Nestes tempos malos para os traballadores que corren, días como estes se fan máis necesarios para manter viva esa loita obreira que acadou importantes logros para os traballadores.
O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial.
Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axusticiados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álgido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.
É curioso que nos Estados Unidos non se celebra esta conmemoración. Alí celebran o Labor Day o primeiro luns de setembro desde 1882, nunha parada realizada en Nova York e organizada pola Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo (Knights of Labor, en inglés). O presidente Grover Cleveland, propiciou a celebración en setembro por temor a que a data de maio reforzase o movemento socialista nos Estados Unidos.

Ó longo do século XX, os progresos laborais fóronse acrecentando con leis para os traballadores, para outorgarlles dereitos de respecto, retribución e amparo social, a excepción da última década do século, na que eses progresos retrocederon baixo a influencia do neoliberalismo.
Na actualidade, case todos os países democráticos rememoran o 1º de maio como a orixe do movemento obreiro moderno. Estados Unidos, Reino Unido e o Principado de Andorra son os únicos países (do mundo occidental), que non o lembran de xeito activo.
como curiosidade cabe resaltar que en 1954, o papa católico Pío XII apoiou tacitamente esta xornada de memoria colectiva ó declarala como festividade de San Xosé Obreiro. Últimamente vénse denominando a esta día como Día Internacional do Traballo.
Breve artigo do que significa este 1º de maio. Para maior información, consultar libros ou internet.

O Senhor da Z co mundo obreiro. Ainda queda moito por mellorar e facer. Este sistema capitalista actual está demostrado que non funciona. A ver se algunha eminencia se lle ocorre un sitema que funcione. Sei que é complicado pero algún a de haber.
Ao final me quedou máis longo do que tinha pensado. Se o ledes, Noraboa. jajajaja.
ResponderEliminarNon tedes porque comentar se non queredes. Señor da Xe, sei que o vai ler, asi que noraboa. jajajaja.
Acertou!!! lino!!!
ResponderEliminarEu kreo ke o 1º de maio xa hai tempo ke perdeu o seu significado, agora esperase o día do traballador para poder librar un día, pero practicamente nadie sabe o ke significa este dia, nin o que se conseguiu con ese día... weno, a maioría nin sabe que incluso ese día se celebran folgas en todolos sitios para reclamar maiores dereitos aos traballadores... senon ke o dia do traballador é para non traballar!!!! jajajajaja...
Tampouco dijo ke non sexa necesario, un dia polo menos para o descanso do proletariado está moi ben!!!
Para evitar en futuros comentarios: estou comentando dende a miña cómoda postura no sofá, non estou dicindo no meu comentario ke eu sexa un traballador nin nada!!! só para prevenir e evitar posibles puteos...xDD
Pois eu tamén o lin enteiriño pero non me fan falla parabens...
ResponderEliminarEstá ben o artigo, sobre todo para recordar de donde ven a festividade deste día e todo o que se fixo para que hoxe en día teñamos algúns dereitos..
Si, para min so e un festivo mais no calendario, un día pa non levantarse cedo e vaguear todo día pero o artigo remove a conciencia, como cambiamos agora nadie se move nin loita polos ideais, a maioria tamos moi apalancados neso.. Onde van as grandes manifestacións??
que reivindicativo ca causa se ergueu señor da z!!!sí, tamén o lin, pero tampouco fan falla felicitacións, que xa sabemos que as acapara o da xe, que é máis importante.
ResponderEliminarMoi acertado este artigo, esperemos que sexa vostede un deses xenios ós que se lle ocorra ese sistema.
Tan só engadir a reflexión de que somos tan inmensamente distintos ós orientales...estaría ben un artigo comparativo (no eido laboral me refiro)
Gustoume moito o artigo, moi interesante aínda que persoalmente xa sabía a historia que hai detrás deste día festivo, nunca está de máis recordar datas sinaladas da historia contemporánea.
ResponderEliminarA verdade que calquera pequeno paso que se acade para os traballadores é importante. Ademáis que polas loitas e reivindicacións dalgúns, os demais temos o que temos. E como ben di neste caso, incluso pagando coa morte, sona moito a guión de peli dramática pero é así.
E resulta bastante curioso que no país no que ocorreron os feitos non se recorde dalgunha maneira especial, en fin... estes yankis...xD
Pero aínda hai moitas diferencias no ámbito laboral, sen ir máis lonxe... o salario entre as mulleres e os homes, é algo que me indigna especialmente pero bueno... terémonos que mover para conseguilo.