Nesta ocasión se trata de decir que ganha e quen perde, e polo tanto, non hai empate posible. Espero as vosas opinións tras ver os videos:
1º Round: X-Japan Vs Skid Row
vs
2ºRound: Soundgarden Vs Pearl Jam
vs
3ºRound: Radiohead vs Muse:
vs
4ºRound: Koma vs Estirpe:
vs
Ata aqui isto. Espero que vos guste.
Ata a próxima.
O Senhor da Z.
BENVIDOS
Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --
-- Grazas pola Visita --
ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS
NO ESPAZO DO SENHOR DA Z
Últimos artigos publicados
lunes, 28 de diciembre de 2009
domingo, 27 de diciembre de 2009
A torre de Hércules: Patrimonio da Humanidade
Neste ano 2009 que xa por fin remata, A torre de Hércules proclamouse, non sen tempo, Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO, converténdose, de este xeito, no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Santiago de Compostela.Por este motivo adicarei un pequeno artigo a este monumento para quen lle poida interesar mínimamente:
A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na cidade de A Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. Foi construída polos romanos como faro de navegación a finais do século I ou comezos do II d.C. durante a época de Traxano. Unha inscrición aos pés da torre indica que foi erguida por Gaio Sevio Lupo, arquitecto de Aeminium (hoxe Coimbra).
A mención máis antiga da torre é de Paulo Orosio (comezos do século V), que a califica como "altísimo faro". Unha das representacións máis antigas coñecidas é a do Mapamundi do Beato de Burgo de Osma, do ano 1086.
LENDAS QUE RODEAN ESTA TORRE
Hai varias lendas relacionadas coa súa construción. Unha delas, narrada na Crónica Xeral de Afonso X, conta que Hércules chegou en barca ás costas que rodean actualmente a Torre, e que foi precisamente no lugar onde hoxe se sitúa esta que enterrou a cabeza do xigante Xerión, despois de vencelo en combate e liberar ás xentes do lugar da súa tiranía. Sobre o lugar no que enterrou a cabeza ergueu unha torre e mandou logo poboar unha cidade. Crunna foi a primeira muller en se presentar e dela tomará nome a vila. No escudo da cidade aparece a torre e, por baixo dela, a caveira de Xerión.
A outra lenda foi tomada do Libro das invasións de Irlanda durante o Rexurdimento: nel cóntase que o rei Breogán de Hispania ergueu unha torre desde a que o seu fillo Ith albiscou Irlanda; morreu no intento de conquistar a illa pero o seu irmán, Mil, si tivo éxito.
A Rosa dos Ventos de Correa Corredoira (1994) inclúe nos seus motivos por un lado os países celtas e por outro Tarsis, patria de orixe de Xerión.
Para máis información ler libros ou buscade polo internet.
Por último recomendar a súa visita. Merece a pena ser visitado
Espero que vos guste.
Saúde e sorte.
O Senhor da Z
miércoles, 23 de diciembre de 2009
Chegamos as 1000 Visitas
martes, 22 de diciembre de 2009
Un Poema Homenxe
Ramón Cabanillas Enríquez, nado en Fefiñáns, Cambados, o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959( 50 aniversario da súa morte).
Hoxe quixera ponher un poema de Ramón Cabanillas que sempre me gustou:
En pé!
Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancurada luz
que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
cantémo-lo dereito a libre nova vida!
Validos de treidores
a noite da Frouseira
á patria escravizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo,
xa afloxan as cadeas…
Irmáns asoballados
de xentes extranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
e ó pé da enseña da nazón galega
cantémo-lo dereito a libertar a Terra!
Irmáns no amor á Suevia
de lexendaria historia,
en pé! en pé dispostos
a non morrer sin loita!
O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre honrada chouza!
Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
A oliva nunha man, a fouce noutra,
berremos alto e forte:
“A nosa terra é nosa!”
Ramón Cabanillas
"Da Terra Asoballada" (1917)
Espero que vos guste como sempre me gustou a min.
Saúde e sorte
O Senhor da Z
domingo, 20 de diciembre de 2009
Videos con historia
Aqui uns cuantos videos curiosos que mostran unha historia para ver:
-- Muse: Historia con misterio e intriga:
-- Radiohead: Unha historia moi moi surrealista. Video moi curioso:
-- Disturbed: Historia Ben debuxada:
-- Hamlet conta unha historia de crímenes:
-- Skizoo conta unha oscura historia:

Se chegastes o final noraboa!!!. Grazas por ver os videos e espero os vosos comentarios. Cal vos gusta mási?, Cal vos parece peor?, etc.
O Senhor da Z
jueves, 17 de diciembre de 2009
O Humor. Un pouco de risoterapia.
O Humor é unha forma de entretemento e de comunicación humana, que ten a intención de facer que a xente sexa feliz e ría.
A continuación sesión gratis de risoterapia (técnica psicoterapéutica que pretende producir beneficios mentais e emocionais por medio da risa), ou non, xa que non ten porque facer gracia (Hai xente ingraciada. jajaja):A ver se tedes sentido do humor para ver todo isto:
-- A mellor forma de facer un contrato:
-- O intrigoso chiste máis gracioso do mundo por Monty Python:
-- A Forma máis torpe de ligar por woody allen:
-- Tipos de locutores de futbol por martes y trece:
-- Como é a Guerra por Gila:
-- O mellor actor do mundo para o informal:
-- El cabo del miedo por cruz y raya:
Para Rematar un pouco de seriedade humorística:
Extra: Chaplin serio: Discurso de O Gran dictador:
Sesión de risoterapia finish: Esperemos que vos gustarán os videos, se é que alguén os viu todos.
Viva o humor.

martes, 15 de diciembre de 2009
Os verdadeiros Heroes
Unha persoa convértese en heroe ao realizar unha fazaña extraordinaria e digna de eloxio. Dito isto, podemos deducir que os heroes non son esas persoas con poderes extraordinarios que loitan contra monstruos. Os verdadeiros heroes, son esas persoas que viven nun país do terceiro mundo axudando como poden, os que investigan vacunas e remedios contra as enfermidades mortais, os que loitaron no pasado por un mundo mellor, os que se ocupan de persoas desamparadas.......
Estes son os verdadeiros heroes e os que de verdade deberían recibir os premios (non coma outros).
Debo mostrar a minha admiración por eles e un merecido reconhecemento a súa labor.
Non deixedes de intentar acadar un mundo mellor, que a vida é corta para vivir a desgusto.
Buscade a liberdade.
Dito isto, homenaxe dun símbolo de liberdade: Non deixedes de escoitar esta maravillosas letra: L`estaca, popular e histórica canción composta en 1968 polo cantautor catalán Lluís Llach: Símbolo de loita contra o franquismo nesa época.
composta en plena dictadura do Xeneral Franco en España, é un chamamento á unidade de acción para liberase das ataduras, para conseguir a liberdade, Convertédose nun símbolo da loita pola liberdade.
Homenaxe as persoas que loitaron por tentar acadar un mundo mellor.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)