Unha persoa convértese en heroe ao realizar unha fazaña extraordinaria e digna de eloxio. Dito isto, podemos deducir que os heroes non son esas persoas con poderes extraordinarios que loitan contra monstruos. Os verdadeiros heroes, son esas persoas que viven nun país do terceiro mundo axudando como poden, os que investigan vacunas e remedios contra as enfermidades mortais, os que loitaron no pasado por un mundo mellor, os que se ocupan de persoas desamparadas.......
Estes son os verdadeiros heroes e os que de verdade deberían recibir os premios (non coma outros).
Debo mostrar a minha admiración por eles e un merecido reconhecemento a súa labor.
Non deixedes de intentar acadar un mundo mellor, que a vida é corta para vivir a desgusto.
Buscade a liberdade.
Dito isto, homenaxe dun símbolo de liberdade: Non deixedes de escoitar esta maravillosas letra: L`estaca, popular e histórica canción composta en 1968 polo cantautor catalán Lluís Llach: Símbolo de loita contra o franquismo nesa época.
composta en plena dictadura do Xeneral Franco en España, é un chamamento á unidade de acción para liberase das ataduras, para conseguir a liberdade, Convertédose nun símbolo da loita pola liberdade.
Homenaxe as persoas que loitaron por tentar acadar un mundo mellor.
Espero que vos guste.
O Senhor da Z
que patriótico e reflexivo se ergueu hoxe o da z...
ResponderEliminarhabía que facelo..... o malo é que non o lea ninguén. Polo menos ai queda. jejeje
ResponderEliminarMoi bo Z!!!
ResponderEliminarEu non podo comentar este artigo porke se empezo non paro!!!! MEKAJONO PUTO FACISMO E MEKAJONAs PUTAS DICTADURAS!!! Non consigo ser obxectivo kon estes temas, e saeme unha vea moi radical....
Viva a LIBERDADE kona!!!!
....ke a justo me kedei....
Joba moitas cousas me quedaran sin ver polo medio!! Non me gusta nada o acento catalán pero nesta canción non e tan esaxerado e ademais a letra está moi ben! Nunca oira falar dese tipo.. Gustoume o artigo, que sería de todos sin xente con valor que loita polos ideais!!!
ResponderEliminarHai pouco vin unha pelicula, Salvador Puig Antich(a historia dun xoven anarquista, o ultimo condeado inxustamente a morte por garrote vil en España na dictadura de paco) e a banda sonora me soaba raramente (a voz do que a cantaba claro) e acabo de recordar que xa vira aki o nome de Lluís Llach... Se tes curiosidade, "I si canto trist" é a canción, moi boa, como esta...
ResponderEliminarMarabilloso artigo, como non me puxen antes a velos? Non o sei... pero nunca é tarde.
ResponderEliminarHeroes hai cada día, dende un bombeiro que arrisca a súa vida pola dos demais ata unha persoa anónima que se tira á auga porque alguén estea afogando. Na maioría é a súa profesión pero tanta valentía e compromiso ten moitísimo mérito.
E como non as persoas que loitan polas súas crenzas e ideais sabedores de que podían ser condenados e castigados por elo. As inxustizas son proba de que o mundo non é para nada un lugar idílico no que vivir, e segundo onde naces, menos aínda. Hoxe en día, na terra na que vivimos os galegos, as condicións melloraron grazas a xente que reivindicou unha dignidade para o país. Oxalá esas persoas comprometidas non deixen de loitar nunca, sexa no punto da terra que sexa, e que o esforzo valla para algo.