BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

martes, 26 de junio de 2012

The last Blog



A última canción

"Mirando as estrelas ata que desaparecen 
Ao igual que un actor solitario 
Quen non sabía a historia na que estaba? 
Quen non sabía que a historia terminaría? 

Como o ceo reflexado no corazón 
Todas as cores se fan visibles 
Cando a mañá chegue leerei minha ultima linha 

Abracei a choiva sen fin e a noite se fixo día 
Saudei ó alba co corazón ainda empapado 

Nunha choiva sen fin estiven camiñando 
Sentindo dor coma un poeta 
Tratando de atopar as respostas 
Tratando de ocultar as bágoas 

Pero foi so un ciclo que nunca termina 
Cando a choiva se deteña,cambiarei de páxina 
a páxina do primeiro capítulo 

 solo me estou fereindo e ferindoos debín entender a resposta 
Por qué todavía pregunto?? 
 (...) 
 Me trabuco o desexar que a noite non termine??
 pero sei que non me trabuco o cantar a última canción 
porque sempre desaparece 

Mirando o ceo na noite me dou de conta 
os nosos recordos desaparecen pouco a pouco 
 (...)
Cando a mañá chegue
 Irei o próximo capítulo"



                                       Fin


 



O Final


"Esta é a fin fermosa amiga
esta é a fin miña única amiga,
a fin

Dos nosos elaborados plans, a fin
de todo o que se mantenha en pe, a fin
sin seguridade ou sin sorpresa, a fin".





                                                         This is the end
                                                

miércoles, 2 de mayo de 2012

Estúpidos interrogantes

- ¿Sonhamos cando vivimos ou vivimos cando sonhamos??
 
- Se toda persoa ten a súa media naranxa, ¿¿tamén ten o seu medio limón, mandarina, plátano ou kiwi??

- ¿¿Estamos sos no universo ou cada persoa é un universo??

- Se o ser humano se supón intelixente, ¿por qué se namora?? - ¿¿Pode ser o doado compricado e o compricado doado??

- ¿¿As persoas crean as modas ou as modas crean as persoas??

- ¿¿Por qué a xente se resgarda da choiva o día que vai a unha festa de espuma?? (Seguro que pasou)

- ¿Por qué "todo xunto" se escribe separado e "separado" se escribe todo xunto?


A contestar queridos lectores!!

Ata a próxima. Saúde e Sorte

miércoles, 4 de abril de 2012

Acontecementos existenciais

Turno para un artigo sinxelo, un monólogo que me pareceu grandioso. Se trata dunha comparativa entre o ligoteo en Espanha e EE.UU. A mítica, idealizada e facilísima forma norteamericana contra a vulgaridade, a dificultade e a torpeza da forma espanhola.

A continuación vos deixo o xenial monólogo (a parte de xenial, moi ben interpretado por Goyo Jiménez), pero antes tamén resaltaría que se a forma espanhola é torpe e dificultosa, que se podería dicir da forma de ligar galega?? o que se pode converter nunha auténtica misión imposible. XD
Debemos reconhecer que como galegos, sempre con excepcións, non sabemos ligar (tanto homes coma mulleres) posiblemente debido o habitual emparellamento voluntario dende idades tempranas e a duración das relacións (superando lustros). É coma se sabendo da dificultade agarrásemos para non soltar nunca XD. Somos outra cultura diferente neste aspecto.

En fin, o monólogo en cuestión:



Isto é todo xente. Ata a próxima ocasión.
Saúde e Sorte

domingo, 18 de marzo de 2012

A música en galego (II)

Interesándome coma sempre pola escea musical galega e en galego, debo volver a realizar unha 2º parte deste artigo (recorda a 1º parte pulsando aqui: A música en galego tamén ten que ser posible) .

- Quero comezar facendo unha merecidísima homenaxe a un gran loitador durante toda a súa vida:
Suso Vaamonde: Un dos mellores cantautores en galego. Seguro que todos conhecedes a Serrat, Sabina, Lluis LLach, etc e poucos, a pesares de ser galegos, tedes conciencia deste grandísimo galego que sempre loitou pola súa terra e cultura:



- É o turno dun grupo que mistura folk e música tradicional galega. A Quenlla.
Aqui nos deleitan cunha canción homenaxe a unha das máis grandes obras da literatura galega: "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas.
O video tamén contén unhas ilustracións doutro grande:Isaac Díaz Pardo (outro dos grandes galegos para os que toda homenaxe se fai pouco).


- Seguimos co polifacético Antón Reixa e os Resentidos: Con un tema que a pesar dos seus anos, podería estar ata de actualidade, Os Resentidos (anunciaron a súa volta polo seu 30 aniversario) sempre pioneiros, en galego e co seu tolo humor:


- Vindo máis cara a actualidade e cos novos sons quero destacar a un gran músico. Un dos de verdade: Estou a falar de Xoel López: un artista que se consagrou co grupo Deluxe e cun estilo indie acadou a conquista de todo o territorio nacional. Na súa cúspide con Deluxe decide desmontar o grupo, irse a américa do sur e comezar de novo na procura de novos sons. Gardo un grandísimo respeto cara este gran músico. Ben é certo que se manexa habitualmente en Castelán e incluso inglés. No obstante aqui nos deleita coa súa versión do poema de Álvaro Cunqueiro " O niño novo do vento"


- Se hai un grupo íntegramente en galego e que destaca polo seu empenho e a súa actividade eses son Ruxe-Ruxe e o seu rock galego. O grupo máis activo na nosa lingua que podo conhecer.
Vou destacar dúas cancións deste grupo: A 1º unha canción que me gusta como empregan o son da gaita e a integran na cación. A 2º quero destacala pola calidade do videoclip, que lles levou a unha candidatura para os premios Mestre Mateo do audiovisual galego.



- Para non alongarme máis vou finalizando cuns grupos actuais de distintos estilos pero con cancións en galego:
O metal de Nao:


Un grupo de rap e metal famoso a nivel nacional: Def Con dos


Di elas co afamado actor galego Luis Tosar á cabeza:


Kastomä e o seu rock con letras inspiradas no rural.



Cal ou cales vos gustan máis??? A opinar!!

Ata a próxima. Saúde e Sorte

martes, 13 de marzo de 2012

Debuxo dun futuro sombrío

Conhecendo as preocupantes cifras de paro actual, quero destacar o desemprego xuvenil e a situación que se pode producir nun sombrío futuro a curto prazo onde, a pesares de conseguir unha das xeracións máis preparadas da historia neste país, a xuventude non acadará o emprego para o cal se prepararon e estudaron.

A consecuencia que se presinte pode ser a seguinte:



Ata a próxima. Saúde e sorte

jueves, 1 de marzo de 2012

Retrato de Sensacións

- O día que vivín en dous mundos diferentes -


1
Unha noite de verán, nin frio nin calor, brisa agradabel e unha brillante lúa vivín en dous mundos. Esa noite non había luz con motivo dun apagón, polo que unha xenial idea resultou ser ir a praia.
A lúa me proporcionaba toda a iluminación necesaria para disfrutar da paisaxe, o silencio me deixaba escoitar o agradable son que producía o bater das olas contra a fina area, e a cualidade de flexionar as pernas me permitiu sentar e acadar unha cómoda posición.
Nese efémero intre, permanecín nun mundo onde predominaba a calma, a beleza e despreocupación. Agradabel.

2
Repentinamente, o apagón cesa e a luz artificial volve camuflar á luz natural. Un estrondoso camión recolledor de basura chega a cumprir o seu cometido.
Como se o despertar dun sonho se tratase o mundo de calma, despreocupación e beleza troca polo mundo cotián e máis real: o da preocupación, a superficialidade e o estrés.
Dous mundos iguais pero distintos.
A decisión se fai clara: A durmir para seguir sonhando...............

FIN



PD: Estou a investigar o mundo da cursilería porque hai que saber de todo neste mundo e pode ser útil nun futuro. XD
Esto é o suficientemente cursi como para resultar moi desagradable á lectura??
Opinade!!!

Ata logo, logo
Saúde e Sorte

miércoles, 11 de enero de 2012

Berrando en silencio

O senhor da Z se atopa especialmente ocupado decidindo entre a súa existencia ou inexistencia. Reunido coa súa conciencia, os seus pensamentos e o seu subconsciente ainda non chegou a unha decisión sobre o particular.

A situación actual pode definirse musicalmente da seguinte maneira:

"lamentas con miradas
o que non se pode nin explicar
o que non gardaches
porque ao non ser o esperado
non quixeches nin arquivar
nin un so momento
nin un segundo odiado
de este amor impuro e agotado
enfermo e delicado
pequeno e despistado
que se apaga
Este Blog se apaga
como se apagan os latidos dun amor
como terminan as cancións que non acaban
este blog....... se apaga"

Tomado e adaptado desta canción:


So se están a barallar as seguintes opcións que paso a detallar musicalmente:
1º- opción:
"Enterrar un final
regresar con valor
soportar un adeus
aceptar sen rencor
comprender a razón
caminhar con honor
Resucitar?......."

Adaptado de:


2º- opción:
"O tempo fácil xa terminou
Un novo reto debo enfrontar
Meu caminho debo continuar
Sombrío é o traxecto que afrontar.
Por moito que poida buscar
Non podo regresar
Medo a continuar
Incerto é o final
Atrás quedou o pasado, paraíso perdido
xa nunca serás meu
Tan lonxe deixo o froito do edén
Paraíso perdido, nunca mais volverei"

Adaptado de :



Dende un presente vital e ata un incerto futuro se despide polo de agora o senhor da Z, deliberando sobre se seguir contribuíndo a mediocridade nun mundo dominado por isto mesmo.
Gran ano 2012 para tod@s!!
Ata a próxima!!

Saúde e Sorte