BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

miércoles, 18 de agosto de 2010

versus 8

Ola a todos!!! Despois dun longo periodo de vacación tentarei voltar a normalidade.
Hoxe o regreso será cun clásico, un versus.
Espero que vos guste:

1ºRound: Dream Theater Vs X Japan


Vs


2º Round: Slash Vs Wolfmother


Vs


3ºRound: Nirvana Vs Soundgarden


Vs


4º Round: Muse Vs The hives


Vs



Isto é todo por agora. Voltarei en breve con outro artigo
Saúde e sorte.

domingo, 25 de julio de 2010

25 de Xullo: Día da Patria Galega









Saúdos, hoxe como 25 de xullo celébrase o día da Patria Galega, asi que verei que se pode escribir sobre o tema.


Historia:
As orixes desta celebración remóntanse a 1919, data na que se xunta en Santiago de Compostela a Asemblea das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte.

Durante a ditadura franquista, as sociedades galegas da emigración continúan esta convocatoria, e na Galiza o galeguismo concéntrase ó redor da tradicional misa por Rosalía de Castro na igrexa de San Domingos de Bonaval. Amais, durante esta época o día institucionalízase como festa oficial en toda España, baixo o nome de Día do Patrón de España, cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país.

En 1968 volveuse celebrar de novo, cunha manifestación na Alameda de Compostela. Serán o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG) os que se manifesten de forma clandestina para conmemorar o Día Nacional de Galicia que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e coa entrada na democracia seguíronse a prohibir as manifestacións da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e BN-PG, xermes do actual Bloque Nacionalista Galego. Até mediados dos anos oitenta non foi permitida a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo na capital galega. Actualmente os diferentes partidos nacionalistas da Galiza seguen a convocar manifestacións para ese día, baixo a denominación de Día da Patria, nas cales fan reflexións no tocante á situación política galega.

Cabe destacar o ano 1948, cando o presidente do Consello de Galiza no exilio, Castelao, pronuncia o seu famoso e emotivo discurso Alba de Groria no Centro Galego de Buenos Aires.
Alba de Groria é un coñecido discurso de Castelao co gallo do Día da Patria Galega de 1948 en Bos Aires.

Dadas as circunstancias históricas nas que se fixo —posguerra civil, exilio do galeguismo— e a talla histórica do seu autor, a significación deste discurso vai máis alá da celebración dun 25 de xullo concreto senón que é visto polo nacionalismo galego coma probablemente o documento que mellor reflicte as aspiracións e ideais deste movemento.

A primeira frase do discurso, Se no abrente deste día úsase entre nacionalistas tanto para referirse a este texto coma para referirse en xeral ós anceios do nacionalismo galego.


Isto é todo amigos, Saúde e Sorte

martes, 22 de junio de 2010

Mestura de Estilos

Gustavos a seguintes mesturas de Rock con música clásica ou ópera? A estes grupos deulles bos resultados e a vos gustanvos?














Ata a próxima. Saúde e Sorte

sábado, 12 de junio de 2010

Relax

......................... ................................






sábado, 5 de junio de 2010

Sesión de Risoterapia (4)

Despois dunha pequena tempada ausente por motivos laborais, voltamos co Humor, cunha sesión de Risoterapia relaxante e divertida que pretende arrancar algún que outro sorriso. Espero que o consiga. je:

1º. Buenafuente: Grandes entrevistas:





2º Se lo que hicisteis: Pequenas cousas que non molan





3º El Intermedio: Noticias e Chuck Norris






4º El Informal: El Doctor Bocaaagua e John Lennon:




5º La Hora de Jose Mota: De Niro e Pacino


6º Muchachada Nui: Bonorrrr


7º El Hormiguero: Teletenda Internacional

(Non me gusta o Hormiguero nada, pero isto fíxome gracia)


Parece que me quedou un pouco longo. así compenso a ausencia. jeje.
Espero que vos riades, que sempre é san.

Ata a próxima. Saúde e Sorte.

sábado, 8 de mayo de 2010

Galería particular (II)

Seguimos coa minha particular galería.

E seguimos con máis debuxos da colección de Castelao: Cousas da vida
Unha gran visión da época polo noso xenio:



- ¡Gandulo! ¡Lacazán! ¡Borrachón!.

- Boeno... Xa empezamos coas indiretas...!













-Yo nunca sentí la necesidad de saber gallego.

-Es que esa necesidad no se siente en la barriga.













-Vostede terá moito dereito; pero eu teño moita razón.














-Nas cidades prohibiron os pobres.

-Sería mellor que prohibiran a probeza.









-Disque van subir os selos das cartas.

-¡Que ben fixemos en non saber escribir!.









A felicidade, lonxe dos homes.











- ¿E se ao dar a volta a terra caese a auga do mar enriba do sol?






-¿Por que non lle dás de comer ao can?.

-Para o que traballa...

-Pois entón, ¿Por que non o matas?

-Para o que come.









-¿E para que son os deputados?

-Eu non o sei meu fillo.








-A mi gustas una barbaridá, sabes?, pero como eres can de palleiro...

-Vaites, Vaites,...







-Mire que teña ben de zucre, que se non zorrégolle unha pedrada.

Ata aqui unha nova edición do gran xenio.

Ata a Proxima. Saúde e Sorte

sábado, 1 de mayo de 2010

1º de Maio. Día internacional dos Traballadores

Nestes tempos malos para os traballadores que corren, días como estes se fan máis necesarios para manter viva esa loita obreira que acadou importantes logros para os traballadores.

O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial.

Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axusticiados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álgido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.

É curioso que nos Estados Unidos non se celebra esta conmemoración. Alí celebran o Labor Day o primeiro luns de setembro desde 1882, nunha parada realizada en Nova York e organizada pola Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo (Knights of Labor, en inglés). O presidente Grover Cleveland, propiciou a celebración en setembro por temor a que a data de maio reforzase o movemento socialista nos Estados Unidos.
Ó longo do século XX, os progresos laborais fóronse acrecentando con leis para os traballadores, para outorgarlles dereitos de respecto, retribución e amparo social, a excepción da última década do século, na que eses progresos retrocederon baixo a influencia do neoliberalismo.

Na actualidade, case todos os países democráticos rememoran o 1º de maio como a orixe do movemento obreiro moderno. Estados Unidos, Reino Unido e o Principado de Andorra son os únicos países (do mundo occidental), que non o lembran de xeito activo.

como curiosidade cabe resaltar que en 1954, o papa católico Pío XII apoiou tacitamente esta xornada de memoria colectiva ó declarala como festividade de San Xosé Obreiro. Últimamente vénse denominando a esta día como Día Internacional do Traballo.

Breve artigo do que significa este 1º de maio. Para maior información, consultar libros ou internet.

O Senhor da Z co mundo obreiro. Ainda queda moito por mellorar e facer. Este sistema capitalista actual está demostrado que non funciona. A ver se algunha eminencia se lle ocorre un sitema que funcione. Sei que é complicado pero algún a de haber.

Espero que vos guste. Ata a proxima. Saúde e Sorte.