BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

sábado, 27 de febrero de 2010

Special Versus: Lives

Desta ocasión a especialidade consiste en que nos atopamos ante unha actuación en directo. son todos grandes directos, pero a ver quen vos parece que o ten mellor:

1ºRound: Muse Vs U2


Vs


2ºRound: Iron Maiden Vs X Japan


Vs


3º Round: The Who Vs The Rolling Stones


Vs



Espero que todo sexa do voso agrado e que, polo menos vos impresione algún destes directos.

Ata a próxima. Saúde e Sorte

viernes, 26 de febrero de 2010

Algo.... que nos insulta

Nos últimos días asistimos a un acontecemento que demostra moi pouca intelixencia por parte dun ser humano e incluso un animal, e polo tanto so podemos calificar de cousa: Me estou referindo a Rosa Díez, esa que quere unha "España una" e que tanta manía ten a todos os países que forman Espanha.

Para aclarar máis este tema, encarguei a un equipo de investigación formado por un bocadillo e un espia da sgae que me fixese un informe. O resultado non podía ser máis lamentable:

Nunha entrevista realizada por Gabilondo a esta cousa, nun momento dado e trala pregunta de que opina de Zapatero e Rajoy, esta contesta o seguinte:


Despois deste lamentable insulto a todo cidadán galego as noticias sucedéronse:
- El País:
Rosa Díez: "Zapatero podría ser gallego en el sentido peyorativo"
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Rosa/Zapatero/podria/ser/gallego/sentido/peyorativo/elpepiautgal/20100225elpgal_15/Tes

Rosa Díez no se plantea pedir perdón por su uso de "gallego"
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Rosa/plantea/pedir/perdon/uso/gallego/elpepiautgal/20100226elpgal_14/Tes

- La Voz de Galicia:
Clamor contra Rosa Díez por utilizar «gallego» para descalificar a Zapatero
La diputada pidió a La Voz que la gente tenga «sentido del humor» ante una expresión que ya había usado antes

http://www.lavozdegalicia.es/espana/2010/02/25/0003_8317708.htm

Estes son so algúns exemplos pero en calquera xornal toparedes información.

Esta "senhora" se queda coma se nada despois de insultarnos e pide sentido do humor: Pois eu tamen con sentido do humor lle respondo: Non fai falla que venhas por aqui, vai a túa casa polos votos.

A súa actitude reflexa o que é. Sen comentarios, xa que se define ela soa.

Por último vou ponher unha noticia en relación co tema que ela tamén debía ler:
La Voz de Galicia: La Academia Española suprime «tonto» como acepción de «gallego»
Mantiene el resto de la redacción que tenía la entrada en la última versión del Diccionario, del año 2001.
El artículo ha sido enmendado para que no figure en la próxima edición de la obra de referencia de la RAE.

http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2009/07/09/0003_7836636.htm

A ver que vos parece o tema, outra vez un pouco longo. Excuse moi, pero penso que da lugar a debate.

Non vos olvidedes que sodes galegos: sentídevos orgullosos diso e defendede a nosa cultura e lingua (claro está, SEMPRE por medios pacíficos e a través da promoción, NUNCA dende medios violentos e a imposición.)

Ata a próxima. Saúde e Sorte.

jueves, 18 de febrero de 2010

Un novo "monstro" que non para de medrar.....

Un tema vello pero que está moi de actualidade: Estamos asistindo o crecemento dun monstro que xa está bastante mantido, e que está a crear un gran terror no común dos cidadáns: Me estou referindo a SGAE (Sociedade Xeral de Autores), xunto con outras sociedades deste estilo que din defender os dereitos dos autores.

Para realizar este artigo encarguei a un equipo de investigación, formado por un ratón de ordenador, un boli Bic e un tolo que vive na rúa berrandolle as paredes, que me fixera un informe acerca deste tema. O resultado non podía ser peor:

A SGAE está actualmente xerando numerosas noticias. As súas actuacións Falan por si soas:

El PAIS: - Solidaridad a beneficio de la SGAE
El cobro de derechos en actos benéficos reabre el debate sobre la voracidad de la sociedad de autores - Sus detractores piden otra ley - Sus defensores alegan que también se paga la luz o el alquiler. http://www.elpais.com/articulo/sociedad/Solidaridad/beneficio/SGAE/elpepisoc/20090520elpepisoc_1/Tes

- La SGAE pide 39.500 euros a dos comisiones de fiestas.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/SGAE/pide/39500/euros/comisiones/fiestas/elpepiautgal/20100216elpgal_5/Tes


Estes son alguns exemplos, pero existen multiplicidade de noticias sobre isto.

-Este Avogado explica dunha maneira didáctica e entretida este tema: David Bravo:


Neste outro video aclara a situación actual:


- No humor tamén podemos atopar referencias ao asunto: jajajaja



Chamada Real a SGAE Sobre o tema do cobro as perruquerías por ponher a radio





- Incluso se están creando grupos nas redes sociais como Facebook:

Ya no canto en la ducha ni silbo por la calle porque tengo miedo de la SGAE




Se chegades a ver todo o artigo. Noraboa!!!! Sei que é un pouco longo. je.
Para máis información consultar internete ou os xornais.

A ver que vos parece o tema. É un asunto que da para debate. Espero as vosas opinións. Non sei se lle interesará a alguén. Se non vos interesa podedes reflexalo no comentario. grazas.


Ata a próxima. Saúde e Sorte.

sábado, 13 de febrero de 2010

Special Versus: En solitario

Despois dun exame non reina a inspiración e por iso se realiza un artigo sinxelo: Este trata de artistas que cantan tamén en solitario (ademáis de co seu grupo) a ver que vos parece:

1º Round: Tom Morello (Rage against the machine, audioslave) Vs Eddie Vedder (Pearl Jam)


Vs


2º Round: Dio (Rainbow, Black Sabbath, Heaven and Hell) Vs Bruce Dickinson (Iron Maiden)


Vs


3º Round: Serj Tankian (System of a Down) Vs Chris Cornell (Soundgarden, Audioslave)


Vs



Isto é todo por agora. Espero que vos guste e ata a próxima.

Saúde e Sorte

viernes, 5 de febrero de 2010

Versus 5

Voltamos co de case sempre: Dicir quen ganha. Excuse moi por ser tan cansino. É o que hai. je.

1º Round: Weezer Vs Red Hot Chili Peppers


Vs


2º Round: Dream Theater Vs Smashing Pumpkins


Vs


3º Round: The White Stripes Vs The Strokes


Vs


4º Round: System of a Down Vs Mudvayne (Aviso: Ronda un pouco máis metaleira)


Vs



Espero que vos guste algunha Canción e ata a próxima ocasión.
Saúde e Sorte.

sábado, 30 de enero de 2010

Unha das inutilidades que hai no mundo

No mundo hai moitas inutilidades, e unha delas é a Guerra, un invento que non serve máis que para facer dano e onde non hai vencedores, so destrucción.
A guerra pode iniciarse por motivos relixiosos, políticos, económicos...., pero ningún destes motivos me parece xustificación para facer un perxuízo.

- Hai quen loita coa non violencia e se atreve a paralos....

(Apodado Home tanque ou rebelde descoñecido).

- Para finalizar, vou ponher unha canción que ven ao caso: Kasabian: Empire, cun video feito cun ton moi antibelicista que denuncia a estupidez da guerra e o absurdo que é morrer enganado con falsas razóns pola tua "patria" mentres quenes ordenan as guerras están cómodamente sentados, ben vestidos e impecables, nun lugar seguro. O videoclip finaliza cunha frase en latín:

"Dulce et decorum est pro patria mori"

Traducida significa “Dulce e decoroso é morrer pola patria”, o cal pon ainda máis de manifesto o idiotas que son as guerras, tras manifestar no resto do video o inxustas e sen sentido que son.


Pois iso, NON Á GUERRA que non nos fai falla.

Abur. Saúde e Sorte

viernes, 29 de enero de 2010

Unha de Estrelas....

Por se alguén lle interesa ver as estrelas doutra forma....... unhas curiosidades (Excuse moi porque non sei nada de este tema):

--Unha constelación é unha agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno é aparentemente tan próxima que as civilizacións antigas decidiron conectalas mediante liñas imaxinarias, trazando así figuras sobre a bóveda celeste. No espazo tridimensional, en cambio, as estrelas dunha constelación non están, necesariamente, fisicamente asociadas; ata poden atoparse distanciadas por centos de anos luz unhas doutras. Doutra banda, devanditos grupos son completamente arbitrarios, xa que distintas culturas recoñeceron constelacións diferentes. Aínda así, algúns conxuntos tenden a reaparecer, xa sexa pola súa configuración tan peculiar como é o caso de Scorpius, o escorpión, a magnitude aparente (o brillo) das súas estrelas ou debido ao paso recorrente dalgúns corpos celestes os planetas e a Lúa polas súas inmediacións.



Algunhas constelacións son máis antigas ca outras, pois foron creadas fai moitos séculos polos pobos que habitaban as rexións do Medio Oriente e o Mediterráneo. Outras, en cambio, tiveron a súa orixe en tempos máis recentes, cando as viaxes a outros lugares ata entón descoñecidos levaron ao home europeo a explorar os mares do sur (aínda que, hai que aclarar que os pobos que habitaban as rexións austrais antes diso tamén nomearían as súas propias constelacións).

Sóese separar as constelacións en dous grupos, dependendo o hemisferio celeste en que se atopen: as constelacións boreais son aquelas situadas ao norte do ecuador celeste; as que se localizan ao sur chámase constelacións austrais.






Placa tallada no templo de Hator de Dendera (Exipto), aoredor do 50 AC, que representa as constelaciones zodiacais.


--O Zodíaco é unha banda de ceo por onde, aparentemente, transitan o Sol e os planetas. Durante o século V adC, esta rexión foi dividida en 12 partes iguais (unha por cada mes do ano), as cales deron o nome da constelación máis próxima (grupos que moi ben poderían existir antes da invención do Zodíaco propiamente).

Estas constelacións tiñan un nome latino que derivou despois nos actuais cos cales están popularizadas. A constelación onde comezaba a lista era a de Aries, o carneiro, que comeza os seus días o 21 de marzo, o primeiro día do ano de moitos dos calendarios antigos. Disque unha persoa pertence a un signo do zodíaco porque o día no que nace está comprendido nun intervalo determinado pola transición do sol por un tramo determinado do zodíaco. Cómpre lembrar que unha cousa son as constelacións (concepto astronómico) e outra o signo zodiacal (concepto astrolóxico).

Isto é todo. Non sei porque fixen este artigo porque desconhezo totalmente este tema. Sintoo, porque tampouco creo que vos interese, pero asi podedes ponher malo ao tema. jejeje.

Abur. Saúde e Sorte