BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

viernes, 11 de diciembre de 2009

Os Nº1

O un (1) é o número enteiro que se sitúa logo do cero e antes do dous. Pois dito isto, vamos a observar algúns nº1 (ou que destacaron moito en algo). Cada un coa súa idiosincrasia propia claro:

-- Sócrates:
Célebre e controvertido filósofo grego que viviu en Atenas entre o 469 e o 399 a.C. A pesar de non escribir nada, exerceu unha enorme influencia sobre o pensamento do seu tempo. Ademais de Platón, destacan as chamadas escolas socráticas: a cínica, a megárica e a cirenaica.

-- Leonardo da Vinci:
nado o 15 de abril de 1452 e finado o 2 de maio de 1519, foi un pintor, arquitecto, enxenheiro, científico e escultor do Renacemento italiano. Está considerado por moitos como o arquetipo do Home do Renacemento. É o autor do máis famoso cuadro do mundo, intitulado Mona Lisa ou A Gioconda.
No ano 2008, foi elixido nunha enquisa elaborada co motivo da celebración do Día de Europa en 50 países europeos o personaxe máis influente da sociedade europea actual.


-- Mozart:
Wolfgang Amadeus Mozart, nado en Salzburgo o 27 de xaneiro de 1756 e finado en Viena o 5 de decembro de 1791, está considerado como un dos máis grandes compositores de música clásica europea. Foi o neno prodixio por excelencia, como compositor e como intérprete.

-- "Che" Guevara:
Ernesto Guevara, coñecido como Che Guevara ou el Che, nado en Rosario, Provincia de Santa Fe, Arxentina, o 14 de xuño de 1928 e finado en La Higuera, Bolivia, o 9 de outubro de 1967), foi un médico, político e revolucionario marxista ademais dun dos líderes da guerrilla na Revolución Cubana, e logo participou nos primeiros anos do novo réxime, en particular sendo ministro de industria.
Trala súa morte converteuse nun símbolo de alcance mundial, para os seus seguidores simboliza a loita contra as inxustizas sociais ou de rebeldía e espírito incorrutible.


-- Castelao:
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e finado no exilio, en Bos Aires, o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

--Maradona:
Diego Armando Maradona (Lanús, Provincia de Bos Aires, Arxentina, 30 de outubro de 1960), futbolista arxentino, alcuñado "O Dez" e "Pelusa", entre outros. Está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte, sendo elexido o mellor xogador do Século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.


-- Federer:
Roger Federer, nado o 8 de agosto de 1981 en Basilea, é un xogador de tenis profesional suízo. Está catalogado como un dos mellores e máis completos na historia deste deporte.


Aqui tedes algúns nº1, coa súa idisincrasia propia e que destacan.
Non destaquedes nunca.
O adestacado Senhor da Z

7 comentarios:

  1. - Sócrates bueno... podiaste decantar por outros mais famosos, pero asi me gusta...
    - Maradona, mmmmmmm, a min kaeme mal, asi ke por ke non sae ahi Zidane.
    Os outros malláchelos, e por certo, jodichesme o meu artigo sobre Leonardo Da Vinci, un dos personaxes da historia que sempre me gustaria haber coñecido, pero bueno, kando o prepare fareino igual, ainda ke me tachen de "plaxiador".
    Ja!

    ResponderEliminar
  2. ta bien ta bien....
    menos mal q aclraches o do numero un...q senn non nos situábamos...jaja



    ¿o teu contador de visitas está sempre no mesmo número ou parécemo a min???

    ResponderEliminar
  3. Weno non esta mal o artigo pero falta xente nos nº1 como:
    David Cal capaz de gañar duas medallas e vomitar o recibir as medallas.jajjaa
    Contador o proximo Indurain,este e un fenomeno en ciclismo.
    Pau tan alto como titulos gana al año.
    ETC
    ETC

    ResponderEliminar
  4. Ummmmm...si con alguns estou dacordo pro con outro non, concretamente con Maradona! Evidentemente tiña que empezar a falar polo tema futbol, jeje.. Un xogador coma el por moi bo que fora xogando e ata teña unha relixión basada na sua persoa, pa decir que e o número un hai que fixarse en toda a sua traxectoria persoal e profesional e Maradona deixa moito que desexar... Para nada o considero o nº 1!! (noooon jejej non vou decir que e Raul jejejej)

    ResponderEliminar
  5. JS dixo: de acordo con que maradona non pode gozar no honor de recibir un dos teus nº1 "Z" antes recoñecer a valeron.

    O resto estou de acordo agas con federer que ainda nn rematou a sua carreira, deixo ai, por min non e moi merecido.

    pola miña parte espero fagades mais articulos de este tipo, e mellor se son dunha sola persoa e mais estensos, polo menos fago algo bo nestas vacacions que e leer, cousa que durante o ano non fago nunca

    ResponderEliminar
  6. Parabéns para o senhor da z, un agradable descubrimento no xa ateigado mundo blogueiro, parabéns pola escolma malia non estar moi dacordo cos dous últimos.

    ResponderEliminar
  7. Estou dacordo en todos agás con Maradona tamén, non me parece o mellor no seu pero bueno, en todo ten que haber variedade de opinións.

    Os demais creo que poñería os mesmos, dubido máis en Federer pero tendo en conta os títulos que posúe... só un ou dous tenistas como moito lle poderían facer sombra.

    Xa digo, na miña opinión, moi ben escollido.

    ResponderEliminar