Turno para un artigo sinxelo, un monólogo que me pareceu grandioso. Se trata dunha comparativa entre o ligoteo en Espanha e EE.UU. A mítica, idealizada e facilísima forma norteamericana contra a vulgaridade, a dificultade e a torpeza da forma espanhola.
A continuación vos deixo o xenial monólogo (a parte de xenial, moi ben interpretado por Goyo Jiménez), pero antes tamén resaltaría que se a forma espanhola é torpe e dificultosa, que se podería dicir da forma de ligar galega?? o que se pode converter nunha auténtica misión imposible. XD
Debemos reconhecer que como galegos, sempre con excepcións, non sabemos ligar (tanto homes coma mulleres) posiblemente debido o habitual emparellamento voluntario dende idades tempranas e a duración das relacións (superando lustros). É coma se sabendo da dificultade agarrásemos para non soltar nunca XD. Somos outra cultura diferente neste aspecto.
A continuación vos deixo o xenial monólogo (a parte de xenial, moi ben interpretado por Goyo Jiménez), pero antes tamén resaltaría que se a forma espanhola é torpe e dificultosa, que se podería dicir da forma de ligar galega?? o que se pode converter nunha auténtica misión imposible. XD
Debemos reconhecer que como galegos, sempre con excepcións, non sabemos ligar (tanto homes coma mulleres) posiblemente debido o habitual emparellamento voluntario dende idades tempranas e a duración das relacións (superando lustros). É coma se sabendo da dificultade agarrásemos para non soltar nunca XD. Somos outra cultura diferente neste aspecto.
En fin, o monólogo en cuestión:
Isto é todo xente. Ata a próxima ocasión.
Saúde e Sorte
A interpretación de Goyo Jiménez é gradiosa. jeje
ResponderEliminarA ver se este artigo desperta máis interese que o anterior.
Como me rin!! Xenial a interpretación e dentro desta me quedaría cos distintos tonos de voz que pon para imitar a todos os personaxes, canto me gustaría ir a un monólogo seu.
ResponderEliminarEn canto á temática, o de ligar daría para escribir un libro. Dos galegos din que somos bastantes cerrados, dos vascos máis ou menos igual pero evidentemente hai de todo. A idade tamén inflúe, non se liga igual con 25 que con 15, os métodos son distintos, máis "elaborados" aínda que algúns sigan a ir ao sinxelo. O de que é difícil... depende. Depende do que se sinta cando coñeces a alguén, hai xente que xa che entra polos ollos e cun pouco que se faga xa vai todo rodado. Simplemente porque hai entendemento, miradas e a "tontería" que lle chamamos algúns. Para min é o máis importante.
Máis que diferencias entre as comunidades, somos as persoas as que temos un estilo propio, hai xente máis aberta ou simpática, máis faladeira ou tímida... e iso creo que é o que marca a maneira de ligar de cada un. Despois cos anos e cos éxitos ou fracasos que proporciona a experiencia vanse modificando pequenos detalles. Aínda que tamén coñezo a xente que non cambiou, o dito, hai de todo. Pero si creo que vai máis coa personalidade que co sitio onde se medre.
Nas distintas situacións explicadas nos vídeos, o de coñecerse na salida do súper é do máis habitual nas pelis norteamericanas. Non sei ata que punto se dará na realidade pero na ficción si se ve moito. Nalgunha delas tamén vin que unha parella se namorou porque un estaba a ler un libro nun lugar público e o outro se parou para comentar algo sobre esa lectura, empezan a charlar e descubren que son almas xemelgas. A min eso nunca me pasou pero si coñezo un caso real, que non é moito pero polo menos sei que non é algo que só ocorre mediante un guión dunha película. Crer o que pasa na ficción pode crear falsas espectativas que seguramente non se cumplirán xamais, ou si... como a esa parella; pero, polo que eu sei, o número é escaso.
PD: O tema daría para moito, non me quero extender máis que creo que xa escribín unha páxina do libro ese que dixen ao principio do comentario.
Natalia, cando queiras che cedo un espazo no blog para que fagas un artigo sobre o tema. os teus comentarios sempre son moi bos. e un artigo teu creo que estaría moi ben.
EliminarEu lería ese libro sobre este tema. XD
PD: podes extenderte todo o que queiras comentando. A min non me importa, todo o contrario, me encanta.
Eu xa o dixera unha vez (aínda había as pesetas e ata onde se extende a vista iso todo eran pastos), daquelas que tiñamos moitos máis seguidores nos blogs (4 ou 5 pouco asiduos) que cando algún que comentaba quería ceder un artigo de opinión, un escrito, unha historia, un poema, o que fose, que nós gustosamente cediamos espazo nos nosos blogs, pero nunca saiu adiante, e iso que sempre foi (o sigue sendo) unha proposta moi interesante...
EliminarMira que a min o Goyo este non me gustaba moito, quizais lle collín tirria trala merda de programa que facía en.... cuatro creo, pero si que sabía que é un dos que escribe a maioría dos grandes monólogos que se escoitan por ahí, polo que é un dos mellores facendo iso...
ResponderEliminarO monólogo é gracioso, e él o fai moi ben (que é quizais o esencial para un monologuista, facer unha boa actuación a maiores de ter unhas frases con gracia), e a verdade é que me partín de carallo!!!
P.D.: o próximo candidato dunha posible sección de monólogos: Dani Rovira que está pillao de todo... XD