BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

martes, 22 de diciembre de 2009

Un Poema Homenxe

Ramón Cabanillas Enríquez, nado en Fefiñáns, Cambados, o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959
( 50 aniversario da súa morte).

Hoxe quixera ponher un poema de Ramón Cabanillas que sempre me gustou:



En pé!

Irmáns! En pé, sereos,
a limpa frente erguida,
envoltos na brancurada luz
que cai de riba,
o corazón aberto
a toda verba amiga,
e nunha man a fouce
e noutra man a oliva,
arredor da bandeira azul e branca,
arredor da bandeira de Galicia,
cantémo-lo dereito a libre nova vida!

Validos de treidores
a noite da Frouseira
á patria escravizaron
uns reises de Castela.
Comestas polo tempo,
xa afloxan as cadeas…
Irmáns asoballados
de xentes extranxeiras,
ergámo-la bandeira azul e branca!
e ó pé da enseña da nazón galega
cantémo-lo dereito a libertar a Terra!

Irmáns no amor á Suevia
de lexendaria historia,
en pé! en pé dispostos
a non morrer sin loita!
O día do Medulio
con sangue quente e roxa
mercámo-lo dereito
á libre honrada chouza!

Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
A oliva nunha man, a fouce noutra,
berremos alto e forte:
“A nosa terra é nosa!”

Ramón Cabanillas
"Da Terra Asoballada" (1917)


Espero que vos guste como sempre me gustou a min.
Saúde e sorte

O Senhor da Z

6 comentarios:

  1. DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS!!!!
    Si señor, Señor da Z!!!!
    Aber se cheja o día ke deixamos de pensar ke chove kando mexan por nós...
    Viva o espírito de Breogán!!!Viva a nosa Terra!!!
    O galego (e orgulloso de selo) Señor da Xe.

    ResponderEliminar
  2. Pois decirlle que Cabanillas, creo que foi un dos poetas mais importantes, non estou seguro se foi un dospertenecientes as Irmandades da fala(eque non me lembro,a miña memoria non emoita),a pena destes grandes escritores eque tiveron que emigrar para poder faceren o que querian,porque aqui non os deixaban disfrutar do seu DON,que era a lingua galega.
    Inda que non son omais apropiado para falar da lingua galega xa que recoñezo o meu castelanismo, pero aqui vos deixo unha pequena promesa para o 2010,falaren galego,e tamen convertir omeu blog en galeguista.

    Creo que semefoi algo apinza,jajajajja
    Un saudo senhor da z

    ResponderEliminar
  3. Sinalarlle ó señor S que a súa memoria non lle falla, sí pertenceu as Irmandades da Fala, xunto con outros autores dese movemento claramente os mais relevantes de Galicia dos inicios do seculo XX.

    Non vos imaxinades a alegría que me da que tratedes literatura nos vosos blogs.Realmente non me animaba a facer o meu por se caía na tentación de tratar estos temas e vos aburría...
    Tan só sinalar que tamen temos poetas contemporáneos galegos moi bos, anque aa temática non sea a mesma, evidentemente debido á diferencia de épocas e vivencias.

    Gustoume moito o artigo, seguide así.

    ResponderEliminar
  4. sempre me gustou este poema. Desde pequeninho.

    ResponderEliminar
  5. O poema está xenial, sonabame do ano de literatura galega que collin no instituto e do meu querido profesor Payo que nos ensinou literatura galega e escritores galegos a moreas, pena que xa non me acorden nin a metade!

    ResponderEliminar
  6. Inmenso!!!! Moi bo o poema!!! Sempre empezo así os meus comentarios pero é que non podo decir outra cousa!! O Señor da Z non me dá demasiadas elecións cos artigos que crea!!!

    O poema ten moitísima forza!!! Non se pode ler sen deixar de sentir aínda máis orgullo se cabe pola nosa terra, e o berro final: "A Nosa Terra é Nosa!!!" non se podería rematar de mellor xeito.

    ResponderEliminar