BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

viernes, 21 de octubre de 2011

Breves reflexións inútiles porque sí!

A reflexión de hoxe trata de como escribir algo sen saber sequera de que redactar.
Coa fin de innovar trato de escribir por escribir a ver que acontece. Non é doado, pero hai que probar a "blogimprovisación", termo acunhado na I conferencia interpersoal da minha imaxinación na que estiveron presentes eu e os meus pensamentos, xunto con un boneco do Deportivo e unha guitarra eléctrica personalizada.

Aqui estou, sentado diante dunha patalla de ordenador e dandolle os dedos que danzando polo teclado van marcando ao chou as teclas que van representar unha reflexión sen pensar.
Ante a falta de ideas decido pechar os ollos e rubricar brevemente o 1º que me venha á testa.
.................... non se escoita nada ...............................
..................... so hai silencio .........................................

Horas máis tarde esperto, ¿Quedei durmido? Eso parece, o meu brazo tamén semella que quedou durmido grazas a soportar o peso da minha cabeza. Mentres recupero a sensibilidade no brazo, penso que agora si tenho para escribir, ¡podo contar o que sonhei!!............ ¿Que soñei?............ Non me lembro, é dicir, que seguimos na mesma, hai que seguir improvisando e o único que me ven á mente é o formigueo que sinto no brazo agora mesmo con motivo da soneca botada, ¿tema interesante para falar del?........... Creo que non.

Escribindo por escribir e sen ningún guión precedente nin idea preconcebida me acaba de chegar, ¡ ao fin !, a Reflexión: Cando se quere atopar algo ou dicir algo nun momento determinado, non se che ocurre nin atopas nada nese intre no que fai falta, pero si o atopas ou te inspiras nun momento posterior, no que xa resulta de todo inútil e no que pensas: "Por qué non encontrei isto cando facía falla?" ou por qué non se me ocorreu dicir isto nese momento?".........

¿Por qué sucede isto?..... Non o sei......... ¿Solución a este tema? Saber improvisar ou crear unha máquina do tempo (Se o facedes, por favor amosádema).
¿Ten esta reflexión algunha base filosófica ou algunha utilidade? Nin a máis mínima, polo que se pode concluír que todo isto é un absurdo curioso. Benvidos o día do absurdo!!

Chega o momento de facer unha aclaración: Non me volvin tolo nin se me foi a cabeza. Tampouco estou bébedo nin baixo a influencia de ningunha sustancia psicotrópica.
Este artigo foi froito da pura improvisación, sen máis.
Ser o paradigma da torpeza provoca que salgan estas letras escritas unhas tras outras, sen ningún sentido, finalidade nin interese, pero había que probar, e penso que está quedando concretamente abstracto, quizais un pouco raro, intimista á par que extranho.
Non me fagades a rosca e decídeme que este artigo é unha tontería rara. (Podedes facelo jeje), e dade unha opinión do que queirades, absurda ou coherente, iso xa o deixo a elección do querido lector.

Nos vemos algún outro día. Pasádeo ben.
Saúde e Sorte