BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

sábado, 16 de enero de 2010

Que opinades? Hoxe a Sorte

Chámaselle sorte á crenza nunha organización dos sucesos afortunados e desafortunados. É unha forma de superstición interpretada de forma diferente por individuos diferentes.


A maioría das culturas consideran que algúns números son afortunados ou desafortunados. Esto resulta especialmente forte nas culturas asiáticas, onde conseguir números de teléfono, matrículas de automóbiles ou direccións postais «afortunadas» se buscan activamente, a veces a cambio de elevadas sumas de dinheiro.

Diversos obxetos e sucesos tamén se consideran afortunados ou desafortunados, como por exemplo:

Afortunados:
Topar unha moneda coa cara hacia arriba
Ferraduras
Trevo de catro follas
Pata de coello
Elefantes coa trompa cara arriba
o número sete
Tocar madeira
Cruzar os dedos

Desafortunados:
Martes 13 (Nalgunhas culturas, o venres 13)
O número 13 (nalguns lugares se salta a planta 13 nos edificios)
Un gato negro cruzando teu caminho
Romper un espello (sete anos de mala sorte)
verter sal
Ponher un sombreiro sobre a cama
Abrir un paraguas no interior da casa
Matar unha aranha dentro de casa
Caminhar baixo unha escaleira
Decir «boa sorte»
Contestar «grazas» a quen te desexe boa sorte
Recoller unha moneda coa cara hacia abaixo (pode evitarse regalándoa)
Ponher zapatos sobre una mesa
Nun barco, tradicionalmente se consideraba desafortunado levar unha muller a bordo
Desexar «boa sorte» a un actor que vai a sair a escea (prefierese desexarlle que se rompa unha perna)
Entre os actores se considera que vestir de amarelo ou levar algo amarelo nunha obra de teatro trae mala sorte
Os zurdos
Ver unha urraca
Que un paxaro entre voando pola fiestra.


Que vos parece este tema, creedes na sorte e sodes supersticiosos ou non o sodes?
Seguro que todos tedes os vosos amuletos por ai, ainda que nn o digades. jejeje.

Espero que vos guste. Ata a próxima.
Saúde e Boa sorte.

5 comentarios:

  1. Bueeeeeeeno....
    Eu vouche dicir que si, creo na sorte (ke llo digan a Segade, nunca vin tipo tan suertudo, jajajajajaja) pero non son nada supersticioso!!! non me poño todo tolo a buscar calqueira obxecto de madeira despois de ver un gato negro... (se ves un gato negro, e tocas a Cristiano Ronaldo válese,xD...se non se entende o chiste contoo nun posterior comentario), ademáis (e non é por facerme o entendido nin por criticar o seu artigo) tiña entendido que nalgunhas culturas ver un gato negro tamén é sinal de boa sorte... asi ke direille ke coma todo, depende da cultura a través da que se miren os conceptos!! pero si, a sorte existe!!

    En canto as cousas afortunadas e desafortunadas ke puxeches coñecia practicamente todas, quitando o do elefante (nos afortunados), o da araña, e o do sombreiro e os zapatos derriba dunha cama e dunha mesa respectivamente (nos desafortunados)...

    Pola miña parte nada máis, sempre disposto a comentar calqueira artigo que guste colgar deste espazo, e xa está...creo ke lle cheja...jajajaja

    ResponderEliminar
  2. Eu tamen creo na sorte a verdade, se tes a sorte de cara todo e mais sencillo.

    Decir que a sorte aina que buscar, non podes esperar sentado a que che veña.

    -¿Quen vend
    e un trebol de4follas??
    jajajjaja
    Decir ademais que habia algunhas supersticions que coñecia outras non a verdade.

    Sempre sorprendendo con artigos señor da

    ResponderEliminar
  3. Eu non son supersticiosa, de feito dos que están clasificados coma obxectos ou sucesos desafortunados pasáronme ou fixen case todos!! Pola contra, ben é certo que cando era pequena buscaba os trévoles de catro follas pero non moito máis.

    Ás veces toco madeira (dende pequena tamén e algunha vez aínda o fago) pero aos aspectos negativos non lles presto atención. De feito non coñecía un terzo dos que están aquí recollidos, por exemplo xamais escoitara o de poñer un sombreiro por riba da cama ou o dos zapatos...

    Coñezo a persoas bastante supersticiosas pero moitas máis que supersticións teñen manías de que facendo algo dun xeito concreto lle vai traer boa sorte porque sempre que o fixo así lle saíu ben.

    Moitos din que a sorte haina, pero hai que buscala... Eu creo en poucas cousas, e a sorte non é unha delas, non creo que o que nos pase dependa da sorte. Depende de nós e do que facemos ou non facemos. Non podemos culpar das desgrazas que nos sucedan á mala sorte posto que é a nosa vida e as decisións tomámolas nós.

    Hai momentos bos... momentos malos... pero eso é a vida, para ben ou para mal. O que nos sucede forma parte de nós, inflúe na nosa personalidade, na nosa experiencia como persoas, na nosa forma de relacionarnos cos demais...

    Se algo sae mal non podo culpar á mala sorte, na miña opinión é unha maneira de quedar coa conciencia tranquila. E se sae ben é mérito dun mesmo, e non da boa sorte. Poden influír factores externos (como outras persoas por exemplo para que todo saíra ben) pero non a sorte.

    A miña breve opinión coma sempre... gustoume moito o tema, noraboa.

    ResponderEliminar
  4. Eu tamen creo na boa e mala sorte, e creo que todo na vida che ven segun a sorte que teñas.. Como di miña nai uns nacen con estrella e outros estrellados! Hai que buscala si, pero todos o longo das nosas vidas temos momentos con moita sorte e outros bastante desafortunados e por moito que a busques por ter un amuleto ou cen non creo que a atopes e che dure..
    Con todo isto, eu si que teño a miña parte supersticiosa! Se vou por unha acera e hai unha escaleira nunca paso por debaixo.. O de tocar madeira e o de cruzar os dedos sempre o fago tamen, pero do resto afortunadamente paso, solo son pequenas manías que fun collendo e que non deixo de facer por si acaso as moscas je..
    En canto os amuletos teño o meu número da sorte que nunca me toca nada jejej e entre algun libro teño un trebol de 4 follas pero a saber... Ah, e faltouche o de levantarse co pe dereito ou entrar en algun sitio con ese mesmo pe jejeje! Si, eu tamen o teño feito..
    Creo na sorte, un exemplo, hai accidentes que está o coche destrozado completamente e os que ian dentro non teñen mais que algun rasguño e sen embargo hai xente que cun pequeno golpe queda no sitio... Eu a eso chamolle ter sorte! O tipo que lle tocaron 6 veces o gordo da loteria, pa min tamen e ter sorte!! Jejeje toume esplaiando e con tonterias pero creo que cando algo che sae mal porque fixeches algo mal non ten nada que ver ca sorte, pero hai moitas cousas que che saen mal ou ben e non teñen nada que ver cos teus actos, eso pa min e sorte!
    Gustame o artigo, da lugar a debate je..

    ResponderEliminar
  5. e...despois de semellantes biblias engadir que eu tampouco son supersticiosa, que cultivaba de pequena trevoles de 4 follas algún saía de mais follas incluso...sí era unha mata especial que eu regaba habitualmente. Que me encantan os gatos, negros tamén e q non me considero demasiado afortunada...e casi que nada mais...

    ResponderEliminar