BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

viernes, 26 de febrero de 2010

Algo.... que nos insulta

Nos últimos días asistimos a un acontecemento que demostra moi pouca intelixencia por parte dun ser humano e incluso un animal, e polo tanto so podemos calificar de cousa: Me estou referindo a Rosa Díez, esa que quere unha "España una" e que tanta manía ten a todos os países que forman Espanha.

Para aclarar máis este tema, encarguei a un equipo de investigación formado por un bocadillo e un espia da sgae que me fixese un informe. O resultado non podía ser máis lamentable:

Nunha entrevista realizada por Gabilondo a esta cousa, nun momento dado e trala pregunta de que opina de Zapatero e Rajoy, esta contesta o seguinte:


Despois deste lamentable insulto a todo cidadán galego as noticias sucedéronse:
- El País:
Rosa Díez: "Zapatero podría ser gallego en el sentido peyorativo"
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Rosa/Zapatero/podria/ser/gallego/sentido/peyorativo/elpepiautgal/20100225elpgal_15/Tes

Rosa Díez no se plantea pedir perdón por su uso de "gallego"
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Rosa/plantea/pedir/perdon/uso/gallego/elpepiautgal/20100226elpgal_14/Tes

- La Voz de Galicia:
Clamor contra Rosa Díez por utilizar «gallego» para descalificar a Zapatero
La diputada pidió a La Voz que la gente tenga «sentido del humor» ante una expresión que ya había usado antes

http://www.lavozdegalicia.es/espana/2010/02/25/0003_8317708.htm

Estes son so algúns exemplos pero en calquera xornal toparedes información.

Esta "senhora" se queda coma se nada despois de insultarnos e pide sentido do humor: Pois eu tamen con sentido do humor lle respondo: Non fai falla que venhas por aqui, vai a túa casa polos votos.

A súa actitude reflexa o que é. Sen comentarios, xa que se define ela soa.

Por último vou ponher unha noticia en relación co tema que ela tamén debía ler:
La Voz de Galicia: La Academia Española suprime «tonto» como acepción de «gallego»
Mantiene el resto de la redacción que tenía la entrada en la última versión del Diccionario, del año 2001.
El artículo ha sido enmendado para que no figure en la próxima edición de la obra de referencia de la RAE.

http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/07/09/0003_7836636.htm

A ver que vos parece o tema, outra vez un pouco longo. Excuse moi, pero penso que da lugar a debate.

Non vos olvidedes que sodes galegos: sentídevos orgullosos diso e defendede a nosa cultura e lingua (claro está, SEMPRE por medios pacíficos e a través da promoción, NUNCA dende medios violentos e a imposición.)

Ata a próxima. Saúde e Sorte.

5 comentarios:

  1. tema de actualidade sí señor!!!jaja penoso...o papel dos políticos neste país é cada vez máis penoso, está claro que hai que ser un patán para ser político en España,( deberían impartir clases de corte de manga, de insultos e descalificacións así como de encher os bolsillos con cartos ´públicos, para poder ser un político español do século XXI)

    seguimos enchendo as colas do paro, os univeersitarios aspiramos despois dunha carreira a acabar de caixeiros no carrefour, a educación e os lans de estudio cada vez son mais pobres e irrisorios encabezamos as listas dos mais burros da Unión europea...pero no telediario só saen os políticos descalificándose mutuamente, e o que xera noticias de interese hoxe en día!!!

    a parte do dito...faltouche poñer os comentarios que lle deixaron no Facebook a individua en sí..."paleta" o mais bonito, e que non se lle ocorra vir a galicia, entre outras ....

    en fin, penoso

    ResponderEliminar
  2. Eu creo que xa o dixeches ti todo!! é excusado insultar a esta individua (unha, porque non creo que pola rede e nas televisións os centos de galegos galegos permaneceran indeferentes e supoño ke lle adicarian máis que piropos e palabras amistosas) porque xa ela misma se deixa kedar ao nivel máis baixo posible...

    Só espero, que esto sirva a moita xente para ver a idea que teñen na capital e moitos "orgullosos españois" sobre os habitantes da nosa kerida terra, e ver dunha miserable vez o pouco que importamos para aqueles ke pretenden gobernar o noso pekeno pais (non gobernar, posto que supoño ke para eles a Galiza é un pedazo de terra miserento e sen ningun atractivo para a "grandiosa Espanha", exceptuando poder conseguir uns cantos votos que cheiran a rancio dende o mesmo dende o Manzanares).

    O dito! espero (e desexo) que esto nos sirva como estimulante, que o noso soamente é noso, e ninguen fora de aqui se vai a preocupar por él, que DEBEMOS defender a nosa cultura (e darse conta que realmente o galego está en perigo, non son contos chinos, isto é asi e non hai volta de folla).

    Para rematar á señora esta (segue vixente a miña promesa de non insultala, e kreedeme ke me esta costando) decirlle que teña coidado co que di, e que o faga con esa insulsa e enfermiza chulería!! (unha vez dito isto me sinto un pouco gilipoyas, como se o que intentara decir kedara nunha nimia protesta que non se vai a escoitar)

    Por todo iso, VIVA O GALEGO!! e nada de malo será, hai que moverse...

    ResponderEliminar
  3. Joba é unha puñetera pena que a tipa esta diga eso, se quede tan ancha e nin sequera se lle pase pola cabeza pedir perdón. Que tristeza de sociedade!!

    Temonos que sentir orgullosos de ser galegos e para nada sentirnos en inferioridade..
    Non debería levar nin un misero voto a tipa esta de Galicia pero xa se sabe que sempre hai algún marulan..
    Loitemos polo noso e non deixemos que nadie se burle, xa lle gustaria vivir a parva esa vivir en Galicia!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Se os políticos que nos representan cando lles damos o noso voto o fixeran como se lles supón e non, en vez de iso adícanse a insultarse e poñerse uns en contra dos outros. Cos problemas que hai... por poñer algúns exemplos: o paro claro está, o nivel educativo dos españois, o que conleva moitos outros problemas (somos o primeiro ou o segundo país en consumo de coca, non recordo ben), a economía... e podería seguir nunha lista que sería interminable.

    Pois todo isto parece que importa ben pouco por non decir nada á xente que manda, o único que pretenden é conseguir quedar por riba doutros nun debate ou descalificándose nos medios. Que intentan conseguir así??? Solucionar os problemas non, dende logo. Co cal a única explicación que atopo é que non lles importa en absoluto como esteamos mentras eles poidan seguir no seu posto.

    Co desta tía xa foi a gota que colmou o vaso. "Insultar" a unha persoa co xentilicio do meu país... estou moi indignada pero si, así dámonos conta dos políticos que existen. Supónselle unha cultura e educación mínimas polo cargo que ocupa pero con esto demostra que é unha ignorante por non chamarlle máis cousas. Por moito que escriba aquí non vai servir de nada así que só espero que a esta lle chegue o castigo en forma de 0 votos nas próximas eleccións, que de seguro lle doe moito máis que quedar de ignorante e estúpida diante de milleiros de persoas. E despois aínda a culpa é nosa porque nos damos por aludidos e non o temos que tomar a mal, en fin... sen comentarios. Para min esta xa non existe, xa antes non entendía o seu partido, ahora nin me vou plantexar a súa ideoloxía nin nada porque me importa tanto como unha mota de polvo no outro lado do mundo.

    O que si me importa é que salira o orgullo galego pola nosa parte e que no resto de españa se dean conta de que somos un pobo orgulloso de selo, de que non se pode decir gratuitamente segundo que cousas sobre nós, que a pesares de que historicamente estivemos apartados xamais nos consideraremos inferiores a ninguén.

    Eu a Miña Terra non a cambio por nada.

    ResponderEliminar
  5. jajajja tomaremolo con humor¡¡¡

    Zapatero galego(que es un hombre que se caracteriza por mantenerse siempre en la indefinición y el disimulo)??
    weno todo o mundo seria millor se foran todos galegos non?jajajaa
    Os galegos fomos os primeiros en salir das crises tendo que emigrar a outros paises para poder sacar as nosas vidas a diante... pero weno e unha pena que non sexan todos galegos, non Rosa Diez "Vasca".

    ResponderEliminar