BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

sábado, 8 de enero de 2011

Breve comentario a cousas que pasan

Empezamos o ano no mundo do blog cunha nova serie de artigos (en principio) que consiten en breves comentarios a determinadas situacións que observo se producen no mundo dos torpes humanos.

Pois o primeiro destes temas a tratar, o cal se me ocorreu vendo a sitcom "How i met your mother", versa sobre a situación social que se produce en determinadas ocasións cando un dos integrantes dun determinado grupo de amigos por calquera razón, voluntaria ou involuntaria (como por exempo: estudios, resfriados, gripes, nugalla, torpezas varias, etc.), non pode asistir a un concreto plan o que acuden todos os seus amigos. É dicir, non pode sair, ir tomar algo con eles, ou incluso unha mera reunión, etc (calquera plan o que vaian todos ou case todos menos un mesmo).

(*O exposto non xurde en todos os casos, pero si con certa frecuencia)
Sucedido o expresado anteriormente, esta persoa (chamada o blitz na serie mencionada e a el nos referiremos con ese nome a partir de aqui) que non puido ou quixo asistir se atopará cunha serie de curiosas circunstancias que lle levarán a sentirse marxinado:

- 1º: A primeira mítica frase que vai escoitar será: O que te perdiches!!!!! bufff!!: Isto xa che produce un certo sentimento de marxinalidade. (Tamén é verdade que en outras moitas ocasións escoitarás: non te perdiches nada!!!. Sen embargo non soe ser veradade porque algún curioso detalle sempre te perdes, pero nada importante)

- 2º: Posteriormente, o blitz empezará a escoitar gracietas e frases que non entende, pero que a todos os seus amigos lles fai moita gracia e non paran de repetir. (nunca as chegarás a entender de verdade, posto que non fuches participe da mesma).

- 3º: Os teus amigos fianalmente contanche con todo luxo de detalles o acontecido ese día, ensalzando tan extraordinaria vivenza. (Fastidio total no blitz)

Chegados a este último punto, o blitz non lle queda outra que resignarse e tentar non perderse moitas máis detas situacións. Sen embargo, o Blitz sabe que o seu é contaxioso, e que a próxima vez sucederá algo grandioso estando él e faltando outra persoa, a cal pasará a ser o novo Blitz

Como isto se está facendo moi longo, unha última cousa:
** A continuación un video que resume isto mesmo (está en inglés, pero non dubido do voso inxenio: sei que o entenderedes. XD)



Isto é todo. Me quedou o final unha versión medio monologuística que nin de broma pretendía. jeje. Que vos parece o tema?? algunha vez fostes Blitz?? Vos sentides identificados??

Ata a próxima. Saúde e sorte.