BENVIDOS

Este Blog.... cae coma un charco.... Benvidos e sorte
-- Grazas pola Visita --

ARTIGOS, MÚSICA E MOITO MÁIS

NO ESPAZO DO SENHOR DA Z

sábado, 1 de mayo de 2010

1º de Maio. Día internacional dos Traballadores

Nestes tempos malos para os traballadores que corren, días como estes se fan máis necesarios para manter viva esa loita obreira que acadou importantes logros para os traballadores.

O Día Internacional dos Traballadores ou Día Internacional do Traballo ou Primeiro de Maio, é a festa por antonomasia do movemento obreiro mundial.

Desde o seu establecemento na maioría de países (aínda que a consideración de día festivo foi en moitos casos tardía) por acordo do Congreso Obreiro Socialista da Segunda Internacional, celebrado en París en 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago, sindicalistas anarquistas, que foron axusticiados nos Estados Unidos pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas que tiveron a súa orixe na folga iniciada o 1 de maio de 1886 e o seu punto álgido tres días máis tarde, o 4 de maio, na Revolta de Haymarket en Chicago. As xornadas foron realizadas seguindo o éxito que tivera o movemento sindical no Canadá, cunha campaña semellante a partir do 1872 a favor do día laboral limitado e dos dereitos sindicais.

É curioso que nos Estados Unidos non se celebra esta conmemoración. Alí celebran o Labor Day o primeiro luns de setembro desde 1882, nunha parada realizada en Nova York e organizada pola Nobre Orde dos Cabaleiros do Traballo (Knights of Labor, en inglés). O presidente Grover Cleveland, propiciou a celebración en setembro por temor a que a data de maio reforzase o movemento socialista nos Estados Unidos.
Ó longo do século XX, os progresos laborais fóronse acrecentando con leis para os traballadores, para outorgarlles dereitos de respecto, retribución e amparo social, a excepción da última década do século, na que eses progresos retrocederon baixo a influencia do neoliberalismo.

Na actualidade, case todos os países democráticos rememoran o 1º de maio como a orixe do movemento obreiro moderno. Estados Unidos, Reino Unido e o Principado de Andorra son os únicos países (do mundo occidental), que non o lembran de xeito activo.

como curiosidade cabe resaltar que en 1954, o papa católico Pío XII apoiou tacitamente esta xornada de memoria colectiva ó declarala como festividade de San Xosé Obreiro. Últimamente vénse denominando a esta día como Día Internacional do Traballo.

Breve artigo do que significa este 1º de maio. Para maior información, consultar libros ou internet.

O Senhor da Z co mundo obreiro. Ainda queda moito por mellorar e facer. Este sistema capitalista actual está demostrado que non funciona. A ver se algunha eminencia se lle ocorre un sitema que funcione. Sei que é complicado pero algún a de haber.

Espero que vos guste. Ata a proxima. Saúde e Sorte.

viernes, 16 de abril de 2010

Galería particular

Exposición multimillonaria de algunhas imaxes da colección. De gratis e aberto para todo o público.
Gran colección, merece a pena velas, pois son moi bos e reflexan a sociedade da época.

Obra social O Senhor da Z.

Castelao: Cousas da Vida






-¿Que me das e son teu mozo?

-¿Eu?, Eu douche unha labazada.













-Dame unha chupada, anda.

-É de chocolate.

-Anque sexa.













ORADOR POLÍTICO: Yo os juro bajo mi palabra de honor.... (risas).














O SAPO 1º: O home manda en todo.

O SAPO 2º: Pero o home é escravo do home.
















-¿E a consulta que ides tomar é de médico ou é de avogado?.

-Gracias a deus polo de agora é de médico señor.













-Ese muchacho dicen que sabe muchísimo.

-Si; pero tiene un acento tan gallego...




















-Hai que defender España

-Mellor sería que España nos defendese a nos













-Eu pensei que ían repartir as riquezas.

-Pois eu xa me daba por satisfeito se repartisen a fame.












-O caciquismo nácelle aos povos como che nace a barba. ¡Aféitate, home, aféitate!.


Artigo Relacionado: Galería particular (II)


Espero que vos guste.

Ata a próxima. Saúde e Sorte

viernes, 9 de abril de 2010

Versus 7

Xa sabedes de que vai: A ver se vos gusta algunha destas cancións.

1ºRound: Tributo a Big Simon Vs Skizoo (Ambos son tributos a Big Simon)


Vs


2ºRound: The Killers Vs Red Hot Chili Peppers


Vs


3ºRound: Placebo Vs The Mars Volta


Vs


4ºRound: Muse Vs Thom Yorke


Vs



Iso é todo. Ata a próxima. Saúde e Sorte

viernes, 2 de abril de 2010

Contido Orixinal

Aqui vos deixo a última gran superproducción, feita coa colaboración dos distintos Senhores. jajajaja.

Son videos que serven, básicamente, para rirnos de nos mesmos, pois son unha tontería froito dunha tolemia ilustrada. jeje.

-Presentase: Districto Silled 9


Tamen existen Outras Grandes superproduccións da mesma compañía:

-Mafiados


-Alguien voló sobre silled Island



Ata aqui o contido orixinal da semana. Espero que vos guste e vos faga rir. jajajaja.

Ata a próxima. Saúde e Sorte.

jueves, 25 de marzo de 2010

Sesión de risoterapia 3

Esta vez trátase dos consellos e análises que nos traen o programa Se lo que hicisteis en forma de Sketch. Me Parecen uns grandes cómicos e creo que cada vez deberían prescindir máis da prensa do corazón cambiandoo por Sketches.

A ver que vos parecen. Escollin alguns que son curtos e que me pareceron moi cómicos e barrenados. je. Espero que vos guste:

- "Pequeñas Cosas que no molan"





- "Terapia de Parejas"



- "Curso para reporteros"





Isto é todo. Para máis información e videos ver o programa ou mirar en internete.

Espero que vos gustara e vos sacara unhas risadas, que son boas para a saúde. Hai que rir máis para vivir mellor.

Ata a Próxima ocasión. Saúde e Sorte.

viernes, 19 de marzo de 2010

Versus 6

Hoxe apetecíame facer un artigo de música destes que me gustan a min: un versus. Por variar. jeje.
Espero que escoitedes e vos guste algunha canción das que me disponho a colocar a continuación:

1ºRound: The White Stripes Vs The Mars Volta:


Vs


2º Round: Hamlet Vs Skizoo:


Vs


3º Round: Helloween Vs Hammerfall (Maestro Vs Alumno):


Vs


4º Round: The Answer Vs Airbourne (Duelo de imitadores de clásicos. je)


Vs


Creo que son un pouco repetitivo, pero apetecíame ponher algo de música. Espero que vos guste e perdon pola repetitividade. jajajaja

Ata a Próxima. Saúde e Sorte

sábado, 13 de marzo de 2010

Outra sesión de risoterapia

Esta vez trátase de monólogos que me resultaron simpáticos, ainda que hai moitísimos máis. Posto que hai moitos vou ponher só algúns, máis que nada ca finalidade de non cansar, xa que son un pouco longos. Os hai mellores e vou prescindir de moitos famosos que xa conhecedes (buenafuente, berto, agustin jimenez, Florentino Fernandez, etc).

A ver que vos parecen, excuse moi polos videos longos e se a alguén lle aburren ou non lles gustan, pero creo que están moi ben:

- Luis Piedrahita nos fala de algo co que nos podemos sentir identificados: Os Pixames


- Ricardo Castella nos introduce no mundo dos preservativos:


- Angel Martín reflexiona sobre o exército.

(video da 1º parte, se interesa podedes darlle a 2º)

- Dani Mateo busca un sentido para as ceas de ex-alumnos


- Ernesto Sevilla define a amizade

(video da 1º parte)

Isto e todo por hoxe. A ver se vos fai rir como me fixeron rir a min. Son un pouco longos.... pero estan moi ben.

Ata a Próxima. Saúde e Sorte