Este artigo vai referido a escaseza de música en galego (seguramente por falta de apoio). Existen poucos artistas que canten en galego (non sendo cancións populares).
Non me refiro a que un grupo ou un artista edite toda a súa discografía en galego, senon que alterne galego e outros idiomas.
O galego é tan válido coma calquera outro idioma para cantar. Existen moitos grupos que o intentan, pero que non reciben o apoio suficiente.
Ante esta inquedanza, un grupo de investigación formado por un galicius chimpancé que fala e un ordenador nos traen un traballo con exemplos de música en galego:
(Non fai falla facer referencia as cancións populares antigas e as do xabarín que xa todos conhecemos. XD).
- O 1º en triufar coa música en galego, sería Andrés do Barro, que conseguiu que por vez primeira unha canción galega fose n.º 1 no Estado na época franquista (o cal ten mérito). A canción mítica sería a conhecida "o tren" (creo que xa todos a conhecedes).
- O outro gran triunfo da música en galego chegaría nos anos 80 da man de Antón Reixa co seu grupo os Resentidos, os cales conseguirían ser a primeira banda que popularizou un tema de rock en galego en España con "Galicia Caníbal".

- Posteriormente, chegaría o turno dos Heredeiros da Crus, Gran banda burlona que se bota de menos:
- Unha banda galega que destaca a nivel estatal no mundo do rock serían "Los suaves", grupo que non se manexa habitualmente en galego, pero que posue algunha canción no noso idioma:
- Hai unha bonita versión dun poema de Rosalía de Castro "Negra sombra", actualmente popularizada por Luz Casal, Carlos Nuñez e o filme "Mar Adentro". Traio dúas versións, a ver cal vos gusta máis:
- Otra das grandes bandas que destaca a nivel internacional, so que esta vez no mundo do folk, é Luar na lubre:
- por último vou ponher uns grupos máis actualen que topei por ai recentemente:
Ruxe Ruxe
Raiba (coa colaboración de 20 artistas galegos novos e míticos):
( Acontinuación a letra coas intervencións:
Por ela vivimos. Por ela andamos. (Chechu-Aphonnic) Un acento, una montaña, un viño bodega e barro. (Tonhito de Poi – Rasa Loba, Heredeiros da Crus) Por ser os seus fillos. Porque con ela nos criamos. (María- Indana) Doado sentir este amor sen sentirnos traizoados (Xurxo Souto- Os Tres Trebóns, Os Diplomáticos de Montealto) Medran as cidades e as aldeas van mermando. (Javi -Talesien) Soan palabras nosas. Perviven os nosos cantos. (Patty – Meigha) O lenzo da paz contén un río azul e claro. (Martinho – Machina) Paixon e latexos fan que a nosa voz soe no alto. (Vane “Belize”- Jolie Rouge) Hai un pobo que se sinte así . Nesta teima de querer vivir. Donde a terra agarima o mar. Donde o vento veu a respirar. (Xavinho - Raiba) Nós non podemos consentir que a historia nos trate así. (Cody - Kannon) Nós non podemos admitir un futuro marcado polo fin. (AiD) Si, somos nós quenes podemos preservar o que temos aquí. (Ula – Kertuler, Primitive) Non somos nos os desalmados que o pretenden destruir. (Mario – Invivo, Tuzaros) Hai quen di que estamos aferrados ao pasado. (Vituco, Ruxe-Ruxe) Como si nós non vivisemos neste mundo que herdamos. (Yosi – Los Suaves) Hai quen di que o noso é tan só un conto inventado. (Leo i Arremecaghona) Xa non lembran a cor negra do oceano queimado. (Bocixa - Zenzar) Fálase que somos uns ruidosos proletarios (Marcos - Trashnos) E que foi por eso polo que tivemos que espallarnos (Javi Maneiro – Jabon Blue, Heredeiros da Crus) Fálase que non temos nin puta idea de entrar nos mercados (Thais- Ith) Ignoran que nunca quixemos ser os seus escravos. (David Sousa – Knell) Hai un pobo que se sinte así . Nesta teima de querer vivir. Donde a terra agarima o mar. Donde o vento veu a respirar. (Xavinho - Raiba) Nós non podemos consentir que a historia nos trate así. (Cody -Kannon) Nós non podemos admitir un futuro marcado polo fin. (AiD) Si, somos nós quenes podemos preservar o que temos aquí. (Ula – Kertuler, Primitive) Non somos nos os desalmados que o pretenden destruir. (Mario – Invivo, Tuzaros) Hai un pobo que se sinte así . Nesta teima de querer vivir.Donde a terra agarima o mar. Nós temos que chamarlle FOGAR. )
Sinto que quedara un artigo tan longo: daredes visto todo?? Espero que vos guste.
Xa sei que faltan moitísimas referencias, grupos e artistas, pero creo que o artigo xa é suficientemente longo, asi que imos deixalo asi.
Ata a próxima. Saúde e Sorte