BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

miércoles, 18 de agosto de 2010

versus 8

Ola a todos!!! Despois dun longo periodo de vacación tentarei voltar a normalidade.
Hoxe o regreso será cun clásico, un versus.
Espero que vos guste:

1ºRound: Dream Theater Vs X Japan


Vs


2º Round: Slash Vs Wolfmother


Vs


3ºRound: Nirvana Vs Soundgarden


Vs


4º Round: Muse Vs The hives


Vs



Isto é todo por agora. Voltarei en breve con outro artigo
Saúde e sorte.

7 comentarios:

  1. Este versus quizais vos guste menos porque puxen cancións mais dificiles de dixerir como as de soundgarden ou wolfmother.

    A ver se vos gusta algunha

    ResponderEliminar
  2. A de the hives é a máis famosa e a de soundgarden de cando chris cornell valia para a música. jajaja. Se non cortara as melenas....

    PD: Se podedes vede the hives en directo. A súa música non é gran cousa pero en directo son moi divertidos.

    ResponderEliminar
  3. Ola de novo Señor da Z... puxo fin ao seu prolongado periodo de vagancia blogueiro, me alegro, habere se esto volve coller algo de movemento komo tiña ao principio, ke a verdade e ke a asistencia aos blogs no periodo estival foi mais ben pobre...

    Veña doulle...
    1ºROUND: a primeira puxechela jodida cabron!! jajajaja... Dream Theater e un pedazo de grupo, cuns pedazos de artistas, pero non sei... se vale o empate, kedome ko empate... senon escollo X-JAPAN por poukiño, xD...

    2ºROUND: nesta quedome con WOLFMOTHER, ainda ke o kantante sexa o mesmo nas 2 (a pesares de certos desastrosos cambios de estilismo...xD) quedome coa 2º (a pesares de que a primeira conte coa guitarra de Slash...), gustame mais!!!

    3ºROUND: voume a kedar koa de NIRVANA, sempre me encantou esta cancion e este acustico, do pouco que escoitei de Soundgarden me gustou, pero esta nunca... con todo kedome igualmente coa 1º...

    4ºROUND: tick tick boom debe ser a unica cancion ke me gusta dos The Hives, pero bueno me pareceu este un duelo bastante desigual, xD... claramente escollo a MUSE, sen punto de comparacion, jajajaja...

    Ata o seguinte, que espero ke non tarde!!!

    ResponderEliminar
  4. No meu comentario anterior no 3º Round kero dicir ke a cancion de soundgarden nunca a escoitara, non ke nunca me gustara...xD

    ResponderEliminar
  5. pois inda non se notou moito que volvea do periodo vacacional...pero weno jaja

    na terceira e na cuarta xa sei que vou escoller a NIrvana e muse...pero hoxe non me deixa ver os videos polo que parece....

    ResponderEliminar
  6. Alégrome de que puxera fin ás vacacións!!! Que fai falla un pouco de vida por estes lares... e artigos para comentar, por suposto!!


    1º Round:
    "Forsaken", de Dream Theater. Gústame máis a canción en si pero o videoclip tamén me pareceu moi entretido e as imaxes moi bonitas. A de X-Japan está ben pero quédome coa primeira, duelo moi interesante.

    2º Round:
    "New moon rising", é das miñas favoritas do disco así que non podería elexir a Slash a pesares de que me gusta moito e ten colaboracións boas... Neste caso prefiro Wolfmother, aínda que non me resultou doado ao igual que no caso anterior.

    3º Round:
    Neste caso xa o teño máis fácil, escollo "Where did you sleep last night" de Nirvana, en especial a partires do minuto 3:08 aprox. Encántame a forza que lle dá cara o remate da canción, a súa voz característica... Todo. A de Soundgarden non é que me chame moito a atención, sinceramente, e postos a comparar... resultoume moi doado.

    4º Round:
    Para min este duelo é o máis desigual dos catro... non sei... recoñezo que non só me inflúe o que estou a escoitar senón tamén o que vexo, e neste caso na parte visual xa hai moita diferenza. Nada como poder disfrutar dunha actuación en vivo e con tanta intensidade. Pero ademáis a canción tamén me gusta moito máis. The Hives non é un grupo que me guste e polo tanto non o escoito e Muse... é Muse. Pero por se non quedou claro: "Hullabaloo".

    Espero que volten os artigos con máis frecuencia.

    ResponderEliminar
  7. é vostede un grandisimo vago...que o sepa!!!!!!!

    ResponderEliminar