BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

domingo, 27 de diciembre de 2009

A torre de Hércules: Patrimonio da Humanidade

Neste ano 2009 que xa por fin remata, A torre de Hércules proclamouse, non sen tempo, Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO, converténdose, de este xeito, no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e o Casco Vello de Santiago de Compostela.

Por este motivo adicarei un pequeno artigo a este monumento para quen lle poida interesar mínimamente:

A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na cidade de A Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. Foi construída polos romanos como faro de navegación a finais do século I ou comezos do II d.C. durante a época de Traxano. Unha inscrición aos pés da torre indica que foi erguida por Gaio Sevio Lupo, arquitecto de Aeminium (hoxe Coimbra).
A mención máis antiga da torre é de Paulo Orosio (comezos do século V), que a califica como "altísimo faro". Unha das representacións máis antigas coñecidas é a do Mapamundi do Beato de Burgo de Osma, do ano 1086.

LENDAS QUE RODEAN ESTA TORRE

Hai varias lendas relacionadas coa súa construción. Unha delas, narrada na Crónica Xeral de Afonso X, conta que Hércules chegou en barca ás costas que rodean actualmente a Torre, e que foi precisamente no lugar onde hoxe se sitúa esta que enterrou a cabeza do xigante Xerión, despois de vencelo en combate e liberar ás xentes do lugar da súa tiranía. Sobre o lugar no que enterrou a cabeza ergueu unha torre e mandou logo poboar unha cidade. Crunna foi a primeira muller en se presentar e dela tomará nome a vila. No escudo da cidade aparece a torre e, por baixo dela, a caveira de Xerión.
A outra lenda foi tomada do Libro das invasións de Irlanda durante o Rexurdimento: nel cóntase que o rei Breogán de Hispania ergueu unha torre desde a que o seu fillo Ith albiscou Irlanda; morreu no intento de conquistar a illa pero o seu irmán, Mil, si tivo éxito.

A Rosa dos Ventos de Correa Corredoira (1994) inclúe nos seus motivos por un lado os países celtas e por outro Tarsis, patria de orixe de Xerión.





Para máis información ler libros ou buscade polo internet.

Por último recomendar a súa visita. Merece a pena ser visitado

Espero que vos guste.
Saúde e sorte.

O Senhor da Z

8 comentarios:

  1. Sintoo por facer un artigo tan aburrido. jajajaja.
    Quedoume soso de todo.
    Outra vez será.

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que nunca a visitei... é unha pena que ainda non o fixera [Nota para inútiles: pódese tomar este comentario como unha indirecta para que nos leves de excursion, xD]
    Ad+ notase que che tira a cidade da Coruña, desgraciao...

    Interesante artigo coma sempre Z

    ResponderEliminar
  3. O primeiro dicir que para nada me parece un artigo soso e menos aburrido. Comparto o interese por este monumento ao que por fin se lle recoñece o interese cultural que posee.

    É de obligada visita no noso país (xunto con moitos outros lugares), temos a sorte de ter preto marabillas admiradas polo mundo enteiro (si, saiume un brote de orgullo galego, jeje, pero non digo ningunha mentira) e non está de máis coñecelas e ilas visitar.
    Moi interesantes tamén son todas as lendas que o rodean, toda a historia da que é protagonista. Grazas por facer este resumo.

    En definitiva, moi bo o artigo, gustoume moito.

    ResponderEliminar
  4. Pois estaria ben poder visitar esta gran obra da humanidade, que por fin se decidiron a facela PATRIMONIO DA HUMANIDADE, e dicir, que eu tampouco tiven a decencia de achegarme a vela, pero pasei cerca de ela unhas cantas veces,jajajaj.
    Teremos que intentar visitala proximamente.
    ¿Alguen se apunta?( a pagar os custos da viaxe)
    jajajajja

    ResponderEliminar
  5. Joba nunca entrastes nela? Eso si que e vagancia! O artigo está moi ben pero teño unha duda esistencial, meu avó sempre me dixo que tiña 365 escaleiras, unha por cada dia do ano, e a verdade e que cando entrei mentres ia subindo ias contando pero perdin a conta jejeje e non sei se e verdade! Hai que vela, a min gustoume moito!! Non fai moitos anos que fun pero eu apuntome a ir outra vez, cando queirades!!!

    ResponderEliminar
  6. eu creo que pasei por alí nalgunha ocasión, pero sen dúbida o ideal sería que nos levase o senhor da z a unha excursión para vela...

    QUEREMOS EXCURSIÓN
    QUEREMOS EXCURSIÓN
    QUEREMOS EXCRUSION

    ResponderEliminar
  7. É fácil ir. O malo é que normalmente ali vai moito vento.
    Pero esta ben.
    Levádeme cando queirades.jejeje

    ResponderEliminar
  8. Alédome do recoñecemento á torre de Hércules, mais évos unha mágoa que moitas veces o recoñecemento de Patrimonio da Humanidade non trae canda si unha conservación axeitada nin tan sequera unha promoción turística.

    ResponderEliminar