BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

domingo, 3 de octubre de 2010

A música en galego tamen ten que ser posible

Este artigo vai referido a escaseza de música en galego (seguramente por falta de apoio). Existen poucos artistas que canten en galego (non sendo cancións populares).
Non me refiro a que un grupo ou un artista edite toda a súa discografía en galego, senon que alterne galego e outros idiomas.

O galego é tan válido coma calquera outro idioma para cantar. Existen moitos grupos que o intentan, pero que non reciben o apoio suficiente.
Ante esta inquedanza, un grupo de investigación formado por un galicius chimpancé que fala e un ordenador nos traen un traballo con exemplos de música en galego:

(Non fai falla facer referencia as cancións populares antigas e as do xabarín que xa todos conhecemos. XD).

- O 1º en triufar coa música en galego, sería Andrés do Barro, que conseguiu que por vez primeira unha canción galega fose n.º 1 no Estado na época franquista (o cal ten mérito). A canción mítica sería a conhecida "o tren" (creo que xa todos a conhecedes).

- O outro gran triunfo da música en galego chegaría nos anos 80 da man de Antón Reixa co seu grupo os Resentidos, os cales conseguirían ser a primeira banda que popularizou un tema de rock en galego en España con "Galicia Caníbal".


- Posteriormente, chegaría o turno dos Heredeiros da Crus, Gran banda burlona que se bota de menos:


- Unha banda galega que destaca a nivel estatal no mundo do rock serían "Los suaves", grupo que non se manexa habitualmente en galego, pero que posue algunha canción no noso idioma:


- Hai unha bonita versión dun poema de Rosalía de Castro "Negra sombra", actualmente popularizada por Luz Casal, Carlos Nuñez e o filme "Mar Adentro". Traio dúas versións, a ver cal vos gusta máis:



- Otra das grandes bandas que destaca a nivel internacional, so que esta vez no mundo do folk, é Luar na lubre:


- por último vou ponher uns grupos máis actualen que topei por ai recentemente:

Ruxe Ruxe


Raiba (coa colaboración de 20 artistas galegos novos e míticos):

( Acontinuación a letra coas intervencións:
Por ela vivimos. Por ela andamos. (Chechu-Aphonnic) Un acento, una montaña, un viño bodega e barro. (Tonhito de Poi – Rasa Loba, Heredeiros da Crus) Por ser os seus fillos. Porque con ela nos criamos. (María- Indana) Doado sentir este amor sen sentirnos traizoados (Xurxo Souto- Os Tres Trebóns, Os Diplomáticos de Montealto) Medran as cidades e as aldeas van mermando. (Javi -Talesien) Soan palabras nosas. Perviven os nosos cantos. (Patty – Meigha) O lenzo da paz contén un río azul e claro. (Martinho – Machina) Paixon e latexos fan que a nosa voz soe no alto. (Vane “Belize”- Jolie Rouge) Hai un pobo que se sinte así . Nesta teima de querer vivir. Donde a terra agarima o mar. Donde o vento veu a respirar. (Xavinho - Raiba) Nós non podemos consentir que a historia nos trate así. (Cody - Kannon) Nós non podemos admitir un futuro marcado polo fin. (AiD) Si, somos nós quenes podemos preservar o que temos aquí. (Ula – Kertuler, Primitive) Non somos nos os desalmados que o pretenden destruir. (Mario – Invivo, Tuzaros) Hai quen di que estamos aferrados ao pasado. (Vituco, Ruxe-Ruxe) Como si nós non vivisemos neste mundo que herdamos. (Yosi – Los Suaves) Hai quen di que o noso é tan só un conto inventado. (Leo i Arremecaghona) Xa non lembran a cor negra do oceano queimado. (Bocixa - Zenzar) Fálase que somos uns ruidosos proletarios (Marcos - Trashnos) E que foi por eso polo que tivemos que espallarnos (Javi Maneiro – Jabon Blue, Heredeiros da Crus) Fálase que non temos nin puta idea de entrar nos mercados (Thais- Ith) Ignoran que nunca quixemos ser os seus escravos. (David Sousa – Knell) Hai un pobo que se sinte así . Nesta teima de querer vivir. Donde a terra agarima o mar. Donde o vento veu a respirar. (Xavinho - Raiba) Nós non podemos consentir que a historia nos trate así. (Cody -Kannon) Nós non podemos admitir un futuro marcado polo fin. (AiD) Si, somos nós quenes podemos preservar o que temos aquí. (Ula – Kertuler, Primitive) Non somos nos os desalmados que o pretenden destruir. (Mario – Invivo, Tuzaros) Hai un pobo que se sinte así . Nesta teima de querer vivir.Donde a terra agarima o mar. Nós temos que chamarlle FOGAR. )


Sinto que quedara un artigo tan longo: daredes visto todo?? Espero que vos guste.
Xa sei que faltan moitísimas referencias, grupos e artistas, pero creo que o artigo xa é suficientemente longo, asi que imos deixalo asi.

Ata a próxima. Saúde e Sorte

5 comentarios:

  1. sinto a extensión do artigo, espero que vexades os videos igualmente. XD
    Os resentidos estaban algo barrenados ou é cousa minha? jajaja O de dona os teus riles sigueme facendo moita gracia.

    Os herdeiros tamen estaban barrenados, no video que puxen vese que son entretidos.

    A dos suaves gustoume o que é a parte instrumental (todo menos a voz. XD). Sería unha gran canción senon fora pola voz de Yosi creo eu.

    No video de Raiba intervenhen moitos artistas galegos actuais e vellos. jeje. sei que non vai gustar moito o estilo, pero é unha xuntanza de música galega variada. esta yosi e Tonhito de Poi (Herdeiros) tamen. a ver se asi vos motiva a ver o video tamen. jeje.

    ResponderEliminar
  2. Pensei que últimamente estaba vostede algo perezoso pero vese que estivo entretido traballando..

    Descoñecia totalmente que a mítica canción do tren tivera tanto éxito!! Tamén foi versionada por uns cantos artistas..

    Si, os Resetidos nese video non sei eu, non sei con que adxetivo denominalo.. E ata meten nel a Jalloso!!!!

    Os Herdeiros sempre me facían moita gracia pro unha duda, o da casa da collona que sempre nombrades ven desta canción?? Pensei que sería unha mítica vosa coma a do marica de Fiestras!!! jejeje..
    Nunca esquecerei cando viñeron a Lalín polas festas!!!

    Os Suaves nunca os escoitei mais que a típica das orquestas je..

    Joba entre as duas versións da Negra Sombra non sei que escoller, a de Astarot encantame de sempre, era o único que me gustaba cando ian o Luar je, e a de Luz Casal non me gusta moito como canta pero gústame con Carlos Nuñez.. Vou escoller a primeira pola morriña daquelas noites de Luar con miña avoa detrás da cociña jeje..

    As últimas nunca as escoitara e dos que forman parte da segunda coñezo a metade, pero tanto unha coma a outra gustanme moito..

    É unha pena que os grupos galegos que existen non teñan mais forza ou mais importancia, pero claro supoño que somos moitos os que tampouco nos interesamos en buscar e apoiar xente que quere facer música na nosa lingua..:-(

    ResponderEliminar
  3. pos estivo bn o artigo si...temos uns cantos grupos de musica pero que canten en galego poucos. Pode vostedde facer unha segunda parte deste artigo tranquilamente. Os de ruxe ruxe non me sonaban,teñen boa pinta.o ultimo video tamn estivo bn. Astarot gustabanlle a miña nai moito dende que eu era pequena inda debo ter algo pola casa deles. Toñito de poi sempre me encantou,anque agora vai algo velluco sempre tivo o seu puntillo o tio...e sí íaselles moito de dios a cabeza.
    Dos suaves só podo dicir cousas boas, e iso q nunca me atrevo a acercarme a Joshi pola calle...
    Queremos unha segunda parte!!!mas mas mas
    jajaja

    ResponderEliminar
  4. Home claro que tiña ke ser posible, pero o vexo moi complicado, se xa para ke un grupo do resto de espanha lle costa sair, mais un de galicia e pa mais cantando galego...

    Os herdeiros existen certos rumores e incluso voces ke piden o seu regreso... a verdade é ke eran moi divertidos!! xD

    Os Resentidos mítica...

    Os Suaves.... vou destacar a musica, porque Yosi canta coma os collóns!!!!!

    A de Negra Sombra molanme as dúas...

    Ruxe, Ruxe non me gusta... xD

    E a de Raiba ainda que vostede xa ma mostrara, vou a destacar a colaboración tan ampla!!! xD (pero Yosi que fai??? canta??? ou que son esos aturuxos??? xD... NON SE ME ENFADE ARREDEMO, jajajaja)

    ResponderEliminar
  5. Bueno, podería ser peor e que nin sequera ninguén se interesase por xuntarse para grabar unha canción en galego. A verdade que é triste saber que en Euskadi ou Catalunya os grupos propios teñen moito éxito e difusión nas respectivas linguas e aquí... para non variar seguimos á cola.

    Pero a verdade que tampouco hai moito onde escoller, sinceramente eu se tivera que escoitar esta música sería máis ben por obligación ou por coñecer un pouco o que hai que non por devoción. As que máis me gustaron foron as dúas versións do poema de Rosalía, o resto non me entusiasma. Non me parece que haxa demasiada calidade pero supoño que porque tampouco hai apoio á cultura na nosa lingua, non sei. Así que visto dende ese punto, farán o que poden. De todas maneiras non sei ata que punto terían o apoio do pobo galego. E máis vistos os resultados da "Galicia Bilingüe", non sei que futuro nos espera na fala... pa canto máis facer música do país.

    Despois desta visión un tanto pesimista, decir que me parece un artigo interesante para dar a coñecer a nosa música actual. Como será a do futuro?

    ResponderEliminar