión artística, as cousas da honra e as do humor. Ama a cor, as proporcións e o ánimo alegre. Gustalle sentirse complementada.
--Natureza Expresiva: É empeñosa. Se expresa por medio da sua comprensión para os demáis, esperta simpatías e antipatías. gustalle resolver problemas alleos e dar amistazade. Ama o que perdura.
--Talento Natural:É mente de pensamento amoldable. Se expresa como pensador liberal E fácil de conxeniar, amosa facilidade para dar forma grata ás creacións dunha imaxinación sempre fecunda. Recibe aumento nas xuestións que requieren de gusto artístico, destreza na coordinación e execución e certo humor e idealismo no logro dos resultados. Ama as cosas do amor, do honor e da familia.Podería destacar en profesións como orador, escritor, actor, pintor, músico, humorista, hosteleiro, comediante, estilista ou comerciante.

Adrián: Nome de orixe Latín. o que ven da mar. De origen latino.
--Natureza Emotiva: Natureza emotiva vehemente. Se manifesta na expresión artística, as cousas do honor e as do humor. Ama a cor, as proporcións e o ánimo alegre. Gustalle sentirse complementado.
--Natureza Expresiva:É consecuente. Se expresa na calidade, comodidade e utilidade do atavío persoal. Gustoso se prestará a mellorar a vida urbana e a familiar. Ama o acompañar e ser acompañado.
--Talento Natural:É mente de pensamento desbordado. Se expresa como pensador inspirado que eleva as ideas e fai de cada idealización unha realización. Recibe aumento en labores que requiren da comunión do seu pensamento coa cousa pensada. Labores máis ben cerebrais que manuais. Ama as cousas do pensamento, máis o crealas que ao disfrutalas.Podería destacar en profesións como médico, enfermero, filántropo, avogado, escritor, pintor, bailarín ou en labores comunitarias, servindo ao público.

Alberto: Nome de orixe Xermánico. Brillante, famoso pola nobleza ou totalmente noble. Forma italiana de Alberto.
--Natureza Emotiva: Natureza emotiva e clarividente. Se expresa por medio da perseverancia, a concentración, a suficiencia e a clemencia. Ama o oculto, o que é e pode ser. gustalle sentirse admirado.
--Natureza Expresiva: Insistente. Se expresa na independencia de acción e na orixinalidade de conceptos. Ama aos modales distinguidos, a roupa de calidade, todo o que ten valor.
--Talento Natural: é mente de pensamento previsor. Se expresa como pensador práctico, que planea en grande e o planear se sirve simultáneamente da codificación e da demolición. Recibe aumento nas cuestións que requiren de métodos de esforzo organizado. A sua mente é tanto máis previsora canto máis extensa é a cuestión. Ama o importante, o que require tempo e obra co tempo.Podería destacar en profesións como experto en eficiencia, industrial, executivo, editor ou crítico editorial, comerciante, empleado público, banqueiro, interprete.

Iago: Nome de orixe Hebreo. Ven de Xacob. Do hebreo o segundo de duos xemelgos. Variante de Xacob, Xaime, Yago, Santiago.
--Natureza Emotiva: Natureza emotiva, amable e condescendiente. Suave, cordial, sagaz. Ama a armonía das formas e os métodos persuasivos. gustalle sentirse alabado.
--Natureza Expresiva: é minucioso. Se expresa de maneira de chamar a atención e se sinte superior. Busca a prosperidade e a realización. Ama a execución, a planificación e aportar ideas.
--Talento Natural: é mente de pensamento eficiente. Se expresa como pensador orixinal e realizador cabal, tanto ao considerar as cousas como na sua maneira de proceder. Se axiganta nas cuestións sen precedente, unhas veces para facer surxir o novo e outras para dar ao vello novos servizos, en ambos casos, con miras ao presente e ao futuro. Ama o práctico.Podería destacar en profesións como inventor, aviador, enxenheiro, maestro, comerciante, líder, administrador, ou nos campos automotriz, aeronáutico ou eléctrico.


Tontería, jajajaja
O Senhor da Z

Algo Novo por Aprender. Sabías que...........

-- A música (do grego: μουσική [τέχνη] - mousikē [téchnē], "a arte das musas") é, segundo a definición tradicional do termo, a forma de arte consistente en combinar lóxica e sensibelmente os sons e silencios coa finalidade de crear unha determinada sensación ou emoción no oínte.

-- Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país e que Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX.


-- As primeiras probas líticas de presenza humana en Galiza remóntanse a hai uns 300.000 anos, no Paleolítico Inferior, durante o Pleistoceno medio. Apareceron restos destes poboadores por todo o litoral, dende Ribadeo ata A Guarda.


- O ménage à trois (pronunciado en francés) ou trío é a relación entre tres persoas do mesmo ou distinto sexo.


- A denominación de Trasdeza aparece xa mencionada na Alta Idade Media e a parroquia de Santa María de Cortegada en Trasdeza, figura en documentos


Para rematar esta cousa, unhas Frases célebres (Sempre me gustaron e non sei porqué):
- o sexo é una trampa da natureza para non extinguirse.

- Ser vello non é un insulto, é unha consecuencia da idade.

- A intelixencia consiste non só no conhecemento, senon tamén na destreza de aplicar os conhecementos na práctica. (Aristóteles).

- Caeu coma un Charco. (Torpe)

- Todos somos aficionados. A vida é tan curta que non da para máis. (Charles Chaplin)

iii-ii-i-iiiisto é todo amigos.

O senhor da Z

sábado, 28 de noviembre de 2009

Historias Z: A Historia peor contada e narrada. Capítulo I.

......................................................................................................
Banda Sonora : Stairway to heaven. de Led zeppelin. Sonando esta canción debedes ler isto.
......................................................................................................
Un vello Sabio dun lugar do cal non quero acordarme do nome, me contou unha vez unha Gran Historia que se quedou na minha testa: Dito conto transcurría no Século XIII, nunha época onde predominaba o feudalismo e os señoríos, se fundaban as primeiras universidades europeas e se producían as últimas cruzadas, mentres Genghis khan ocupaba gran parte de Asia e de Europa do leste co seu imperio mongol.
Pois ben, nalgún lugar do Reino de Galiza, atopábase o protagonista da nosa historia, o chamado Apolonio o bo, fillo de Xosé Das Pedras, humilde familia de Pescadores.
Apolonio era un astuto e pícaro rapaz duns 20 anos de idade, que destacaba no seu pobo polo seu bo fondo, de aí o apodo de "o bo".
Dedicábase o arte da Pesca, como todos os seus Ancestros, os cales posuían unha gran técnica que herdou O Bo.
Un indeterminado día, Apolonio dirixiase cara o mar, co fin de realizar o labor do día, cando se ía producir un acontecemento que cambiaría a sua vida para sempre. O que aconteceu foi.......
fin.
............................................................................................................................................................................................................
Se vos gusta, algún día continuarei ca historia, se cadra. jejejeje. Hai que deixar un pouco de intriga para ver se se engancha a xente. jajajaja.
O Senhor da Z.

sábado, 21 de noviembre de 2009

Promesa Cumplida: Crepúsculo: Luna Nueva

Ola a todos,
como xa mencionei no comentario do filme Millenium 2, os peores augurios se confirmaron e decidistes ir ver crepúsculo, ou o que é o mesmo, nhonhería mezclada con seres mitolóxicos para adolescentes.

Non sei o que opinaría o señor da xe (o cal dirá que non lle gustou pero sí, jajajajaja), pero na minha opinión tanto amorío de principio a fin me agotou un moito (ou máis, jajajaja).

Espero que decidades non ir ver a terceira ou cuarta.

Agora non quero destapar a seguinte entrega, pero que se lle vai facer: é mellor que non leades esta parte, jaajajaj.

Ben, pois dito isto, na terceira película os protagonistas casanse e tenhen a Blade de fillo (Isto explica que Blade poida estar á luz e brille na oscuridade). Na Cuarta película contarán como botan a Blade da casa, o que explicará a súa comprensible manía hacia os vampiros.

A continuación vos mostrarei unha escena onde se ve como os protagonistas abandonan o pobre Blade no medio dun monte mentres siguen ca súa intragable nhonhería.


Aqui podedes ver o pobre Blade abandonado, mentres os seus enamorados pais lle ignoran co fin de seguir o seu romance sen fin.

Con este final alternativo remato este artígo. Espero que vos guste máis que o orixinal e así o poderemos mandar a positivar. jajaja.

un saúdo,

O Senhor da Z

viernes, 13 de noviembre de 2009

Humilde recomendación de maravillosos sons.

Isto é so unha humilde recomendación de cancións que espero que escoitedes algun día:

1. Deep Purple: Child in time
2. Led Zeppelin: Stairway to Heaven
3. Black Sabbath: Iron man
4. ACDC: TNT
5. The Who : Baba O´Riley
------------------------------------------
6. Iron Maiden: Fear of the dark
7. Judas Priest: The Hellion/Electric eye
8.Helloween: A Tale That Wasn't Right
9. Guns and roses : civil war
-------------------------------------------
10. Metallica: The Unforgiven
11. Dream Theater: The answer lies within
-------------------------------------------
12. Soundgarden: Loud love
13. Alice in Chains: Would
14. Pearl Jam: Porch
15.Nirvana: Lithium
-------------------------------------------
16. Radiohead: Karma Police
17.Muse: Cave
------------------------------------------
18. Hamlet: No me arrepiento
19. Koma: La Revolución
20. Skizoo: No todo esta perdido

Frases Celebres:

Jim Morrison:
"Me interesa todo o que sexa rebeldía, desorden, caos e, particularmente, calquera actividade que pareza falta de sentido. Ese é o caminho da liberdade".

John Lennon: (nun concerto para a raiña de Inglaterra): Os dos asentos baratos aplaudan, o resto, pode facer soar as suas xoias.

Bob Dylan: "O pasado non me interesa e o mañán ao mellor non existe. Cada vez que esperto é sempre presente"



Esto é todo amigos, Espero que vos guste. Ata a próxima recomendación. Se Hai. jajajaja

O Senhor da Z

sábado, 7 de noviembre de 2009

Que opinión vos merece o filme millenium 2.

Para o meu gusto a película transcurre moi lentamente, como se en ocasións deran ganas de darlle para adiante cun mando a distancia.
Me parece que o suspense transcorre lentamente, en ocasións quitandollo.
en definitiva: Seguramente gran libro (polo que tenho entendido)

Cal é a vosa opinión do filme?

Proximamente, Crepúsculo. jajajaja. (seguro que queredes ir vela).

Un Artigo para inaugurar....

Ola a todos, benvidos o Blog do senhor da Z onde se tratarán multiples temas que interesarán a mocidade, os amigos.
Un espazo libre, onde se debatirán diversos temas desde a óptica do humor (ou iso se espera). Como exemplo: Jajajaja. Esta será a tónica.

Se sei como funciona isto, primeira torpeza do día.
Weno. Seguiremos investigando como funciona. jajajaja. Algún día o conseguirei.

Abur.

O Senhor da Z