BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

miércoles, 4 de abril de 2012

Acontecementos existenciais

Turno para un artigo sinxelo, un monólogo que me pareceu grandioso. Se trata dunha comparativa entre o ligoteo en Espanha e EE.UU. A mítica, idealizada e facilísima forma norteamericana contra a vulgaridade, a dificultade e a torpeza da forma espanhola.

A continuación vos deixo o xenial monólogo (a parte de xenial, moi ben interpretado por Goyo Jiménez), pero antes tamén resaltaría que se a forma espanhola é torpe e dificultosa, que se podería dicir da forma de ligar galega?? o que se pode converter nunha auténtica misión imposible. XD
Debemos reconhecer que como galegos, sempre con excepcións, non sabemos ligar (tanto homes coma mulleres) posiblemente debido o habitual emparellamento voluntario dende idades tempranas e a duración das relacións (superando lustros). É coma se sabendo da dificultade agarrásemos para non soltar nunca XD. Somos outra cultura diferente neste aspecto.

En fin, o monólogo en cuestión:



Isto é todo xente. Ata a próxima ocasión.
Saúde e Sorte

domingo, 18 de marzo de 2012

A música en galego (II)

Interesándome coma sempre pola escea musical galega e en galego, debo volver a realizar unha 2º parte deste artigo (recorda a 1º parte pulsando aqui: A música en galego tamén ten que ser posible) .

- Quero comezar facendo unha merecidísima homenaxe a un gran loitador durante toda a súa vida:
Suso Vaamonde: Un dos mellores cantautores en galego. Seguro que todos conhecedes a Serrat, Sabina, Lluis LLach, etc e poucos, a pesares de ser galegos, tedes conciencia deste grandísimo galego que sempre loitou pola súa terra e cultura:



- É o turno dun grupo que mistura folk e música tradicional galega. A Quenlla.
Aqui nos deleitan cunha canción homenaxe a unha das máis grandes obras da literatura galega: "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas.
O video tamén contén unhas ilustracións doutro grande:Isaac Díaz Pardo (outro dos grandes galegos para os que toda homenaxe se fai pouco).


- Seguimos co polifacético Antón Reixa e os Resentidos: Con un tema que a pesar dos seus anos, podería estar ata de actualidade, Os Resentidos (anunciaron a súa volta polo seu 30 aniversario) sempre pioneiros, en galego e co seu tolo humor:


- Vindo máis cara a actualidade e cos novos sons quero destacar a un gran músico. Un dos de verdade: Estou a falar de Xoel López: un artista que se consagrou co grupo Deluxe e cun estilo indie acadou a conquista de todo o territorio nacional. Na súa cúspide con Deluxe decide desmontar o grupo, irse a américa do sur e comezar de novo na procura de novos sons. Gardo un grandísimo respeto cara este gran músico. Ben é certo que se manexa habitualmente en Castelán e incluso inglés. No obstante aqui nos deleita coa súa versión do poema de Álvaro Cunqueiro " O niño novo do vento"


- Se hai un grupo íntegramente en galego e que destaca polo seu empenho e a súa actividade eses son Ruxe-Ruxe e o seu rock galego. O grupo máis activo na nosa lingua que podo conhecer.
Vou destacar dúas cancións deste grupo: A 1º unha canción que me gusta como empregan o son da gaita e a integran na cación. A 2º quero destacala pola calidade do videoclip, que lles levou a unha candidatura para os premios Mestre Mateo do audiovisual galego.



- Para non alongarme máis vou finalizando cuns grupos actuais de distintos estilos pero con cancións en galego:
O metal de Nao:


Un grupo de rap e metal famoso a nivel nacional: Def Con dos


Di elas co afamado actor galego Luis Tosar á cabeza:


Kastomä e o seu rock con letras inspiradas no rural.



Cal ou cales vos gustan máis??? A opinar!!

Ata a próxima. Saúde e Sorte

martes, 13 de marzo de 2012

Debuxo dun futuro sombrío

Conhecendo as preocupantes cifras de paro actual, quero destacar o desemprego xuvenil e a situación que se pode producir nun sombrío futuro a curto prazo onde, a pesares de conseguir unha das xeracións máis preparadas da historia neste país, a xuventude non acadará o emprego para o cal se prepararon e estudaron.

A consecuencia que se presinte pode ser a seguinte:



Ata a próxima. Saúde e sorte

jueves, 1 de marzo de 2012

Retrato de Sensacións

- O día que vivín en dous mundos diferentes -


1
Unha noite de verán, nin frio nin calor, brisa agradabel e unha brillante lúa vivín en dous mundos. Esa noite non había luz con motivo dun apagón, polo que unha xenial idea resultou ser ir a praia.
A lúa me proporcionaba toda a iluminación necesaria para disfrutar da paisaxe, o silencio me deixaba escoitar o agradable son que producía o bater das olas contra a fina area, e a cualidade de flexionar as pernas me permitiu sentar e acadar unha cómoda posición.
Nese efémero intre, permanecín nun mundo onde predominaba a calma, a beleza e despreocupación. Agradabel.

2
Repentinamente, o apagón cesa e a luz artificial volve camuflar á luz natural. Un estrondoso camión recolledor de basura chega a cumprir o seu cometido.
Como se o despertar dun sonho se tratase o mundo de calma, despreocupación e beleza troca polo mundo cotián e máis real: o da preocupación, a superficialidade e o estrés.
Dous mundos iguais pero distintos.
A decisión se fai clara: A durmir para seguir sonhando...............

FIN



PD: Estou a investigar o mundo da cursilería porque hai que saber de todo neste mundo e pode ser útil nun futuro. XD
Esto é o suficientemente cursi como para resultar moi desagradable á lectura??
Opinade!!!

Ata logo, logo
Saúde e Sorte

miércoles, 11 de enero de 2012

Berrando en silencio

O senhor da Z se atopa especialmente ocupado decidindo entre a súa existencia ou inexistencia. Reunido coa súa conciencia, os seus pensamentos e o seu subconsciente ainda non chegou a unha decisión sobre o particular.

A situación actual pode definirse musicalmente da seguinte maneira:

"lamentas con miradas
o que non se pode nin explicar
o que non gardaches
porque ao non ser o esperado
non quixeches nin arquivar
nin un so momento
nin un segundo odiado
de este amor impuro e agotado
enfermo e delicado
pequeno e despistado
que se apaga
Este Blog se apaga
como se apagan os latidos dun amor
como terminan as cancións que non acaban
este blog....... se apaga"

Tomado e adaptado desta canción:


So se están a barallar as seguintes opcións que paso a detallar musicalmente:
1º- opción:
"Enterrar un final
regresar con valor
soportar un adeus
aceptar sen rencor
comprender a razón
caminhar con honor
Resucitar?......."

Adaptado de:


2º- opción:
"O tempo fácil xa terminou
Un novo reto debo enfrontar
Meu caminho debo continuar
Sombrío é o traxecto que afrontar.
Por moito que poida buscar
Non podo regresar
Medo a continuar
Incerto é o final
Atrás quedou o pasado, paraíso perdido
xa nunca serás meu
Tan lonxe deixo o froito do edén
Paraíso perdido, nunca mais volverei"

Adaptado de :



Dende un presente vital e ata un incerto futuro se despide polo de agora o senhor da Z, deliberando sobre se seguir contribuíndo a mediocridade nun mundo dominado por isto mesmo.
Gran ano 2012 para tod@s!!
Ata a próxima!!

Saúde e Sorte

viernes, 11 de noviembre de 2011

Breves reflexións inútiles porque sí! (2)

Aqui me tedes outro artigo máis, de novo probando a "blogimprovisación" e coa mesma absurda idea de escribir por escribir co afán de que algunha vez poida xurdir do meu maxín algo interesante e a vez intelixente cunha (gran ou pequena) carga de humor. Dende logo tarefa difícil e inimaxinable vindo de min. Pero como o que se trata é dunha breve reflexión inútil, si que me vexo capacitado para redactar neste inútil e torpe sentido.

Coma sempre, comezo por escribir o primerio que venha, e no único que podo pensar e que fora chove e posiblemente vai frío, un leve vento impele as pingas de choiva que con certa suavidade van batendo contra a miña fiestra, o que provoca en min, o estar nun lugar quente e nunha situación de relax, unha certa sensación de benestar, unha especie de calafrío ou arreguizo agradable.
Ante esta idílica situación e para axudar a forzar a minha mente, decido adoptar a famosa posición do pensador de Rodin

Esta imaxe non da fe, por suposto, da minha intelixencia ó reflexionar. Calquera primate, dende logo, ten moita máis intelixencia e faría, sen dúbida, un artigo moito máis interesante, polo que me da que pensar que podo estar ofendendo: Pido disculpas aos primates que lean isto e se poidan sentir ofendidos por utilizar a sua imaxe para reproducir o meu irrelevante e aburrido pensar.

Representada a situación e tras un anaco na posición do pensador, observo, nunha mesa, a roupa pendente de pasarlle o ferro, e nese instante acendese a minha luz e me ven a ansiada reflexión inútil:
por qué os seres humanos temos unha capacidade innata para complicarnos¿¿??
Un exemplo: vendo a roupa, ¿se pode saber quen foi o que ordeou que a vestimenta deba ir perfectamente planchada?? Que poría de moda iso?? Se o que estivera ben visto fora levar a roupa engurrada non creedes que aforraríamos unha insidiosa actividade. Dende logo ganhariamos unha gran cantidade de tempo para invertir noutras cousas.

Xúrdeme, para finalizar, outra reflexión: Imaxinando que levar a roupa engurrada fora o correcto, seguramente os movementos contracultarais coma os hippies, o grunge ou o punk serían moi distintos: Os hippies non se lavarían, pero as túnicas e os ponchos os terían que levar perfectamente planchados.
O mesmo pasaría no movemento grunge ou no punk, en lugar con escachar a indumentaria, abondaríalles con pasarlle o ferro á roupa. Sería un curioso cambio.

Seguiría coas reflexións inútiles sen fundamento, pero a posición do pensador, ainda que poida parecer o contrario, acaba cansando (Pensamento na mente: máis ca posición, o que agota é pensar, pero lle botarei a culpa a posición.), polo que vou rematando xa o artigo.

Agora so queda que exponhades as vosas absurdas ou coherentes impresións, as cales coma sempre, a elección do querido lector.

Nos vemos algún outro día, se volvo escribir.
Abur
Saúde e Sorte

viernes, 21 de octubre de 2011

Breves reflexións inútiles porque sí!

A reflexión de hoxe trata de como escribir algo sen saber sequera de que redactar.
Coa fin de innovar trato de escribir por escribir a ver que acontece. Non é doado, pero hai que probar a "blogimprovisación", termo acunhado na I conferencia interpersoal da minha imaxinación na que estiveron presentes eu e os meus pensamentos, xunto con un boneco do Deportivo e unha guitarra eléctrica personalizada.

Aqui estou, sentado diante dunha patalla de ordenador e dandolle os dedos que danzando polo teclado van marcando ao chou as teclas que van representar unha reflexión sen pensar.
Ante a falta de ideas decido pechar os ollos e rubricar brevemente o 1º que me venha á testa.
.................... non se escoita nada ...............................
..................... so hai silencio .........................................

Horas máis tarde esperto, ¿Quedei durmido? Eso parece, o meu brazo tamén semella que quedou durmido grazas a soportar o peso da minha cabeza. Mentres recupero a sensibilidade no brazo, penso que agora si tenho para escribir, ¡podo contar o que sonhei!!............ ¿Que soñei?............ Non me lembro, é dicir, que seguimos na mesma, hai que seguir improvisando e o único que me ven á mente é o formigueo que sinto no brazo agora mesmo con motivo da soneca botada, ¿tema interesante para falar del?........... Creo que non.

Escribindo por escribir e sen ningún guión precedente nin idea preconcebida me acaba de chegar, ¡ ao fin !, a Reflexión: Cando se quere atopar algo ou dicir algo nun momento determinado, non se che ocurre nin atopas nada nese intre no que fai falta, pero si o atopas ou te inspiras nun momento posterior, no que xa resulta de todo inútil e no que pensas: "Por qué non encontrei isto cando facía falla?" ou por qué non se me ocorreu dicir isto nese momento?".........

¿Por qué sucede isto?..... Non o sei......... ¿Solución a este tema? Saber improvisar ou crear unha máquina do tempo (Se o facedes, por favor amosádema).
¿Ten esta reflexión algunha base filosófica ou algunha utilidade? Nin a máis mínima, polo que se pode concluír que todo isto é un absurdo curioso. Benvidos o día do absurdo!!

Chega o momento de facer unha aclaración: Non me volvin tolo nin se me foi a cabeza. Tampouco estou bébedo nin baixo a influencia de ningunha sustancia psicotrópica.
Este artigo foi froito da pura improvisación, sen máis.
Ser o paradigma da torpeza provoca que salgan estas letras escritas unhas tras outras, sen ningún sentido, finalidade nin interese, pero había que probar, e penso que está quedando concretamente abstracto, quizais un pouco raro, intimista á par que extranho.
Non me fagades a rosca e decídeme que este artigo é unha tontería rara. (Podedes facelo jeje), e dade unha opinión do que queirades, absurda ou coherente, iso xa o deixo a elección do querido lector.

Nos vemos algún outro día. Pasádeo ben.
Saúde e Sorte