BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

sábado, 9 de abril de 2011

Ponte eufórico ZMix

Ola a todos de novo, canto tempo. Despois dunha gran ausencia voltamos para seguir dicindo tonterías e tolemias.

Este artigo vai consistir en que me digades, nunha escala do 1 o 5, que nivel de euforia vos produce cada canción. Pode ser ningún ou pode ser o máximo. A vosa elección queda:

-- Trivium - Anthem (We Are The Fire)


-- Audioslave - Show Me How To Live


-- Hamlet - Limitate


-- Muse - Stockholme Syndrome


-- Koma - Sakeo



Isto é todo por hoxe. comezamos pouco a pouco e xa se intentará seguir cun ritmo algo maior e con mellores artigos.
Ata a próxima. Saúde e Sorte

viernes, 11 de febrero de 2011

Pesimismo con humor

Fai algun tempo vin unha parodia do anuncio de coca-cola 2011 feita no programa de Buenafuente que me gustou moito sobre todo polo crítico humor co que está expresado:
Vos deixo a continuación os dous videos por se non os vistes:






Visto isto, agora farei a miña aportación personal, unha breve e humorística observación sobre as cousas positivas resaltadas no video de Coca-cola: Queren facer algo optimista, pero iso tamen se pode convertir en pesimista (ainda que se podería facer con todo o spot, ponherei so uns cantos exemplos, para non alargar en exceso un artigo que pretendo entretido):

- comeza o anuncio dicindo que por cada tanque que se fabrica no mundo... se fabrican 131 mil peluches: o que non din e que estes peluches se fabrican explotando miles de persoas (nenos e adultos)

- por cada muro que existe... ponhense 200 mil tapetes de "Benvido": O que non din é que 150 mil destes tapetes serán roubados e a totalidade manchados ata non distinguir a palabra benvido.

- Mentres un científico disenha unha nova arma.... Hai un millón de nais facendo un pastel de chocolate: o que non din é que se producirá a tristeza en moitos nenos celíacos que non poderán probar esas tartas de chocolate.

- Por cada persoa que di que todo vai estar peor.... hai 100 mil parellas buscando un fillo: Non din que desas 100 mil, non todas van conseguir ter un fillo provocando unha gran tristeza. Tampouco advirten que moitos deses nenos que han nacer verán dicir que todo vai estar moi mal.

- Para non facelo máis extenso remataremos ca última frase: Por cada arma que se vende no mundo... 20 mil persoas comparten unha coca-cola: Iso non o cren nin eles.........

PD: Unha última aportación que se debería incluir no video: Cada vez que se escoita este anuncio de coca-cola, os de oasis coa súa canción whatever se forran un pouquinho máis. XD

Dito o dito, sede felices e ledos.
Nos vemos, ata a próxima.
Saúde e Sorte

sábado, 8 de enero de 2011

Breve comentario a cousas que pasan

Empezamos o ano no mundo do blog cunha nova serie de artigos (en principio) que consiten en breves comentarios a determinadas situacións que observo se producen no mundo dos torpes humanos.

Pois o primeiro destes temas a tratar, o cal se me ocorreu vendo a sitcom "How i met your mother", versa sobre a situación social que se produce en determinadas ocasións cando un dos integrantes dun determinado grupo de amigos por calquera razón, voluntaria ou involuntaria (como por exempo: estudios, resfriados, gripes, nugalla, torpezas varias, etc.), non pode asistir a un concreto plan o que acuden todos os seus amigos. É dicir, non pode sair, ir tomar algo con eles, ou incluso unha mera reunión, etc (calquera plan o que vaian todos ou case todos menos un mesmo).

(*O exposto non xurde en todos os casos, pero si con certa frecuencia)
Sucedido o expresado anteriormente, esta persoa (chamada o blitz na serie mencionada e a el nos referiremos con ese nome a partir de aqui) que non puido ou quixo asistir se atopará cunha serie de curiosas circunstancias que lle levarán a sentirse marxinado:

- 1º: A primeira mítica frase que vai escoitar será: O que te perdiches!!!!! bufff!!: Isto xa che produce un certo sentimento de marxinalidade. (Tamén é verdade que en outras moitas ocasións escoitarás: non te perdiches nada!!!. Sen embargo non soe ser veradade porque algún curioso detalle sempre te perdes, pero nada importante)

- 2º: Posteriormente, o blitz empezará a escoitar gracietas e frases que non entende, pero que a todos os seus amigos lles fai moita gracia e non paran de repetir. (nunca as chegarás a entender de verdade, posto que non fuches participe da mesma).

- 3º: Os teus amigos fianalmente contanche con todo luxo de detalles o acontecido ese día, ensalzando tan extraordinaria vivenza. (Fastidio total no blitz)

Chegados a este último punto, o blitz non lle queda outra que resignarse e tentar non perderse moitas máis detas situacións. Sen embargo, o Blitz sabe que o seu é contaxioso, e que a próxima vez sucederá algo grandioso estando él e faltando outra persoa, a cal pasará a ser o novo Blitz

Como isto se está facendo moi longo, unha última cousa:
** A continuación un video que resume isto mesmo (está en inglés, pero non dubido do voso inxenio: sei que o entenderedes. XD)



Isto é todo. Me quedou o final unha versión medio monologuística que nin de broma pretendía. jeje. Que vos parece o tema?? algunha vez fostes Blitz?? Vos sentides identificados??

Ata a próxima. Saúde e sorte.

martes, 21 de diciembre de 2010

Totalmente en contra da "Lei Sinde" (Ley de Economía Sostenible)

Quero mostrar nun artigo o meu total rexeite a unha Lei que ten o propósito de censurar (Concretamente me estou a referir a disposición final segunda que se inclúe nesta ley de economía sostenible) .
Espero que finalmente o goberno, asi como todo o parlamento, tenha a decencia de rectificar a lei que pretender aprobar, obra dunha ministra, a cal é guionista do filme: "Mentiras y Gordas." (Pouco máis habería que dicir só con dar este dato). Todo isto, o parecer, baixo a presión Estadounidense (Noticia: El País: EE UU ejecutó un plan para conseguir una ley antidescargas)

Se se aproba esta lei, o goberno poderá pechar páxinas web según o seu propio criterio: Non se trata só de descargas ilegais, en teoría, podería ata pedir o peche de páxinas que tenhan unha cita que estrictamente non está dentro do dereito de citas, ou unha fotografía sobre a que non ten dereito ou incluso un enlace de Youtube dun video que se difunde sen autorización. Moitas páxinas poderán ser obxeto de censura, unha gran ofensa a liberdades tan fundamentias como a de expresión.
Os autores tenhen o dereito de crear as súas obras e vivir delas, ao que non hai dereito é a preservar unha industria e un modelo de negocio obsoleto que se leva lucrando dunha maneira brutal moitos anos. Hai que buscar unha alternativa, pero atentar contra dereitos fundamentais non me parece a maneira máis adecuada de preservar un modelo de negocio caduco e , supostamente, defender os dereitos de autor.

- Vos deixo un video dun avogado, David Bravo, experto no tema que resulta moi aclarador:



Non ao Peche de Webs, Non á Censura.

Para máis información: red-sostenible.net




ACTUALIZACIÓN: Fracaso da "Lei Sinde" no Congreso: No obstante O goberno e EE.UU o seguiran intentando ata conseguir o seu fin (censurar).
--Noticias:
El País: Fracasa la 'ley Sinde' en el Congreso
La Voz de Galicia: La polémica ley Sinde fracasa en el Congreso

-- Novas noticias: O goberno voltará tentar a aprobación da "Lei Sinde"
La Voz de Galicia: Rubalcaba anuncia que el Gobierno volverá a intentar aprobar la ley Sinde

NON AO PECHE DE WEBS. NON Á CENSURA


Artigo Relacionado neste blog: Un novo "monstro" que non para de medrar

sábado, 18 de diciembre de 2010

Sesión de Risoterapia en clave musical (5)

Recuperamos para o caso unha nova sección que se topaba bastante no olvido. Fai falla bo ambiente e espero que se consiga cos videos que se van mostrar a continuación: Trátase, nesta ocasión, de videos ou cancións de rock ou metal escritas e interpretadas en clave de humor:

- Muchachada Nui: Soy Heavy


- Tenacius D coa colaboración dun grande: DIO - Kickapoo


- El Reno Renardo - Creí en los ochenta: Humortístico recorrido polos anos 80


- A continuación venhen unha serie de versións, sempre en clave de humor, evidentemente. XD:
-- Operación mutatente - Los mutantes van al infierno (cover: Baron Rojo - Los rockeros van al infierno):


-- Heredeiros da Crus - Vaiche boa (cover: The Knack - My sharona)


-- Siniestro Total - Corta o pelo landrú (cover: Cream - Sunshine of your love)


-- Los Berzas - Yo amo el Jamón (Cover: Joan Jett & the Blackhearts - I Love Rock N Roll )


-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Isto é todo por hoxe. Espero que vos guste, ou polo menos vos chame a curiosidade.jeje

Ata a próxima. Saúde e sorte.

domingo, 5 de diciembre de 2010

Outro punto de vista

Todos conhecemos (é de suponher) a historia bíblica sobre Caín e Abel. Temos preconcebida unha idea sobre esta historia. Sen embargo, pódese observar dende outro punto de vista que pode diferir do preconcebido.

Esta idea xurdiulle os componhentes de Baron Rojo ao componher a canción "Hijos de Caín": Desta maneira, narran cómo Caín foi condenado por un deus déspota e cruel, por rebelarse contra os seus dictados inxustos, contrariamente a Abel, quen, cobarde e incapaz de contrarialo, servíao. Así, Caín rompe coa súa servidume ao rebelarse contra a ley imposta polo deus que o oprimía e fuxir lonxe dos seus dominios, pero paga con iso un precio, pois se enfrenta á persecución, a maldición eterna e o sufrimento, convertíndose así en fuxitivo proscrito. A medida que a sua estirpe, os Fillos de Caín, crece, ésta se ve obrigada a enfrentarse ao estigma, o rechazo e a enemistade por parte dos fillos de Abel, fieles defensores ou coaligados da orden e o poder establecido. Establécese así, a modo de metáfora, unha dualidade entre os que se rebelan e loitan contra as inxustizas e esquemas de opresión da orde establecida, chegando a considerar a súa autoridade ilexítima, e os que se mostran cómodos, ou se identifican con él, reproducindo ou defendendo os valores da ideoloxía dominante do sistema e rexeitando ou estigmatizando aos que o cuestionan abertamente ou desafían.

Canción e letra:
Barón Rojo - "Hijos de Caín"

"La biblia cuenta una historia
que un dios terrible dictó
el drama de dos hermanos
el justo y el traidor.
Abel, mezquino y cobarde
el siervo de su señor
Caín que no entró en el juego
y que se rebeló
Te maldigo
truena la voz de su juez
Padre nuestro
que nos privó del Edén.

Caín rompió con un gesto
su yugo de esclavitud
huyó del ojo implacable
llevó su propia cruz
Perseguido
por quebrantar una ley
que no entiende
y que no cuenta con él

CORO:
Sufrirás, morirás
esta es su voluntad
pero aún hay aquí
hijos de Caín...oh

La estirpe del fugitivo
creció y se multiplicó
el signo que los margina
ya nunca se borró
Te maldigo
claman los hijos de Abel
a la diestra
de su señor el poder.

CORO...

Quizás los hombres seamos
a un tiempo Abel y Caín
Quizás algún día destruya
lo oscuro que hay en mí
El destino
no está marcado al nacer
Yo he elegido
ser lo que siempre seré...
Hijo de Caín
Hijos de Caín"



Pois iso: Toca pensar por un mesmo, sacar propias conclusión e non guiarse polo dito. A Pensar. As cousas non sempre son brancas ou negras.

Un artigo cutre máis dun blog cutre máis. XD. Sei que o tema non da para opinar, polo que non tedes porqué comentar se non vos apetece, nin ponher se está ben ou mal. É simplemente un artigo do blog desmusado.

Ata a próxima.
Saúde e Sorte

viernes, 12 de noviembre de 2010

Tremenda Baixa actividade


Este Blog se atopa enfermo: O seu creador é un lacazán e se topa desmusado nestes intres, ademáis de estar ocupado en asuntos varios que non lle deixan pensar.

Sen embargo, xa sabedes que non é máis sabio aquel que sabe moitas cousas, senon aquel que fai moitas cousas co pouco que sabe. Xa se levan uns cantos artigos co moi pouco que sei. (Un gran mérito.XD)
Tamén é ben certo que o talento é algo bastante corriente. Non escasea a intelixencia, senon a constancia, que é o que lle esta a pasar a este blog.



Polo menos este espazo acometeu un gran fin: A creación de outros blogs máis exitosos e mellores. Noraboa blogueiros: Vos si que sabedes pensar e escribir. Seguide asi!!!
Xa sabedes o que se di, que o tren do éxito pasa todolos días, pero se non te subes ti o fará outro. Asi que vos animo a que sigades coa mesma constancia coa que estades a redactar.

Ahí queda iso. Para non despraveitar este tonto artigo vos ponherei un clásico do blog en versión reducida: Un mini versus. XD:

Mini Vs: Disserta Vs Estirpe



Vs




Aqui remata esta tolemia ilustrada que configura este artigo.
Nos vemos. Ata a próxima ocasión.
Saúde e Sorte.