BENVIDOS
Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --
-- Grazas pola Visita --
ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS
NO ESPAZO DO SENHOR DA Z
Últimos artigos publicados
domingo, 25 de julio de 2010
25 de Xullo: Día da Patria Galega
Saúdos, hoxe como 25 de xullo celébrase o día da Patria Galega, asi que verei que se pode escribir sobre o tema.
Historia:
As orixes desta celebración remóntanse a 1919, data na que se xunta en Santiago de Compostela a Asemblea das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte.
Durante a ditadura franquista, as sociedades galegas da emigración continúan esta convocatoria, e na Galiza o galeguismo concéntrase ó redor da tradicional misa por Rosalía de Castro na igrexa de San Domingos de Bonaval. Amais, durante esta época o día institucionalízase como festa oficial en toda España, baixo o nome de Día do Patrón de España, cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país.
En 1968 volveuse celebrar de novo, cunha manifestación na Alameda de Compostela. Serán o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG) os que se manifesten de forma clandestina para conmemorar o Día Nacional de Galicia que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e coa entrada na democracia seguíronse a prohibir as manifestacións da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e BN-PG, xermes do actual Bloque Nacionalista Galego. Até mediados dos anos oitenta non foi permitida a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo na capital galega. Actualmente os diferentes partidos nacionalistas da Galiza seguen a convocar manifestacións para ese día, baixo a denominación de Día da Patria, nas cales fan reflexións no tocante á situación política galega.
Cabe destacar o ano 1948, cando o presidente do Consello de Galiza no exilio, Castelao, pronuncia o seu famoso e emotivo discurso Alba de Groria no Centro Galego de Buenos Aires.
Alba de Groria é un coñecido discurso de Castelao co gallo do Día da Patria Galega de 1948 en Bos Aires.
Dadas as circunstancias históricas nas que se fixo —posguerra civil, exilio do galeguismo— e a talla histórica do seu autor, a significación deste discurso vai máis alá da celebración dun 25 de xullo concreto senón que é visto polo nacionalismo galego coma probablemente o documento que mellor reflicte as aspiracións e ideais deste movemento.
A primeira frase do discurso, Se no abrente deste día úsase entre nacionalistas tanto para referirse a este texto coma para referirse en xeral ós anceios do nacionalismo galego.
Isto é todo amigos, Saúde e Sorte
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Ainda había bastante por ai. jajaja
ResponderEliminarFeliz día da Patria a todos
Igualmente!!! Hoxe é un día especial para todolos galegos e debemos estar orgullosos de selo... e paso de entrar en politiqueos e demáis, que xa estou bastante ata os collóns dos políticos e da forma de facer política por estos lares xa que son todos iguales...
ResponderEliminar... veña xa paro!!! xD
¡¡¡VIVA GALIZA E VIVAN OS GALEGOS!!! ou sexa... ¡¡¡VIVAMOS NÓS!!! jajajajaja... hoxe é un día para celebrar e espero ke a estas horas asi fora... pola miña parte teño un día de celebracións por partida dobre... jajajjajaja... faltame un tornillo!!! xD
Por certo, ¿canto tempo Señor da Z?... levamos unha tempada de capa caída en canto a artigos e máis en canto a comentarios nos tres blogs... xD... estarán as visitas de vacacións supoño... xD
ResponderEliminarComo entro con pouca frecuencia no teu blog, súmome con retraso a esta conmemoración do día de Galiza, do día dos galegos e de se sentir orgulloso de ser galego.
ResponderEliminarTemos uns políticos que non nos representan pero un gran povo do que, cas suas cousas, eu me sinto orgulloso.
Iago
Como sempre que se fala da nacionalismo galego, hai q dicir que aínda queda moito camiño por diante para chegar ata onde se atopa Euskal Herria ou Catalunya. Para conseguir un certo grao de independencia, primeiro os políticos que nos "gobernan" deberían sentir este aprecio pola patria que temos os galegos, o sentimento de orgullo, de enaltecemento do noso día. E non adicarse ao que se adican, ou sexa, perder o tempo en enfrontamentos que non nos levan a ningures.
ResponderEliminarPero bueno, por outro lado tamén é triste reducir este comentario a críticas coa clase política gobernante, así que engadir que sinto orgullo da miña fala, do meu país, da súa historia máis antiga (a recente... espero que mellore), de cada galego que dá a coñecer a súa patria alá onde vai, estea onde estea. Pero por riba de todo, orgullosa de cada un dos que seguimos falando a nosa lingua materna, a pesares das trabas que se están poñendo hoxe en día á educación dos máis cativos na nosa lingua. Espero que non desapareza xamais, que nunca pase a formar parte dese listaxe de linguas mortas.
Non hai nada máis fermoso que escoitar a unha ou un nena/o pequena/o falando galego :)
P.D: Gustoume o de ¡¡¡Vivamos nós!!! xD