E seguimos con máis debuxos da colección de Castelao: Cousas da vida
Unha gran visión da época polo noso xenio:
- ¡Gandulo! ¡Lacazán! ¡Borrachón!.
- Boeno... Xa empezamos coas indiretas...!
-Yo nunca sentí la necesidad de saber gallego.
-Es que esa necesidad no se siente en la barriga.
-Vostede terá moito dereito; pero eu teño moita razón.
-Nas cidades prohibiron os pobres.
-Sería mellor que prohibiran a probeza.
-Disque van subir os selos das cartas.
-¡Que ben fixemos en non saber escribir!.
A felicidade, lonxe dos homes.
- ¿E se ao dar a volta a terra caese a auga do mar enriba do sol?
-¿Por que non lle dás de comer ao can?.
-Para o que traballa...
-Pois entón, ¿Por que non o matas?
-Para o que come.
-¿E para que son os deputados?
-Eu non o sei meu fillo.
-A mi gustas una barbaridá, sabes?, pero como eres can de palleiro...
-Vaites, Vaites,...
-Mire que teña ben de zucre, que se non zorrégolle unha pedrada.
Ata aqui unha nova edición do gran xenio.
Non me deixou colocare ben os debuxos. Unha pena. A ver se consigo colocalos a próxima.
ResponderEliminarEsta moi mal o de subir as imaxes o blog. Mira que me levou tempo facer e quedou mal. É o que hai....
Vese mellor co mozilla firefox que co internet explorer.
ResponderEliminarComa sempre o gran xenio Castelao co seu humor mordaz e con grandes debuxos reflexando grandes verdades!!!
ResponderEliminarNon sabria decirlle cales son as ke + me gustan posto que me gustaron a practica totalidade das ilustracions!!!
Esperamos máis, que seguramente os hai...
Un Saudo!!
mmm que chulos!!!jaja case me gustaron máis co primeiro...o do can o do dereito o dos selos...moito benne!!!!
ResponderEliminarqueremos un versus con vídeos de Berto de bfn!!!total...co tarde que recolle vostede o galiñeiro tén tempo pa todo e mais!!! jajaja
eu vexo co internet e vese ben.
ResponderEliminargustoume o de se caese a auga enriba do sol.jajaja
Estan ben estas pequenas imaxes de Castelao cas que mostra o seu inxenio e perizia.jajajaja
Grande senhor da z
Eu non sei como o verán os demais, pero eu véxoo perfectamente encadrado a imaxe xunto co texto.
ResponderEliminarE nada, comentar que me encantan estas ilustracións, moi reais e moitas delas poderíanse aplicar á sociedade de hoxe en día. Dá mágoa mirar cara atrás e ver que despois de todo... tampouco cambiamos tanto, e se o fixemos, na maior parte dos casos, foi para peor. Unha visión un tanto pesimista, pero só con mirar os xornais e ver como vai o mundo... penso que non estou demasiado equivocada.
Eu tamen o vexo ben cadrado je..
ResponderEliminarA min gustanme estes mais os primeiros, todos son boisimos!!! Deste artigo o que mais me gustou foi o de "Vostede terá moito dereito; pero eu teño moita razón", que gran verdade!!!!
Pero o dos cans tamén te está moi bien jejeje..
Todos son moi bos!!!