BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

domingo, 18 de marzo de 2012

A música en galego (II)

Interesándome coma sempre pola escea musical galega e en galego, debo volver a realizar unha 2º parte deste artigo (recorda a 1º parte pulsando aqui: A música en galego tamén ten que ser posible) .

- Quero comezar facendo unha merecidísima homenaxe a un gran loitador durante toda a súa vida:
Suso Vaamonde: Un dos mellores cantautores en galego. Seguro que todos conhecedes a Serrat, Sabina, Lluis LLach, etc e poucos, a pesares de ser galegos, tedes conciencia deste grandísimo galego que sempre loitou pola súa terra e cultura:



- É o turno dun grupo que mistura folk e música tradicional galega. A Quenlla.
Aqui nos deleitan cunha canción homenaxe a unha das máis grandes obras da literatura galega: "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas.
O video tamén contén unhas ilustracións doutro grande:Isaac Díaz Pardo (outro dos grandes galegos para os que toda homenaxe se fai pouco).


- Seguimos co polifacético Antón Reixa e os Resentidos: Con un tema que a pesar dos seus anos, podería estar ata de actualidade, Os Resentidos (anunciaron a súa volta polo seu 30 aniversario) sempre pioneiros, en galego e co seu tolo humor:


- Vindo máis cara a actualidade e cos novos sons quero destacar a un gran músico. Un dos de verdade: Estou a falar de Xoel López: un artista que se consagrou co grupo Deluxe e cun estilo indie acadou a conquista de todo o territorio nacional. Na súa cúspide con Deluxe decide desmontar o grupo, irse a américa do sur e comezar de novo na procura de novos sons. Gardo un grandísimo respeto cara este gran músico. Ben é certo que se manexa habitualmente en Castelán e incluso inglés. No obstante aqui nos deleita coa súa versión do poema de Álvaro Cunqueiro " O niño novo do vento"


- Se hai un grupo íntegramente en galego e que destaca polo seu empenho e a súa actividade eses son Ruxe-Ruxe e o seu rock galego. O grupo máis activo na nosa lingua que podo conhecer.
Vou destacar dúas cancións deste grupo: A 1º unha canción que me gusta como empregan o son da gaita e a integran na cación. A 2º quero destacala pola calidade do videoclip, que lles levou a unha candidatura para os premios Mestre Mateo do audiovisual galego.



- Para non alongarme máis vou finalizando cuns grupos actuais de distintos estilos pero con cancións en galego:
O metal de Nao:


Un grupo de rap e metal famoso a nivel nacional: Def Con dos


Di elas co afamado actor galego Luis Tosar á cabeza:


Kastomä e o seu rock con letras inspiradas no rural.



Cal ou cales vos gustan máis??? A opinar!!

Ata a próxima. Saúde e Sorte

martes, 13 de marzo de 2012

Debuxo dun futuro sombrío

Conhecendo as preocupantes cifras de paro actual, quero destacar o desemprego xuvenil e a situación que se pode producir nun sombrío futuro a curto prazo onde, a pesares de conseguir unha das xeracións máis preparadas da historia neste país, a xuventude non acadará o emprego para o cal se prepararon e estudaron.

A consecuencia que se presinte pode ser a seguinte:



Ata a próxima. Saúde e sorte

jueves, 1 de marzo de 2012

Retrato de Sensacións

- O día que vivín en dous mundos diferentes -


1
Unha noite de verán, nin frio nin calor, brisa agradabel e unha brillante lúa vivín en dous mundos. Esa noite non había luz con motivo dun apagón, polo que unha xenial idea resultou ser ir a praia.
A lúa me proporcionaba toda a iluminación necesaria para disfrutar da paisaxe, o silencio me deixaba escoitar o agradable son que producía o bater das olas contra a fina area, e a cualidade de flexionar as pernas me permitiu sentar e acadar unha cómoda posición.
Nese efémero intre, permanecín nun mundo onde predominaba a calma, a beleza e despreocupación. Agradabel.

2
Repentinamente, o apagón cesa e a luz artificial volve camuflar á luz natural. Un estrondoso camión recolledor de basura chega a cumprir o seu cometido.
Como se o despertar dun sonho se tratase o mundo de calma, despreocupación e beleza troca polo mundo cotián e máis real: o da preocupación, a superficialidade e o estrés.
Dous mundos iguais pero distintos.
A decisión se fai clara: A durmir para seguir sonhando...............

FIN



PD: Estou a investigar o mundo da cursilería porque hai que saber de todo neste mundo e pode ser útil nun futuro. XD
Esto é o suficientemente cursi como para resultar moi desagradable á lectura??
Opinade!!!

Ata logo, logo
Saúde e Sorte

miércoles, 11 de enero de 2012

Berrando en silencio

O senhor da Z se atopa especialmente ocupado decidindo entre a súa existencia ou inexistencia. Reunido coa súa conciencia, os seus pensamentos e o seu subconsciente ainda non chegou a unha decisión sobre o particular.

A situación actual pode definirse musicalmente da seguinte maneira:

"lamentas con miradas
o que non se pode nin explicar
o que non gardaches
porque ao non ser o esperado
non quixeches nin arquivar
nin un so momento
nin un segundo odiado
de este amor impuro e agotado
enfermo e delicado
pequeno e despistado
que se apaga
Este Blog se apaga
como se apagan os latidos dun amor
como terminan as cancións que non acaban
este blog....... se apaga"

Tomado e adaptado desta canción:


So se están a barallar as seguintes opcións que paso a detallar musicalmente:
1º- opción:
"Enterrar un final
regresar con valor
soportar un adeus
aceptar sen rencor
comprender a razón
caminhar con honor
Resucitar?......."

Adaptado de:


2º- opción:
"O tempo fácil xa terminou
Un novo reto debo enfrontar
Meu caminho debo continuar
Sombrío é o traxecto que afrontar.
Por moito que poida buscar
Non podo regresar
Medo a continuar
Incerto é o final
Atrás quedou o pasado, paraíso perdido
xa nunca serás meu
Tan lonxe deixo o froito do edén
Paraíso perdido, nunca mais volverei"

Adaptado de :



Dende un presente vital e ata un incerto futuro se despide polo de agora o senhor da Z, deliberando sobre se seguir contribuíndo a mediocridade nun mundo dominado por isto mesmo.
Gran ano 2012 para tod@s!!
Ata a próxima!!

Saúde e Sorte

viernes, 11 de noviembre de 2011

Breves reflexións inútiles porque sí! (2)

Aqui me tedes outro artigo máis, de novo probando a "blogimprovisación" e coa mesma absurda idea de escribir por escribir co afán de que algunha vez poida xurdir do meu maxín algo interesante e a vez intelixente cunha (gran ou pequena) carga de humor. Dende logo tarefa difícil e inimaxinable vindo de min. Pero como o que se trata é dunha breve reflexión inútil, si que me vexo capacitado para redactar neste inútil e torpe sentido.

Coma sempre, comezo por escribir o primerio que venha, e no único que podo pensar e que fora chove e posiblemente vai frío, un leve vento impele as pingas de choiva que con certa suavidade van batendo contra a miña fiestra, o que provoca en min, o estar nun lugar quente e nunha situación de relax, unha certa sensación de benestar, unha especie de calafrío ou arreguizo agradable.
Ante esta idílica situación e para axudar a forzar a minha mente, decido adoptar a famosa posición do pensador de Rodin

Esta imaxe non da fe, por suposto, da minha intelixencia ó reflexionar. Calquera primate, dende logo, ten moita máis intelixencia e faría, sen dúbida, un artigo moito máis interesante, polo que me da que pensar que podo estar ofendendo: Pido disculpas aos primates que lean isto e se poidan sentir ofendidos por utilizar a sua imaxe para reproducir o meu irrelevante e aburrido pensar.

Representada a situación e tras un anaco na posición do pensador, observo, nunha mesa, a roupa pendente de pasarlle o ferro, e nese instante acendese a minha luz e me ven a ansiada reflexión inútil:
por qué os seres humanos temos unha capacidade innata para complicarnos¿¿??
Un exemplo: vendo a roupa, ¿se pode saber quen foi o que ordeou que a vestimenta deba ir perfectamente planchada?? Que poría de moda iso?? Se o que estivera ben visto fora levar a roupa engurrada non creedes que aforraríamos unha insidiosa actividade. Dende logo ganhariamos unha gran cantidade de tempo para invertir noutras cousas.

Xúrdeme, para finalizar, outra reflexión: Imaxinando que levar a roupa engurrada fora o correcto, seguramente os movementos contracultarais coma os hippies, o grunge ou o punk serían moi distintos: Os hippies non se lavarían, pero as túnicas e os ponchos os terían que levar perfectamente planchados.
O mesmo pasaría no movemento grunge ou no punk, en lugar con escachar a indumentaria, abondaríalles con pasarlle o ferro á roupa. Sería un curioso cambio.

Seguiría coas reflexións inútiles sen fundamento, pero a posición do pensador, ainda que poida parecer o contrario, acaba cansando (Pensamento na mente: máis ca posición, o que agota é pensar, pero lle botarei a culpa a posición.), polo que vou rematando xa o artigo.

Agora so queda que exponhades as vosas absurdas ou coherentes impresións, as cales coma sempre, a elección do querido lector.

Nos vemos algún outro día, se volvo escribir.
Abur
Saúde e Sorte

viernes, 21 de octubre de 2011

Breves reflexións inútiles porque sí!

A reflexión de hoxe trata de como escribir algo sen saber sequera de que redactar.
Coa fin de innovar trato de escribir por escribir a ver que acontece. Non é doado, pero hai que probar a "blogimprovisación", termo acunhado na I conferencia interpersoal da minha imaxinación na que estiveron presentes eu e os meus pensamentos, xunto con un boneco do Deportivo e unha guitarra eléctrica personalizada.

Aqui estou, sentado diante dunha patalla de ordenador e dandolle os dedos que danzando polo teclado van marcando ao chou as teclas que van representar unha reflexión sen pensar.
Ante a falta de ideas decido pechar os ollos e rubricar brevemente o 1º que me venha á testa.
.................... non se escoita nada ...............................
..................... so hai silencio .........................................

Horas máis tarde esperto, ¿Quedei durmido? Eso parece, o meu brazo tamén semella que quedou durmido grazas a soportar o peso da minha cabeza. Mentres recupero a sensibilidade no brazo, penso que agora si tenho para escribir, ¡podo contar o que sonhei!!............ ¿Que soñei?............ Non me lembro, é dicir, que seguimos na mesma, hai que seguir improvisando e o único que me ven á mente é o formigueo que sinto no brazo agora mesmo con motivo da soneca botada, ¿tema interesante para falar del?........... Creo que non.

Escribindo por escribir e sen ningún guión precedente nin idea preconcebida me acaba de chegar, ¡ ao fin !, a Reflexión: Cando se quere atopar algo ou dicir algo nun momento determinado, non se che ocurre nin atopas nada nese intre no que fai falta, pero si o atopas ou te inspiras nun momento posterior, no que xa resulta de todo inútil e no que pensas: "Por qué non encontrei isto cando facía falla?" ou por qué non se me ocorreu dicir isto nese momento?".........

¿Por qué sucede isto?..... Non o sei......... ¿Solución a este tema? Saber improvisar ou crear unha máquina do tempo (Se o facedes, por favor amosádema).
¿Ten esta reflexión algunha base filosófica ou algunha utilidade? Nin a máis mínima, polo que se pode concluír que todo isto é un absurdo curioso. Benvidos o día do absurdo!!

Chega o momento de facer unha aclaración: Non me volvin tolo nin se me foi a cabeza. Tampouco estou bébedo nin baixo a influencia de ningunha sustancia psicotrópica.
Este artigo foi froito da pura improvisación, sen máis.
Ser o paradigma da torpeza provoca que salgan estas letras escritas unhas tras outras, sen ningún sentido, finalidade nin interese, pero había que probar, e penso que está quedando concretamente abstracto, quizais un pouco raro, intimista á par que extranho.
Non me fagades a rosca e decídeme que este artigo é unha tontería rara. (Podedes facelo jeje), e dade unha opinión do que queirades, absurda ou coherente, iso xa o deixo a elección do querido lector.

Nos vemos algún outro día. Pasádeo ben.
Saúde e Sorte

miércoles, 17 de agosto de 2011

Crise sen cambio

A crise, un tema recurrente. O que debía valer para aprender, nos vai valer para repetir de novo erros se ninguén o soluciona. É moi doado saber as causas. Un exemplo:


Tamén existen solucións que pasan por un cambio no sistema, ainda que parece que os mercados (verdadeiros gobernantes) non están dispostos a consentilo, polo que todo voltará a ser o mesmo.
Ponheremos un exemplo dunhas posibles solucións:


Para rematar unha canción que pode valer para a situación, demostrando que a loita no pasado, en realidade, da a sensación que non valeu. Os grande e bonitos ideais xa se esqueceron e ninguén pensa en recuperalos para acadar un lugar mellor. Toque de atención a esas mentes xóvenes que perderon o espírito combativo de xeracións pasadas.
Quero destacar esta parte da letra da canción:
"Papá cuéntame otra vez esa historia tan bonita
de aquel guerrillero loco que mataron en Bolivia,
y cuyo fusil ya nadie se atrevió a tomar de nuevo,
y como desde aquel día todo parece más feo.

Papá cuéntame otra vez que tras tanta barricada
y tras tanto puño en alto y tanta sangre derramada,
al final de la partida no pudisteis hacer nada,
y bajo los adoquines no había arena de playa.

Fue muy dura la derrota: todo lo que se soñaba
se pudrió en los rincones, se cubrió de telarañas,
y ya nadie canta Al Vent, ya no hay locos ya no hay parias,
pero tiene que llover aún sigue sucia la plaza.

Queda lejos aquel mayo, queda lejos Saint Denis,
que lejos queda Jean Paul Sartre, muy lejos aquel París,
sin embargo a veces pienso que al final todo dio igual:
las ostias siguen cayendo sobre quien habla de más."



RECORDATORIO: O Día da Galiza Mártir celébrase anualmente o 17 de agosto. A data escolleuse como homenaxe para o político galeguista Alexandre Bóveda, asasinado o 17 de agosto de 1936 na Caeira (Poio) e convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais.
Coma homenaxe:

As iras rompen silencios cando os crimes non se acordan
cando no espantallo dormen paxarons da desmemoria.
Por iso voulles contar levando cousa con cousa,
poñendo unha feble luz nun lugar de tanta sombra.

Era o ano trinta e seis, anos de sangue e afrontas,
mártires da libertade quedan tirados na foxa.
E en agosto, o dezasete, disparan armas traidoras
contra de xente inocente, ...caeu Alexandre Bóveda.
Na Caeira, en Pontevedra, un mencer triste da historia,
...se rescatamo-los feitos, non deixaremos que volvan!

A guerra civil encheunos a memoria de foxas e o carazón de baleiros.
Foi unha victoria que non trouxo a paz, porque cómpre rompe-lo silencio,
recuperando esa, ...a súa voz necesaria de cantos alí a perderon.

Eran da Frente Popular, anarquistas, republicanos, comunistas,
galeguistas, sindicalistas, socialistas, nacionalistas, ou insubmisos á rebelión,
ou inocentes inculpados polo dedo revirado
de delatores vengativos ou arribistas do novo mando...

Militantes todos eles dun anceio común que exaltaba a dignidade humana e a dos pobos.
Querían dar creto á esperanza, esa que aínda hoxe semella que non chega. Eran bos e xenerosos, defenderon o soño dun mundo mellor e máis feliz.


Mais, ...espigaron inxusticias glorificando os abusos, conformando a tiranía
para deixar todo oculto, tentando que o tempo borre o que o tempo ó fin descobre.
Ninguén a culpa hoxe asume. Os herdeiros da victoria van diante,
e van dicindo: “que é botar máis leña ó lume”.

Mataron, martirizaron, escurecendo as auroras,
enchendo a terra de sangue, de medo, loito e derrota.
Os vencedores procuran impunes pechar as portas,
para negar a verdade, para anular a memoria.

Venceron e aínda seguen administrando a victoria,
aqueles que aínda hoxe queren facer a noite máis longa
perderon creto e razón pois na mentira se agochan.
Mártires son o guieiro e o pobo daralles gloria
a tantos que un día soñaron unha Galicia máis nosa.
Pioneiros da liberdade ¡serán lembrados con honra¡




Un saúdo!! Este blog atópase sumerxido nunha brutal crise, pero intelectual.
Ata a próxima ocasión (se chega a existir).
Saúde e Sorte