BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

miércoles, 2 de mayo de 2012

Estúpidos interrogantes

- ¿Sonhamos cando vivimos ou vivimos cando sonhamos??
 
- Se toda persoa ten a súa media naranxa, ¿¿tamén ten o seu medio limón, mandarina, plátano ou kiwi??

- ¿¿Estamos sos no universo ou cada persoa é un universo??

- Se o ser humano se supón intelixente, ¿por qué se namora?? - ¿¿Pode ser o doado compricado e o compricado doado??

- ¿¿As persoas crean as modas ou as modas crean as persoas??

- ¿¿Por qué a xente se resgarda da choiva o día que vai a unha festa de espuma?? (Seguro que pasou)

- ¿Por qué "todo xunto" se escribe separado e "separado" se escribe todo xunto?


A contestar queridos lectores!!

Ata a próxima. Saúde e Sorte

8 comentarios:

  1. oooh!artigo para reflexionar...anque algo curto espero que dea para reflexionar...jeje
    ä primeira cuestión responderia que vivimos cando soñamos, que é unha resposta poética ...pero despois de respostar iso penso en min, soño moito sempre e sempre cousas raras e violentas entón....as veces resultame máis un senvivir....
    Lamentablemente son pesimista,e en relacion coa segunda cuestión opino que non temos media laranxa propiamente,ou temos moitas...hai persoas que só se namoran unha vez,outras nunca o conseguirán e outras namoranse cada 2x3...pero o certo é que no mundo ten que haber moitas persoas compatibles co noso caracter,polo que conclúo que temos moitas medias laranxas,outra cousa é topar....

    A 3º,pois descoñezo o que alberga o universo na sua inmensidade,pero sí cada persoa é un universo.O ser humano é intelixentísimo, e cada vez creemonos mais listos, así nos vai....o de namorarnos non merma a intelixencia,somos seres sociais, precisamos compartir, relacionarnos non só procrear pq si...anque creo q estou xeneralizando...jejeje hai de todo o que só queira procrear ou practicar tampouco significa que sea mais ou menos intelixente, que aquí cada un é moi libre de administrar os seus recursos como mellor estime!!jeje namórese sen medo señor da Z, que a sua intelixencia non se verá cuestionada!!!

    As persoas crean modas,pero lamentablemente as modas inflúen demasiado nas persoas!!
    o de resgardarse da choiva nesas circunstancias descoñezoo,eu só fun a unha festa da espuma, en Silleda hai anos e foi no verán...Pero si engadiria ¿Pq os que levan paraugas andan ó enxoito dos edificios pola rua e os q non o levamos nos temos que mollar e apartarlles??pornon falar das señoras que pasean os cans chovendo,apartalles ti e mollate que o can tamen ten que ir ó enxoito.....
    á última cuestion non teño explicacion posible jajaja

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Se ve que o Señor da Z debeu estar a consumir certas sustancias líquidas animosas e cócteles varios para levantarse e porse a cuestionar estas controversias, e eu como fago algo parecido voume por a divagar aqui...

    - Cando vivimos queremos soñar que vivimos unha vida soñada, e cando soñamos queremos vivir o soñado... ¿?

    - Eu son algo egoísta e acaparador, asi que eu digo que temos unha naranxa enteira, un limón enteiro, unha mandarina enteira, un plátano enteiro e un kiwi enteiro polo mundo, e eu os quero todos... XD

    - Parece ser estemos sós no universo, e se cada persoa é un universo, ¿quere decir que todos estamos sós en nós mesmos?... un panorama bastante desolador...

    - Esta cuestión é doada, e se contesta por si soa... O ser humano se supón intelixente... xa está!! craso error de base!!

    - As modas as crean o Corte Inglés e a MTV... e as persoas CREEN as modas!!! XD

    - A xente se resgarda da choiva cando vai a unha festa de auga para evitar un resfriado, sempre coa esperanza de que na festa da auga utilicen a auga morna ou quente...

    - Porque se TODOXUNTO se escribira todo xunto e SEPA RADO se escribise separado sería todo un pouco máis raro....

    ResponderEliminar
  4. Quen me ía dicir a min que un artigo tan cutre coma este, ía a ser co que máis se ía a divagar e a escribir sobre o tema en cada comentario.
    Emocionado me hallo!! Thank you very mucho

    ResponderEliminar
  5. PD: Cando escribín este artigo estaba baixo a influencia de medicamentos para combater a gripe, de ahí a tolemia. XD

    ResponderEliminar
  6. O artigo está moi ben sexa cal sexa a influencia polo que se chegou a plantexar estas cuestións. Xa o feito de pensar e ter inquietudes nos tempos que corren é algo para felicitar. Porque, ou só é idea miña, ou en xeral a sociedade está moi estática tendo en conta a situación actual. E paro que me desvío xD

    Para empezar vou advertir que eu son moi tonta para certas cousas, non sei se porque me fai máis feliz pensar así ou o que pero gústame crer en aspectos no que moita xente non o fai. E non porque non levara decepcións suficientes (non só me refiro a temas amorosos xD) para facerme cambiar de idea, pasa que son moi cabezota por natureza :) Agora si:

    —Como xa advertín, eu son da idea de que vivimos cando soñamos. Sinto envexa da "miña eu" cando esperto e recordo o que "ela" puido vivir e eu non. É unha tontería pero trasladaría gran cantidade dos soños á miña vida real e non me refiro só a cando podo voar ou caer infinitamente mentras leo e como chocolate xD

    —Eu si creo que existe alguén para cada un aínda que habería que ter a sorte de atopalo como dixo ArreDemo. Podes dar con xente que pensas que é especial ou ten algo diferente pero co paso do tempo descubrir que estabas enganado. Ou simplemente confundir sentimentos... o das naranxas é moi complicado xD

    —Esta pregunta resúltame moi difícil posto que creo que ninguén é capaz de asegurar con certeza se estamos sós. Penseino varias veces sen chegar nunca a unha opción que me chegue a convencer de todo.

    —Eu si creo que somos intelixentes pero esa capacidade aínda ten que evolucionar moito. Se o foramos máis, está claro que non existirían moitos feitos que están á orde do día. Hai veces que me avergonzo de ser humana e non son eu soa. Somos os únicos coa capacidade de raciocinio e sen embargo actuamos de maneira irracional e sen explotar os recursos que temos como a linguaxe, por exemplo.
    Non creo que namorarse sexa de persoas menos intelixentes aínda que haxa veces que ese sentimento nos cegue e non vexamos a realidade na súa totalidade, ese estado creo que é pasaxeiro. Persoalmente vexo aspectos positivos a estar namorado e a non o estar. Non son partidaria de ter "parella, fillos e mascota" por imposición, porque é o "común", o estilo de vida da maioría non quere decir que sexa o mellor. Cada un decide como quere vivir, é libre para elexir.

    —Nós creamos as modas, que non considero que sexa nada malo ata certo punto, na miña opinión é algo negativo cando alguén se converte en escravo desta. Cando a súa personalidade e preferencias pasan a un segundo plano por mor do que "se leva" ou lle gusta á maioría. Ás veces por non sentirte raro actúas como os demais cando o realmente valioso é o que nos diferencia.

    —O da espuma non o sei pero o exemplo que puxo ArreDemo ocorre cada día que chove. De feito cando cadra que levo paraugas son os días que mellor vou pola beirarrúa, soa practicamente porque todo o mundo vai por debaixo dos edificios; e cando non o levo, limítome a esquivar os paraugas para non quedar pirata xD Poden chegar a ser unhas armas moi perigosas cando fai vento e os levan segundo que persoas...

    —E á derradeira cuestión tampouco lle atopo explicación, ironías da lingua xD

    ResponderEliminar
  7. Pido perdón inmediatamente, que cansina son cando quero!! xD

    ResponderEliminar