BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

sábado, 8 de enero de 2011

Breve comentario a cousas que pasan

Empezamos o ano no mundo do blog cunha nova serie de artigos (en principio) que consiten en breves comentarios a determinadas situacións que observo se producen no mundo dos torpes humanos.

Pois o primeiro destes temas a tratar, o cal se me ocorreu vendo a sitcom "How i met your mother", versa sobre a situación social que se produce en determinadas ocasións cando un dos integrantes dun determinado grupo de amigos por calquera razón, voluntaria ou involuntaria (como por exempo: estudios, resfriados, gripes, nugalla, torpezas varias, etc.), non pode asistir a un concreto plan o que acuden todos os seus amigos. É dicir, non pode sair, ir tomar algo con eles, ou incluso unha mera reunión, etc (calquera plan o que vaian todos ou case todos menos un mesmo).

(*O exposto non xurde en todos os casos, pero si con certa frecuencia)
Sucedido o expresado anteriormente, esta persoa (chamada o blitz na serie mencionada e a el nos referiremos con ese nome a partir de aqui) que non puido ou quixo asistir se atopará cunha serie de curiosas circunstancias que lle levarán a sentirse marxinado:

- 1º: A primeira mítica frase que vai escoitar será: O que te perdiches!!!!! bufff!!: Isto xa che produce un certo sentimento de marxinalidade. (Tamén é verdade que en outras moitas ocasións escoitarás: non te perdiches nada!!!. Sen embargo non soe ser veradade porque algún curioso detalle sempre te perdes, pero nada importante)

- 2º: Posteriormente, o blitz empezará a escoitar gracietas e frases que non entende, pero que a todos os seus amigos lles fai moita gracia e non paran de repetir. (nunca as chegarás a entender de verdade, posto que non fuches participe da mesma).

- 3º: Os teus amigos fianalmente contanche con todo luxo de detalles o acontecido ese día, ensalzando tan extraordinaria vivenza. (Fastidio total no blitz)

Chegados a este último punto, o blitz non lle queda outra que resignarse e tentar non perderse moitas máis detas situacións. Sen embargo, o Blitz sabe que o seu é contaxioso, e que a próxima vez sucederá algo grandioso estando él e faltando outra persoa, a cal pasará a ser o novo Blitz

Como isto se está facendo moi longo, unha última cousa:
** A continuación un video que resume isto mesmo (está en inglés, pero non dubido do voso inxenio: sei que o entenderedes. XD)



Isto é todo. Me quedou o final unha versión medio monologuística que nin de broma pretendía. jeje. Que vos parece o tema?? algunha vez fostes Blitz?? Vos sentides identificados??

Ata a próxima. Saúde e sorte.

5 comentarios:

  1. Non sei se fai falla traducción do video, pero por se alguén non o entende:

    - Na 1º situación quedaban para ver unha película: O Blizt di que se vai a xogar ao tomb raider. No momento que se vai entra unha muller que queda como vedes e o día seguinte contanlle iso e que a película fora alucinante.

    - Na 2º situación cando marcha o blizt cervexa gratis para todos.

    - Na 3º o blizt cambia de personaxe (teredes que ver o capítulo para enterarvos.XD) e se perde o que vedes. enton lle explican que cando saiu da habitación, as leis físicas se paralizaron e as leis do incrible se triplicaron (é o que di o personaxe. jeje).

    - Na última non fai falla explicación. jajajaja.

    que vos parece?? Podedes insultarme se asi o considerades oportuno e non vos gustou nada o artigo. jeje

    ao voso sinceiro criterio queda.....

    ResponderEliminar
  2. Eu creo que todos fumos o Blitz algunha vez, sen ir máis lonxe hai 3 ou 4 fins de semana que eu non saín me entero de que o Señor da Z foi abordado por uns orcos dos infernos que o intentaban espir no medio dun "pafeto"... se iso non é para exclamar: Aw meeeeeeeeeeen!!! que baixe dios e o vexa... xD

    En canto ao tema, a serie 'Como coñecin á vosa nai', me parece moi orixinal (como moitas barrenaduras que se mostra ao longos das tempadas desta... como a chamou vostede... sitcom).

    P.D.: profundizando no tema, ata diría que este último sábado eu e o Señor da Z nos convertimos en Blitzs... xD

    Ata o seguinte comentario...
    Xe

    ResponderEliminar
  3. si, eu tamen son un blitz claramente

    ResponderEliminar
  4. De feito eu creo q é imposible non ser un blitz algunha vez, sempre hai situacións nas que te perdes algunha anécdota máis ou menos simpática. A min non me importa demasiado se é algo que non pasa das bromas dun día, agora cando se convirte en algo recurrente... aí é cando me dá máis mágoa termo perdido.

    Creo que vou comezar a vela, xa hai que ma recomendaron e polo visto din que está moi ben, así que "seriesyonkis" alá vou! xDD

    ResponderEliminar
  5. Volvendo ao tema... mira que hai ben tempo que somos Blitz!!!! jajajajaja

    ¿cando faremos que outros sexan os Blitzs destoutros Blitzs? ¿dentro de dous fins de semana? ¿dentro de 2 xoves? jajajajaja....

    ResponderEliminar