BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z
Mostrando entradas con la etiqueta Intimista. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Intimista. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de mayo de 2012

Estúpidos interrogantes

- ¿Sonhamos cando vivimos ou vivimos cando sonhamos??
 
- Se toda persoa ten a súa media naranxa, ¿¿tamén ten o seu medio limón, mandarina, plátano ou kiwi??

- ¿¿Estamos sos no universo ou cada persoa é un universo??

- Se o ser humano se supón intelixente, ¿por qué se namora?? - ¿¿Pode ser o doado compricado e o compricado doado??

- ¿¿As persoas crean as modas ou as modas crean as persoas??

- ¿¿Por qué a xente se resgarda da choiva o día que vai a unha festa de espuma?? (Seguro que pasou)

- ¿Por qué "todo xunto" se escribe separado e "separado" se escribe todo xunto?


A contestar queridos lectores!!

Ata a próxima. Saúde e Sorte

jueves, 1 de marzo de 2012

Retrato de Sensacións

- O día que vivín en dous mundos diferentes -


1
Unha noite de verán, nin frio nin calor, brisa agradabel e unha brillante lúa vivín en dous mundos. Esa noite non había luz con motivo dun apagón, polo que unha xenial idea resultou ser ir a praia.
A lúa me proporcionaba toda a iluminación necesaria para disfrutar da paisaxe, o silencio me deixaba escoitar o agradable son que producía o bater das olas contra a fina area, e a cualidade de flexionar as pernas me permitiu sentar e acadar unha cómoda posición.
Nese efémero intre, permanecín nun mundo onde predominaba a calma, a beleza e despreocupación. Agradabel.

2
Repentinamente, o apagón cesa e a luz artificial volve camuflar á luz natural. Un estrondoso camión recolledor de basura chega a cumprir o seu cometido.
Como se o despertar dun sonho se tratase o mundo de calma, despreocupación e beleza troca polo mundo cotián e máis real: o da preocupación, a superficialidade e o estrés.
Dous mundos iguais pero distintos.
A decisión se fai clara: A durmir para seguir sonhando...............

FIN



PD: Estou a investigar o mundo da cursilería porque hai que saber de todo neste mundo e pode ser útil nun futuro. XD
Esto é o suficientemente cursi como para resultar moi desagradable á lectura??
Opinade!!!

Ata logo, logo
Saúde e Sorte

miércoles, 11 de enero de 2012

Berrando en silencio

O senhor da Z se atopa especialmente ocupado decidindo entre a súa existencia ou inexistencia. Reunido coa súa conciencia, os seus pensamentos e o seu subconsciente ainda non chegou a unha decisión sobre o particular.

A situación actual pode definirse musicalmente da seguinte maneira:

"lamentas con miradas
o que non se pode nin explicar
o que non gardaches
porque ao non ser o esperado
non quixeches nin arquivar
nin un so momento
nin un segundo odiado
de este amor impuro e agotado
enfermo e delicado
pequeno e despistado
que se apaga
Este Blog se apaga
como se apagan os latidos dun amor
como terminan as cancións que non acaban
este blog....... se apaga"

Tomado e adaptado desta canción:


So se están a barallar as seguintes opcións que paso a detallar musicalmente:
1º- opción:
"Enterrar un final
regresar con valor
soportar un adeus
aceptar sen rencor
comprender a razón
caminhar con honor
Resucitar?......."

Adaptado de:


2º- opción:
"O tempo fácil xa terminou
Un novo reto debo enfrontar
Meu caminho debo continuar
Sombrío é o traxecto que afrontar.
Por moito que poida buscar
Non podo regresar
Medo a continuar
Incerto é o final
Atrás quedou o pasado, paraíso perdido
xa nunca serás meu
Tan lonxe deixo o froito do edén
Paraíso perdido, nunca mais volverei"

Adaptado de :



Dende un presente vital e ata un incerto futuro se despide polo de agora o senhor da Z, deliberando sobre se seguir contribuíndo a mediocridade nun mundo dominado por isto mesmo.
Gran ano 2012 para tod@s!!
Ata a próxima!!

Saúde e Sorte

viernes, 11 de noviembre de 2011

Breves reflexións inútiles porque sí! (2)

Aqui me tedes outro artigo máis, de novo probando a "blogimprovisación" e coa mesma absurda idea de escribir por escribir co afán de que algunha vez poida xurdir do meu maxín algo interesante e a vez intelixente cunha (gran ou pequena) carga de humor. Dende logo tarefa difícil e inimaxinable vindo de min. Pero como o que se trata é dunha breve reflexión inútil, si que me vexo capacitado para redactar neste inútil e torpe sentido.

Coma sempre, comezo por escribir o primerio que venha, e no único que podo pensar e que fora chove e posiblemente vai frío, un leve vento impele as pingas de choiva que con certa suavidade van batendo contra a miña fiestra, o que provoca en min, o estar nun lugar quente e nunha situación de relax, unha certa sensación de benestar, unha especie de calafrío ou arreguizo agradable.
Ante esta idílica situación e para axudar a forzar a minha mente, decido adoptar a famosa posición do pensador de Rodin

Esta imaxe non da fe, por suposto, da minha intelixencia ó reflexionar. Calquera primate, dende logo, ten moita máis intelixencia e faría, sen dúbida, un artigo moito máis interesante, polo que me da que pensar que podo estar ofendendo: Pido disculpas aos primates que lean isto e se poidan sentir ofendidos por utilizar a sua imaxe para reproducir o meu irrelevante e aburrido pensar.

Representada a situación e tras un anaco na posición do pensador, observo, nunha mesa, a roupa pendente de pasarlle o ferro, e nese instante acendese a minha luz e me ven a ansiada reflexión inútil:
por qué os seres humanos temos unha capacidade innata para complicarnos¿¿??
Un exemplo: vendo a roupa, ¿se pode saber quen foi o que ordeou que a vestimenta deba ir perfectamente planchada?? Que poría de moda iso?? Se o que estivera ben visto fora levar a roupa engurrada non creedes que aforraríamos unha insidiosa actividade. Dende logo ganhariamos unha gran cantidade de tempo para invertir noutras cousas.

Xúrdeme, para finalizar, outra reflexión: Imaxinando que levar a roupa engurrada fora o correcto, seguramente os movementos contracultarais coma os hippies, o grunge ou o punk serían moi distintos: Os hippies non se lavarían, pero as túnicas e os ponchos os terían que levar perfectamente planchados.
O mesmo pasaría no movemento grunge ou no punk, en lugar con escachar a indumentaria, abondaríalles con pasarlle o ferro á roupa. Sería un curioso cambio.

Seguiría coas reflexións inútiles sen fundamento, pero a posición do pensador, ainda que poida parecer o contrario, acaba cansando (Pensamento na mente: máis ca posición, o que agota é pensar, pero lle botarei a culpa a posición.), polo que vou rematando xa o artigo.

Agora so queda que exponhades as vosas absurdas ou coherentes impresións, as cales coma sempre, a elección do querido lector.

Nos vemos algún outro día, se volvo escribir.
Abur
Saúde e Sorte

viernes, 21 de octubre de 2011

Breves reflexións inútiles porque sí!

A reflexión de hoxe trata de como escribir algo sen saber sequera de que redactar.
Coa fin de innovar trato de escribir por escribir a ver que acontece. Non é doado, pero hai que probar a "blogimprovisación", termo acunhado na I conferencia interpersoal da minha imaxinación na que estiveron presentes eu e os meus pensamentos, xunto con un boneco do Deportivo e unha guitarra eléctrica personalizada.

Aqui estou, sentado diante dunha patalla de ordenador e dandolle os dedos que danzando polo teclado van marcando ao chou as teclas que van representar unha reflexión sen pensar.
Ante a falta de ideas decido pechar os ollos e rubricar brevemente o 1º que me venha á testa.
.................... non se escoita nada ...............................
..................... so hai silencio .........................................

Horas máis tarde esperto, ¿Quedei durmido? Eso parece, o meu brazo tamén semella que quedou durmido grazas a soportar o peso da minha cabeza. Mentres recupero a sensibilidade no brazo, penso que agora si tenho para escribir, ¡podo contar o que sonhei!!............ ¿Que soñei?............ Non me lembro, é dicir, que seguimos na mesma, hai que seguir improvisando e o único que me ven á mente é o formigueo que sinto no brazo agora mesmo con motivo da soneca botada, ¿tema interesante para falar del?........... Creo que non.

Escribindo por escribir e sen ningún guión precedente nin idea preconcebida me acaba de chegar, ¡ ao fin !, a Reflexión: Cando se quere atopar algo ou dicir algo nun momento determinado, non se che ocurre nin atopas nada nese intre no que fai falta, pero si o atopas ou te inspiras nun momento posterior, no que xa resulta de todo inútil e no que pensas: "Por qué non encontrei isto cando facía falla?" ou por qué non se me ocorreu dicir isto nese momento?".........

¿Por qué sucede isto?..... Non o sei......... ¿Solución a este tema? Saber improvisar ou crear unha máquina do tempo (Se o facedes, por favor amosádema).
¿Ten esta reflexión algunha base filosófica ou algunha utilidade? Nin a máis mínima, polo que se pode concluír que todo isto é un absurdo curioso. Benvidos o día do absurdo!!

Chega o momento de facer unha aclaración: Non me volvin tolo nin se me foi a cabeza. Tampouco estou bébedo nin baixo a influencia de ningunha sustancia psicotrópica.
Este artigo foi froito da pura improvisación, sen máis.
Ser o paradigma da torpeza provoca que salgan estas letras escritas unhas tras outras, sen ningún sentido, finalidade nin interese, pero había que probar, e penso que está quedando concretamente abstracto, quizais un pouco raro, intimista á par que extranho.
Non me fagades a rosca e decídeme que este artigo é unha tontería rara. (Podedes facelo jeje), e dade unha opinión do que queirades, absurda ou coherente, iso xa o deixo a elección do querido lector.

Nos vemos algún outro día. Pasádeo ben.
Saúde e Sorte

viernes, 11 de febrero de 2011

Pesimismo con humor

Fai algun tempo vin unha parodia do anuncio de coca-cola 2011 feita no programa de Buenafuente que me gustou moito sobre todo polo crítico humor co que está expresado:
Vos deixo a continuación os dous videos por se non os vistes:






Visto isto, agora farei a miña aportación personal, unha breve e humorística observación sobre as cousas positivas resaltadas no video de Coca-cola: Queren facer algo optimista, pero iso tamen se pode convertir en pesimista (ainda que se podería facer con todo o spot, ponherei so uns cantos exemplos, para non alargar en exceso un artigo que pretendo entretido):

- comeza o anuncio dicindo que por cada tanque que se fabrica no mundo... se fabrican 131 mil peluches: o que non din e que estes peluches se fabrican explotando miles de persoas (nenos e adultos)

- por cada muro que existe... ponhense 200 mil tapetes de "Benvido": O que non din é que 150 mil destes tapetes serán roubados e a totalidade manchados ata non distinguir a palabra benvido.

- Mentres un científico disenha unha nova arma.... Hai un millón de nais facendo un pastel de chocolate: o que non din é que se producirá a tristeza en moitos nenos celíacos que non poderán probar esas tartas de chocolate.

- Por cada persoa que di que todo vai estar peor.... hai 100 mil parellas buscando un fillo: Non din que desas 100 mil, non todas van conseguir ter un fillo provocando unha gran tristeza. Tampouco advirten que moitos deses nenos que han nacer verán dicir que todo vai estar moi mal.

- Para non facelo máis extenso remataremos ca última frase: Por cada arma que se vende no mundo... 20 mil persoas comparten unha coca-cola: Iso non o cren nin eles.........

PD: Unha última aportación que se debería incluir no video: Cada vez que se escoita este anuncio de coca-cola, os de oasis coa súa canción whatever se forran un pouquinho máis. XD

Dito o dito, sede felices e ledos.
Nos vemos, ata a próxima.
Saúde e Sorte

domingo, 5 de diciembre de 2010

Outro punto de vista

Todos conhecemos (é de suponher) a historia bíblica sobre Caín e Abel. Temos preconcebida unha idea sobre esta historia. Sen embargo, pódese observar dende outro punto de vista que pode diferir do preconcebido.

Esta idea xurdiulle os componhentes de Baron Rojo ao componher a canción "Hijos de Caín": Desta maneira, narran cómo Caín foi condenado por un deus déspota e cruel, por rebelarse contra os seus dictados inxustos, contrariamente a Abel, quen, cobarde e incapaz de contrarialo, servíao. Así, Caín rompe coa súa servidume ao rebelarse contra a ley imposta polo deus que o oprimía e fuxir lonxe dos seus dominios, pero paga con iso un precio, pois se enfrenta á persecución, a maldición eterna e o sufrimento, convertíndose así en fuxitivo proscrito. A medida que a sua estirpe, os Fillos de Caín, crece, ésta se ve obrigada a enfrentarse ao estigma, o rechazo e a enemistade por parte dos fillos de Abel, fieles defensores ou coaligados da orden e o poder establecido. Establécese así, a modo de metáfora, unha dualidade entre os que se rebelan e loitan contra as inxustizas e esquemas de opresión da orde establecida, chegando a considerar a súa autoridade ilexítima, e os que se mostran cómodos, ou se identifican con él, reproducindo ou defendendo os valores da ideoloxía dominante do sistema e rexeitando ou estigmatizando aos que o cuestionan abertamente ou desafían.

Canción e letra:
Barón Rojo - "Hijos de Caín"

"La biblia cuenta una historia
que un dios terrible dictó
el drama de dos hermanos
el justo y el traidor.
Abel, mezquino y cobarde
el siervo de su señor
Caín que no entró en el juego
y que se rebeló
Te maldigo
truena la voz de su juez
Padre nuestro
que nos privó del Edén.

Caín rompió con un gesto
su yugo de esclavitud
huyó del ojo implacable
llevó su propia cruz
Perseguido
por quebrantar una ley
que no entiende
y que no cuenta con él

CORO:
Sufrirás, morirás
esta es su voluntad
pero aún hay aquí
hijos de Caín...oh

La estirpe del fugitivo
creció y se multiplicó
el signo que los margina
ya nunca se borró
Te maldigo
claman los hijos de Abel
a la diestra
de su señor el poder.

CORO...

Quizás los hombres seamos
a un tiempo Abel y Caín
Quizás algún día destruya
lo oscuro que hay en mí
El destino
no está marcado al nacer
Yo he elegido
ser lo que siempre seré...
Hijo de Caín
Hijos de Caín"



Pois iso: Toca pensar por un mesmo, sacar propias conclusión e non guiarse polo dito. A Pensar. As cousas non sempre son brancas ou negras.

Un artigo cutre máis dun blog cutre máis. XD. Sei que o tema non da para opinar, polo que non tedes porqué comentar se non vos apetece, nin ponher se está ben ou mal. É simplemente un artigo do blog desmusado.

Ata a próxima.
Saúde e Sorte

sábado, 12 de junio de 2010

Relax

......................... ................................






viernes, 2 de abril de 2010

Contido Orixinal

Aqui vos deixo a última gran superproducción, feita coa colaboración dos distintos Senhores. jajajaja.

Son videos que serven, básicamente, para rirnos de nos mesmos, pois son unha tontería froito dunha tolemia ilustrada. jeje.

-Presentase: Districto Silled 9


Tamen existen Outras Grandes superproduccións da mesma compañía:

-Mafiados


-Alguien voló sobre silled Island



Ata aqui o contido orixinal da semana. Espero que vos guste e vos faga rir. jajajaja.

Ata a próxima. Saúde e Sorte.

sábado, 30 de enero de 2010

Unha das inutilidades que hai no mundo

No mundo hai moitas inutilidades, e unha delas é a Guerra, un invento que non serve máis que para facer dano e onde non hai vencedores, so destrucción.
A guerra pode iniciarse por motivos relixiosos, políticos, económicos...., pero ningún destes motivos me parece xustificación para facer un perxuízo.

- Hai quen loita coa non violencia e se atreve a paralos....

(Apodado Home tanque ou rebelde descoñecido).

- Para finalizar, vou ponher unha canción que ven ao caso: Kasabian: Empire, cun video feito cun ton moi antibelicista que denuncia a estupidez da guerra e o absurdo que é morrer enganado con falsas razóns pola tua "patria" mentres quenes ordenan as guerras están cómodamente sentados, ben vestidos e impecables, nun lugar seguro. O videoclip finaliza cunha frase en latín:

"Dulce et decorum est pro patria mori"

Traducida significa “Dulce e decoroso é morrer pola patria”, o cal pon ainda máis de manifesto o idiotas que son as guerras, tras manifestar no resto do video o inxustas e sen sentido que son.


Pois iso, NON Á GUERRA que non nos fai falla.

Abur. Saúde e Sorte

sábado, 9 de enero de 2010

Historias Animadas

Toca falar de gratos recordos infantiles (e non tan infantiles): Me estou referindo as series que esperabamos con gran alegría de pequenos, e seguimos esperando agora de adultos pequenos.jajaja. Esos debuxos que a tantos nenos e adultos fixeron pasar tantos bos ratos (e seguen facendo pasar).


Numerosas series como Saint Seiya (caballeros del zodiaco),Dragon Ball, Ranma 1/2, Capitán Tsubasa (oliver e benji), Chicho Terremoto, Dr. Slump (Arale), Mazinguer Z, Heidi, Marco, Doraemon, Bleach, Evangelion, Naruto, Full Metal Alchemist, Prince of Tennis, Los Simpsons, Padre de Familia, etc, etc........ (So por citar algúns, xa que Poderíamos botar todo o día).
Series como estas, Fixeron e fan disfrutar a millóns de nenos, adultos e anciáns.

Grandes recordos gardo de elas, e espero seguir disfrutando durante moito tempo.

Non me negaredes que non esperabades ansiosos por aqueles minutinhos de divertimento. je


Entretemento, humor , e flashbacks o azar que nos fan pasar un bo rato. jajajaja

Podería botar todo o día falando do tema, jeje, pero pararei para non facerme excesivamente pesado.

Espero que disfrutarades tanto coma min destas series (Suponho que si. jajaja) e sigades disfrutando, se pode ser ca ilusión dun neno, jejeje (ainda que esto seguro que xa se perdeu, por desgraza.)

Espero que vos gustara, recordarades e vos fixera dar unha volta ata a infancia (ou ata fai tres días, posto que hai series moi recentes. jejeje).

Saúde e Sorte.