BENVIDOS
Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --
-- Grazas pola Visita --
ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS
NO ESPAZO DO SENHOR DA Z
Últimos artigos publicados
domingo, 25 de julio de 2010
25 de Xullo: Día da Patria Galega
Saúdos, hoxe como 25 de xullo celébrase o día da Patria Galega, asi que verei que se pode escribir sobre o tema.
Historia:
As orixes desta celebración remóntanse a 1919, data na que se xunta en Santiago de Compostela a Asemblea das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte.
Durante a ditadura franquista, as sociedades galegas da emigración continúan esta convocatoria, e na Galiza o galeguismo concéntrase ó redor da tradicional misa por Rosalía de Castro na igrexa de San Domingos de Bonaval. Amais, durante esta época o día institucionalízase como festa oficial en toda España, baixo o nome de Día do Patrón de España, cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país.
En 1968 volveuse celebrar de novo, cunha manifestación na Alameda de Compostela. Serán o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG) os que se manifesten de forma clandestina para conmemorar o Día Nacional de Galicia que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e coa entrada na democracia seguíronse a prohibir as manifestacións da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e BN-PG, xermes do actual Bloque Nacionalista Galego. Até mediados dos anos oitenta non foi permitida a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo na capital galega. Actualmente os diferentes partidos nacionalistas da Galiza seguen a convocar manifestacións para ese día, baixo a denominación de Día da Patria, nas cales fan reflexións no tocante á situación política galega.
Cabe destacar o ano 1948, cando o presidente do Consello de Galiza no exilio, Castelao, pronuncia o seu famoso e emotivo discurso Alba de Groria no Centro Galego de Buenos Aires.
Alba de Groria é un coñecido discurso de Castelao co gallo do Día da Patria Galega de 1948 en Bos Aires.
Dadas as circunstancias históricas nas que se fixo —posguerra civil, exilio do galeguismo— e a talla histórica do seu autor, a significación deste discurso vai máis alá da celebración dun 25 de xullo concreto senón que é visto polo nacionalismo galego coma probablemente o documento que mellor reflicte as aspiracións e ideais deste movemento.
A primeira frase do discurso, Se no abrente deste día úsase entre nacionalistas tanto para referirse a este texto coma para referirse en xeral ós anceios do nacionalismo galego.
Isto é todo amigos, Saúde e Sorte
Suscribirse a:
Entradas (Atom)