BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

sábado, 9 de enero de 2010

Historias Animadas

Toca falar de gratos recordos infantiles (e non tan infantiles): Me estou referindo as series que esperabamos con gran alegría de pequenos, e seguimos esperando agora de adultos pequenos.jajaja. Esos debuxos que a tantos nenos e adultos fixeron pasar tantos bos ratos (e seguen facendo pasar).


Numerosas series como Saint Seiya (caballeros del zodiaco),Dragon Ball, Ranma 1/2, Capitán Tsubasa (oliver e benji), Chicho Terremoto, Dr. Slump (Arale), Mazinguer Z, Heidi, Marco, Doraemon, Bleach, Evangelion, Naruto, Full Metal Alchemist, Prince of Tennis, Los Simpsons, Padre de Familia, etc, etc........ (So por citar algúns, xa que Poderíamos botar todo o día).
Series como estas, Fixeron e fan disfrutar a millóns de nenos, adultos e anciáns.

Grandes recordos gardo de elas, e espero seguir disfrutando durante moito tempo.

Non me negaredes que non esperabades ansiosos por aqueles minutinhos de divertimento. je


Entretemento, humor , e flashbacks o azar que nos fan pasar un bo rato. jajajaja

Podería botar todo o día falando do tema, jeje, pero pararei para non facerme excesivamente pesado.

Espero que disfrutarades tanto coma min destas series (Suponho que si. jajaja) e sigades disfrutando, se pode ser ca ilusión dun neno, jejeje (ainda que esto seguro que xa se perdeu, por desgraza.)

Espero que vos gustara, recordarades e vos fixera dar unha volta ata a infancia (ou ata fai tres días, posto que hai series moi recentes. jejeje).

Saúde e Sorte.

8 comentarios:

  1. Podedes ponher, se vos apetece, as series que máis vos gustaron, ou aquelas que mellores recordos vos trouxeron.

    Esta lista non é pechada, puxen as primeiras que se me vinheron a mente, pero hai moitísimas que se poderían ponher.

    ResponderEliminar
  2. Terías que haber feito unha mención especial ao Xabarín Club, xa que a maioria destas series a vimos na galega,jajajajaja...

    A min as que máis me gustan: Os Simpson, Padre de Familia, como non Bola de Dragon (a mellor serie de todolos tempos,xD), Arale, Os cabaleiros do Zodiaco...bue, ei acabar poñendochas todas, asike vou dicir ke me vin e me gustaron todas as ke puxeches...

    Vou engadir (por dicir algunha): Shin Chan, American Dad... ainda ke kando era meniño eu vía ata as Supernenas e ata Sailormoon (ke viña xusto despois de Bola de Dragon)... A verdade é ke kando era rapaz via kalkera kousa ke botaran no Xabarin Club, jajajaja...

    ResponderEliminar
  3. Como non esta é a nosa biblia de pequenos, era chegar a casa e poñer Xabarin, e xa pasabas a tarde vendo series.

    Dragon ball era das millores, Arale tampouco estaba mal,(Unha merdiña)najajjajaa

    Decir que algunhas non me acordo como Bleach, Naruto??? non me acordo.

    Pero lembrome de Gatocan,jajajajaja.Tamen as que mencionou o señor da xe.

    Un gran artigo, queremos que nos refresques a memoria con mais artigos asi, nnca esta de mais voltar a infancia.

    ResponderEliminar
  4. Ohhhh... que artigo... que sorpresa... que recordos!!!! Somos da xeración Xabarín!! xD Eu acompañaba as series comendo un bocadillo de nocilla, jajaja. Míticas cancións saíron dese club!! xD

    A min tamén me gustan moitísimo, as que mellor recordo son Doraemon (quen me dera o seu "peto máxico" xD), Arale, Chicho Terremoto, e por suposto Dragon Ball (aínda que eu sempre lle chamei Son Goku).

    Shin Chan xa na época do instituto... E mellor en galego, que en castelán séguena poñendo pero é bastante odiosa, perde toda a gracia. Recordo cando me levantaba cedo os domingos para ver tamén os debuxos na TVE... onde quedan esas mañáns!! xD

    Eu vou engadir Os Picapedra (que volvan poñela que a volvo ver!! xD) ou a Pantera Rosa, a min das que máis me gustaban xunto coas que dixen antes. Bueno... e os capítulos de Érase una vez... que había do corpo humano, de historia... descubrementos...non sei se vos dades conta de cales digo, a min encantábanme!!

    Ahora vexo Los Simpsons, Padre de Familia, American Dad... Pero tampouco me lembro de Bleach nin Naruto, ou polo menos non me dou conta de cales son.

    Encantoume, un gran artigo, as series de antes eran mellores cás de agora!! jajaja. Nunca se pode perder toda a parte infantil coa que nacemos nin toda a inocencia de entón, aínda que a vida nolo poña moi difícil ás veces.


    P.D: Xa estou eu cos meus "mini" comentarios, eso que o intento pero non o consigo!! :(

    ResponderEliminar
  5. É normal que non vos lembredes de Bleach ou de Naruto porque son series actuais (2002, 2004)de gran fama. Non son de aquela é poca. Son de agora.

    Aqui puxen de todo, series de antes e de agora.

    ResponderEliminar
  6. A min as series que mais me gustan son:Dragon Ball,os Simpson,encantame padre de familia,gustame tamen,quizas menos American dad,tamen me gusta moito evangelion e os digimon,e como non encantame os Pokemon,en xeral tamen me gustaban a maioria das series que salian no Xabarin club.

    ResponderEliminar
  7. Joba jejeje que recordos!! Eu tamen era do xabarin club, hasta comprei a tarxeta unhas cantas veces para facerme co carne de socia pero o final nunca o enviei je!
    A min encantabame Doraemon, e gatocan (este vino a canda meu irmao) e uns debuxos de dinosaurius que me encantaban pero non logro recordar como se chamaban! Tiñan un bebe dinosaurio pequeno que te partias e o papa dinosaurio traballaba nunha canteira ou algo asi! Alguen se acorda como se chamaba? Ou alguen o viu? jejeje..
    Tamen me encantaba Pipi Calzaslargas! E a parte de xabarin tamen via todos os sabados Club Disney!
    Son unha excepción, nunca vin Dragon Ball e o último que vin foi Pokemon (gracias a Miguel tamen je) e de cando en vez Padre de Familia.. O video que escolliches deste ultimo e boisimo!! jejeje

    ResponderEliminar
  8. Eu que ía facela coña de que comentara María, a ver que debuxos vía a súa xeración...jajaja Sinalarlle que o dos dinosaurios era na primeira: tu no mami!!!!!jaja e non eran debuxos era unha serie.

    Eu son de Dragon Ball a morte, jaja ceaba vendo a serie sen excepcion e despois pa cama, o malo foi cando cambiaron o horario pas 8 e media que me tiveron que cambiar a hora de ir pa cama tamn. creo que ata miña nai se lembra dos capítulos, que eternas as batallas con Célula... Sailor Moon serían os seguintes significativos, e é que a maioria das series de aagora son un plaxio desta.

    Había outra q botaban na primeira os sábados pola maña de tias q loitaban e se transformaban cunha especie de xoias de cristal...pouco a vin pero sempre me quixen acordar do nome, e non din.

    Os picapedra encantabanme, en galego claro está. A familia crece tamn marcou as nenas da época, agora pareceme unha ñoñada jaja ,Pero e que Yu e Miki traíanos enganchadas. A pajarería de transilvania na 2....etc....

    Como pelis(e eso que eu non vin demasiadas na infancia)traíame tola En busca del Valle encantado con Piecito...Anque a veciña tiña os vídeos dos Osos Amorosos e ás veces tocaba papalos....jaja

    joé ninguén falou de Heidi nin Marco nin la aldea de arce...está claro que non saían no Xabarín

    ResponderEliminar