BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z
Mostrando entradas con la etiqueta Humor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Humor. Mostrar todas las entradas

miércoles, 4 de abril de 2012

Acontecementos existenciais

Turno para un artigo sinxelo, un monólogo que me pareceu grandioso. Se trata dunha comparativa entre o ligoteo en Espanha e EE.UU. A mítica, idealizada e facilísima forma norteamericana contra a vulgaridade, a dificultade e a torpeza da forma espanhola.

A continuación vos deixo o xenial monólogo (a parte de xenial, moi ben interpretado por Goyo Jiménez), pero antes tamén resaltaría que se a forma espanhola é torpe e dificultosa, que se podería dicir da forma de ligar galega?? o que se pode converter nunha auténtica misión imposible. XD
Debemos reconhecer que como galegos, sempre con excepcións, non sabemos ligar (tanto homes coma mulleres) posiblemente debido o habitual emparellamento voluntario dende idades tempranas e a duración das relacións (superando lustros). É coma se sabendo da dificultade agarrásemos para non soltar nunca XD. Somos outra cultura diferente neste aspecto.

En fin, o monólogo en cuestión:



Isto é todo xente. Ata a próxima ocasión.
Saúde e Sorte

martes, 13 de marzo de 2012

Debuxo dun futuro sombrío

Conhecendo as preocupantes cifras de paro actual, quero destacar o desemprego xuvenil e a situación que se pode producir nun sombrío futuro a curto prazo onde, a pesares de conseguir unha das xeracións máis preparadas da historia neste país, a xuventude non acadará o emprego para o cal se prepararon e estudaron.

A consecuencia que se presinte pode ser a seguinte:



Ata a próxima. Saúde e sorte

viernes, 11 de febrero de 2011

Pesimismo con humor

Fai algun tempo vin unha parodia do anuncio de coca-cola 2011 feita no programa de Buenafuente que me gustou moito sobre todo polo crítico humor co que está expresado:
Vos deixo a continuación os dous videos por se non os vistes:






Visto isto, agora farei a miña aportación personal, unha breve e humorística observación sobre as cousas positivas resaltadas no video de Coca-cola: Queren facer algo optimista, pero iso tamen se pode convertir en pesimista (ainda que se podería facer con todo o spot, ponherei so uns cantos exemplos, para non alargar en exceso un artigo que pretendo entretido):

- comeza o anuncio dicindo que por cada tanque que se fabrica no mundo... se fabrican 131 mil peluches: o que non din e que estes peluches se fabrican explotando miles de persoas (nenos e adultos)

- por cada muro que existe... ponhense 200 mil tapetes de "Benvido": O que non din é que 150 mil destes tapetes serán roubados e a totalidade manchados ata non distinguir a palabra benvido.

- Mentres un científico disenha unha nova arma.... Hai un millón de nais facendo un pastel de chocolate: o que non din é que se producirá a tristeza en moitos nenos celíacos que non poderán probar esas tartas de chocolate.

- Por cada persoa que di que todo vai estar peor.... hai 100 mil parellas buscando un fillo: Non din que desas 100 mil, non todas van conseguir ter un fillo provocando unha gran tristeza. Tampouco advirten que moitos deses nenos que han nacer verán dicir que todo vai estar moi mal.

- Para non facelo máis extenso remataremos ca última frase: Por cada arma que se vende no mundo... 20 mil persoas comparten unha coca-cola: Iso non o cren nin eles.........

PD: Unha última aportación que se debería incluir no video: Cada vez que se escoita este anuncio de coca-cola, os de oasis coa súa canción whatever se forran un pouquinho máis. XD

Dito o dito, sede felices e ledos.
Nos vemos, ata a próxima.
Saúde e Sorte

sábado, 8 de enero de 2011

Breve comentario a cousas que pasan

Empezamos o ano no mundo do blog cunha nova serie de artigos (en principio) que consiten en breves comentarios a determinadas situacións que observo se producen no mundo dos torpes humanos.

Pois o primeiro destes temas a tratar, o cal se me ocorreu vendo a sitcom "How i met your mother", versa sobre a situación social que se produce en determinadas ocasións cando un dos integrantes dun determinado grupo de amigos por calquera razón, voluntaria ou involuntaria (como por exempo: estudios, resfriados, gripes, nugalla, torpezas varias, etc.), non pode asistir a un concreto plan o que acuden todos os seus amigos. É dicir, non pode sair, ir tomar algo con eles, ou incluso unha mera reunión, etc (calquera plan o que vaian todos ou case todos menos un mesmo).

(*O exposto non xurde en todos os casos, pero si con certa frecuencia)
Sucedido o expresado anteriormente, esta persoa (chamada o blitz na serie mencionada e a el nos referiremos con ese nome a partir de aqui) que non puido ou quixo asistir se atopará cunha serie de curiosas circunstancias que lle levarán a sentirse marxinado:

- 1º: A primeira mítica frase que vai escoitar será: O que te perdiches!!!!! bufff!!: Isto xa che produce un certo sentimento de marxinalidade. (Tamén é verdade que en outras moitas ocasións escoitarás: non te perdiches nada!!!. Sen embargo non soe ser veradade porque algún curioso detalle sempre te perdes, pero nada importante)

- 2º: Posteriormente, o blitz empezará a escoitar gracietas e frases que non entende, pero que a todos os seus amigos lles fai moita gracia e non paran de repetir. (nunca as chegarás a entender de verdade, posto que non fuches participe da mesma).

- 3º: Os teus amigos fianalmente contanche con todo luxo de detalles o acontecido ese día, ensalzando tan extraordinaria vivenza. (Fastidio total no blitz)

Chegados a este último punto, o blitz non lle queda outra que resignarse e tentar non perderse moitas máis detas situacións. Sen embargo, o Blitz sabe que o seu é contaxioso, e que a próxima vez sucederá algo grandioso estando él e faltando outra persoa, a cal pasará a ser o novo Blitz

Como isto se está facendo moi longo, unha última cousa:
** A continuación un video que resume isto mesmo (está en inglés, pero non dubido do voso inxenio: sei que o entenderedes. XD)



Isto é todo. Me quedou o final unha versión medio monologuística que nin de broma pretendía. jeje. Que vos parece o tema?? algunha vez fostes Blitz?? Vos sentides identificados??

Ata a próxima. Saúde e sorte.

sábado, 18 de diciembre de 2010

Sesión de Risoterapia en clave musical (5)

Recuperamos para o caso unha nova sección que se topaba bastante no olvido. Fai falla bo ambiente e espero que se consiga cos videos que se van mostrar a continuación: Trátase, nesta ocasión, de videos ou cancións de rock ou metal escritas e interpretadas en clave de humor:

- Muchachada Nui: Soy Heavy


- Tenacius D coa colaboración dun grande: DIO - Kickapoo


- El Reno Renardo - Creí en los ochenta: Humortístico recorrido polos anos 80


- A continuación venhen unha serie de versións, sempre en clave de humor, evidentemente. XD:
-- Operación mutatente - Los mutantes van al infierno (cover: Baron Rojo - Los rockeros van al infierno):


-- Heredeiros da Crus - Vaiche boa (cover: The Knack - My sharona)


-- Siniestro Total - Corta o pelo landrú (cover: Cream - Sunshine of your love)


-- Los Berzas - Yo amo el Jamón (Cover: Joan Jett & the Blackhearts - I Love Rock N Roll )


-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Isto é todo por hoxe. Espero que vos guste, ou polo menos vos chame a curiosidade.jeje

Ata a próxima. Saúde e sorte.

sábado, 5 de junio de 2010

Sesión de Risoterapia (4)

Despois dunha pequena tempada ausente por motivos laborais, voltamos co Humor, cunha sesión de Risoterapia relaxante e divertida que pretende arrancar algún que outro sorriso. Espero que o consiga. je:

1º. Buenafuente: Grandes entrevistas:





2º Se lo que hicisteis: Pequenas cousas que non molan





3º El Intermedio: Noticias e Chuck Norris






4º El Informal: El Doctor Bocaaagua e John Lennon:




5º La Hora de Jose Mota: De Niro e Pacino


6º Muchachada Nui: Bonorrrr


7º El Hormiguero: Teletenda Internacional

(Non me gusta o Hormiguero nada, pero isto fíxome gracia)


Parece que me quedou un pouco longo. así compenso a ausencia. jeje.
Espero que vos riades, que sempre é san.

Ata a próxima. Saúde e Sorte.

viernes, 2 de abril de 2010

Contido Orixinal

Aqui vos deixo a última gran superproducción, feita coa colaboración dos distintos Senhores. jajajaja.

Son videos que serven, básicamente, para rirnos de nos mesmos, pois son unha tontería froito dunha tolemia ilustrada. jeje.

-Presentase: Districto Silled 9


Tamen existen Outras Grandes superproduccións da mesma compañía:

-Mafiados


-Alguien voló sobre silled Island



Ata aqui o contido orixinal da semana. Espero que vos guste e vos faga rir. jajajaja.

Ata a próxima. Saúde e Sorte.

jueves, 25 de marzo de 2010

Sesión de risoterapia 3

Esta vez trátase dos consellos e análises que nos traen o programa Se lo que hicisteis en forma de Sketch. Me Parecen uns grandes cómicos e creo que cada vez deberían prescindir máis da prensa do corazón cambiandoo por Sketches.

A ver que vos parecen. Escollin alguns que son curtos e que me pareceron moi cómicos e barrenados. je. Espero que vos guste:

- "Pequeñas Cosas que no molan"





- "Terapia de Parejas"



- "Curso para reporteros"





Isto é todo. Para máis información e videos ver o programa ou mirar en internete.

Espero que vos gustara e vos sacara unhas risadas, que son boas para a saúde. Hai que rir máis para vivir mellor.

Ata a Próxima ocasión. Saúde e Sorte.

sábado, 13 de marzo de 2010

Outra sesión de risoterapia

Esta vez trátase de monólogos que me resultaron simpáticos, ainda que hai moitísimos máis. Posto que hai moitos vou ponher só algúns, máis que nada ca finalidade de non cansar, xa que son un pouco longos. Os hai mellores e vou prescindir de moitos famosos que xa conhecedes (buenafuente, berto, agustin jimenez, Florentino Fernandez, etc).

A ver que vos parecen, excuse moi polos videos longos e se a alguén lle aburren ou non lles gustan, pero creo que están moi ben:

- Luis Piedrahita nos fala de algo co que nos podemos sentir identificados: Os Pixames


- Ricardo Castella nos introduce no mundo dos preservativos:


- Angel Martín reflexiona sobre o exército.

(video da 1º parte, se interesa podedes darlle a 2º)

- Dani Mateo busca un sentido para as ceas de ex-alumnos


- Ernesto Sevilla define a amizade

(video da 1º parte)

Isto e todo por hoxe. A ver se vos fai rir como me fixeron rir a min. Son un pouco longos.... pero estan moi ben.

Ata a Próxima. Saúde e Sorte

jueves, 17 de diciembre de 2009

O Humor. Un pouco de risoterapia.

O Humor é unha forma de entretemento e de comunicación humana, que ten a intención de facer que a xente sexa feliz e ría.
A continuación sesión gratis de risoterapia (técnica psicoterapéutica que pretende producir beneficios mentais e emocionais por medio da risa), ou non, xa que non ten porque facer gracia (Hai xente ingraciada. jajaja):A ver se tedes sentido do humor para ver todo isto:

-- A mellor forma de facer un contrato:


-- O intrigoso chiste máis gracioso do mundo por Monty Python:


-- A Forma máis torpe de ligar por woody allen:



-- Tipos de locutores de futbol por martes y trece:


-- Como é a Guerra por Gila:


-- O mellor actor do mundo para o informal:


-- El cabo del miedo por cruz y raya:


Para Rematar un pouco de seriedade humorística:
Extra: Chaplin serio: Discurso de O Gran dictador:



Sesión de risoterapia finish: Esperemos que vos gustarán os videos, se é que alguén os viu todos.
Viva o humor.

O Senhor da Z

sábado, 21 de noviembre de 2009

Promesa Cumplida: Crepúsculo: Luna Nueva

Ola a todos,
como xa mencionei no comentario do filme Millenium 2, os peores augurios se confirmaron e decidistes ir ver crepúsculo, ou o que é o mesmo, nhonhería mezclada con seres mitolóxicos para adolescentes.

Non sei o que opinaría o señor da xe (o cal dirá que non lle gustou pero sí, jajajajaja), pero na minha opinión tanto amorío de principio a fin me agotou un moito (ou máis, jajajaja).

Espero que decidades non ir ver a terceira ou cuarta.

Agora non quero destapar a seguinte entrega, pero que se lle vai facer: é mellor que non leades esta parte, jaajajaj.

Ben, pois dito isto, na terceira película os protagonistas casanse e tenhen a Blade de fillo (Isto explica que Blade poida estar á luz e brille na oscuridade). Na Cuarta película contarán como botan a Blade da casa, o que explicará a súa comprensible manía hacia os vampiros.

A continuación vos mostrarei unha escena onde se ve como os protagonistas abandonan o pobre Blade no medio dun monte mentres siguen ca súa intragable nhonhería.


Aqui podedes ver o pobre Blade abandonado, mentres os seus enamorados pais lle ignoran co fin de seguir o seu romance sen fin.

Con este final alternativo remato este artígo. Espero que vos guste máis que o orixinal e así o poderemos mandar a positivar. jajaja.

un saúdo,

O Senhor da Z

sábado, 7 de noviembre de 2009

Que opinión vos merece o filme millenium 2.

Para o meu gusto a película transcurre moi lentamente, como se en ocasións deran ganas de darlle para adiante cun mando a distancia.
Me parece que o suspense transcorre lentamente, en ocasións quitandollo.
en definitiva: Seguramente gran libro (polo que tenho entendido)

Cal é a vosa opinión do filme?

Proximamente, Crepúsculo. jajajaja. (seguro que queredes ir vela).